Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

SEGUNDA EDICIÓN PARA UN BOSQUE CHEO DE FAIAS


Veño de recibir a nova de que o meu libro Un Bosque Cheo de Faias esgotou a primeira edición e, xa que logo, nesta semana tírase a segunda.
É a primeira vez que sucede isto cun libro meu.
Como podedes maxinar, estou moi contento.
Que teña esa aceptación e saber que chegou xa a tantísimos lectores, tanto en Galicia como na súa versión en castelán, éncheme de enerxía para seguir escribindo.
E, sobre todo, éncheme de responsabilidade.
Por desgraza, o tema do libro é tristemente actual.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Noraboa, espero axiña a terceira edición. Xa verás como vén axiña.

    Comentario de Xancin hace 3 años y 36 meses

  2. Tanto non espero. De momento, está ben. Se vén unha terceira, fantástico.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses

  3. Enhorabuena, compañero, y claro que vendrán más.

    Comentario de Marta Werner hace 3 años y 36 meses

  4. Moi optimista vos vexo, amigos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses

  5. é loxico que sexamos optimistas vista a calidade do libro, pero ainda así, son pesimista coa súa temática, xa que cada vez as agresións e as peleas de bandas son mais comuns. ¿cal será o fin de isto?¿ata onde chegaremos?¿ou que podemos facer para rematar con isto?levo tempo pensando e...non se me ocurre nada nadiña.
    De todolos xeitos, noraboa.

    Comentario de Sir Huskie hace 3 años y 36 meses

  6. Grazas. Como mínimo ( eis un dos obxectivos do libro ) que a xente moza tome conciencia do asunto e pense un chisco na problemática.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses

  7. PARABENS!!! por esta boa nova, da gusto empezalo día con esta enerxía.

    Unha aperta grande.
    ;)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 36 meses

  8. Outra grande para ti. E a boa enerxía que non nos falte nunca.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses

  9. ¡¡Un náufrago aboyando e cantando!!
    ¡¡Parabéns, Francisco!!

    Comentario de Rafael hace 3 años y 36 meses

  10. A terceira chegará. Palabra de meiga. E outra vez parabéns, agora aquí, nesta bitacora que case considero xa a miña casa.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 36 meses

  11. Pois moitas grazas. Así dá gusto ter unha bitácora.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses

  12. Senhor mestre:
    Noraboa dende Londinium. Alegrome moito de ver pequenos feitos que fan grandes diferencias na nosa cultura.

    Un saudo morrinhento dende o pais sen enhes e sen acentos...
    :)

    Comentario de Carmen Ruibal hace 3 años y 36 meses

  13. Señora pandereiteira:
    Milleiros de bicos e a ver, escriba algo e conte da súa vida.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009