ALTA COMEDIA
Francisco Castro - 21-11-2006 14:11:04 | Categoria: Todos os meus artigos
Xabier López López finalista do Torrente Ballester
Onte fallouse o Premio de Narrativa Torrente Ballester. Como sabedes, gañou José María Merino.
E como tamén sabedes, hai unha boa nova. O betanceiro Xabier López López resultou finalista cunha obra titulada Alta Comedia.
Aledeime moito ao escoitar o seu nome pois Xabier é un dos mellores narradores, para min, da nosa literatura. Polo de hoxe, lin toda a súa producción e, como a el mesmo lle confesei, e agora repito aquí publicamente, a súa novela Doutor Deus, paréceme do mellor da nosa narrativa contemporánea.
Unha novela insuperable.
Estou certo de que esta outra, estará á altura.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Eu, perdoe a ignorancia, non lle lin nada. Se vostede o recomenda solucionarei este erro... ainda que collerá turno como as outras.
Comentario de bouzafria hace 3 años y 36 meses
-
Non se arrepentirá.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Oido cociña....
Comentario de xancin hace 3 años y 36 meses
-
A ver se che gusta o libro
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Algo xeneracional se está cocendo, dixo Manuel R. Alonso en Vieiros. Mirade, se non, "Tres segundos de memoria", o último Xerais..., tan lonxe de Darío Xohán Cabana, Caneiro... Menos mal que empezamos a respirar aire fresco.
Comentario de Laura hace 3 años y 36 meses
-
En fin, é un fenómeno lóxico que haxa relevos xeracionais. Sería malísimo que non se dera.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
A min tamén me gustou moito “tres segundos de memoria”. So pola anécdota dos pantalóns de pitillo e os espermatozoides Omega 3 (aínda me escangallo de risa ao lembrala) xa se mereceu, na miña opinión, o premio xerais.
Tomo nota sobre “Doctor Deus” e, como estudio sociolóxico, propóñoche un post (se che presta, claro) para saber das opinóns dos lectores deste feudo, que se nota que son asiduos das librarias: cal é a mellor novela de humor (ou con grande presenza do humor) da literatura galega?
PD: a ver se así seguimos facendo medrar a quenda de espera de libros prometedores. Eu votaría por “galicia, galicia” de Rivas.
Comentario de Larvós hace 3 años y 36 meses
-
Gardo a idea. Podía ser moi interesante.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Tentarei de leer Doctor Deus. Xa me contaras como non quedas sen folgo cada vez que queres entrar en Bitacoras.com. Eu xa non aguanto mais, tiven que cambiar de aires.
Comentario de pepe penas hace 3 años y 36 meses
-
Estou a piques de mandar a bitacoras a pasear.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Francisco, gustaríame poñerme en contacto con vostede, se fai o favor facilíteme algún enderezo electrónico ao que poida enviarlle un email ou envíeme directamente un email. Saúdos e grazas.
Comentario de X hace 3 años y 36 meses