CONFERENCIA ERÓTICA
Ademais dunha conferencia, será un recital poético no que, contra o final, recitarei catro poemas eróticos dun meu libro inédito.
A miña charla terá cinco momentos ( case que escribo actos ).
En primeiro lugar explicarei que debemos entender por literatura erótica.
Despois falaremos da literatura erótica galega xa presente no mundo medieval e nos relatos de tradición oral.
En terceiro lugar, analizaremos o caso da narrativa, en especial desde os anos oitenta.
Acto seguido centrareime no caso do erotismo na poesía galega. Aquí recitarei cousas de Celso Emilio Ferreiro, Luísa Castro, Yolanda Castaño e Ramón Caride Ogando. Poderían ser outros nomes. Algúns máis. Pero recitarei a eses poetas.
Para a fin, deixo catro poemas inéditos meus, dun libro de poemas eróticos que, polo de agora, durmen nunha gaveta.
Espero vervos e que sexa un pracer.
Referencias
Comentarios
-
A verdade que sería un verdadeiro pracer poder asistir, máis non vai poder ser no meu caso. Agardo novas do evento e espero que sexa pracenteiro para tod@s.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 37 meses
-
Pois iso, gozade todos co evento. Eu tampouco irei. Sen embargo eu tiña a sensación de que unha charla sobre literatura erótica galega duraría uns cinco minutos con preguntas...
É difícil saber e definir o que entendemos por erotismo. O que resulta erótico para min non o é para outra xente. Por moito que me tentaron explicar que os cervos na literatura galego-portuguesa eran símbolos do desexo non o logrei comprender. En fin, moita sorte nesa conferencia.Comentario de Xancín hace 3 años y 37 meses
-
Mágoa Marinha, non terte álí. Xancín: quizais para os medievais iso era moi erótico. Hoxe, sen dúbidas, o erotismo vai por outras partes.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Que programación máis excitante, falando literariamente.
Comentario de Máis Alá hace 3 años y 37 meses
-
Moi agudo, Máis Alá.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Confrencia erótica, ou conferencia sobre a erótica, ou o erotismo.
Se se trata dunha conferencia erótica, supño que haberá un steep tease, se é hetero igual me apunto.
Se se trata dunha conferencia sobre erotísmo, pois un chisco mais aburrido, podería introducir vostede a Sade, porqué non, ou estima que censurarían.
Se podo acercareime.Comentario de marcialg hace 3 años y 36 meses

O do strep tease non ten moito sentido. É como se nunha charla sobre o masoquismo se puxese alguén e darlle de labazadas aos asistentes. Por outra banda, Sade. Non sei, coido que non é un dos máis sobranceiros representantes da Literatura Galega. Espero velo ou vela por alí. Non é necesario que veña en roupa interior. No básico, recitarei poemas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Pero sería charla sobre masoquismo, non charla masoquista, de ahí o comentario.
Unha charla sobre erotismo pode non ser erótica, non ter por que o ser, en cambio se vostede di conferencia erótica, e que a posta en escena vai ser erotica, porque a conferencia, afirmase erotica, o titulo seria pois, sonferencia sobre erotismo. Non me din conta que se restrinxia a litaratura galega, ehí é certo que somos mais modosiños. E o Strep Tease, pode entenderse como proceso de desvelamento dunha personalidade.
O peor sadismo nunha conferencia é o aburrimento, sexa vostede divertido.
Procurarei estar, ainda que non o teño facil.Comentario de marcialg hace 3 años y 36 meses

Por fin estamos de acordo: o peor que pode facer un conferenciante é ser aburrido. Tentaremos non selo. Tentarei.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Pois aproveitando que ten un blog, creo que non sería disparatado que colgase nel a súa conferencia e nos dese a opción de coñecer as súas opinións aos que non podemos asistir. Saúdos.
Comentario de X hace 3 años y 36 meses
-
Gran idea. O que pasa é que hai moito tempo que descubrín que non hai nada máis soporífero que ler unha conferencia. Levarei as miñas notas, pero gústame improvisar o que digo ( sabendo o que digo ). Independentemente disto, é a miña intención, xa que teño o asunto tan traballado, no futuro, verter todo iso en forma de texto. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Ola.
Que se me ocurriu ver o teu blog e me fixei nesta entrada que fala da conferencia, e teño que ir a una conferencia para un traballo de clase, pero aínda non me decidira por cal, e creo que ire a tua. Pero como non me quedou moi claro se é este xoves deixo o comentario para preguntarte, por que sería moi gracioso que aparecése eu e as miñas compañeiras por alí e non houbese nada.
saúdos.Comentario de Andrea hace 3 años y 36 meses
-
Si, é mañá.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Mágoa que dende hai uns días, imposible entrar no teu blog.
Lástima non poder asistir a tan suxestiva conferencia. Seguro que estiveches xenial. Gustaríame ler algún dos teus poemas.Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 36 meses

Este blog está máis que imposible. Calquera día destes péchoo e abro noutro sitio. Os poemas son dun libro inédito. Quizais algún día sexan libro.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
Unha conferencia de poesía erótica con Yolanda Castaño non pode ser nunca aburrida. Eu ate descarreguei da Biblioteca Virtual Galega poemas seus recitados por ela en mp3 para por no traballo.
Comentario de mendinho hace 3 años y 36 meses
-
A ver: so recitei a Yolanda. Ela non estaba.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses
-
A ver: Unha conferencia de poesía erótica con [ ...poemas de... ] Yolanda Castaño non pode ser nunca aburrida.
Comentario de mendinho hace 3 años y 36 meses
-
Aclaradísimo. Igual che entendín mal.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses