Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

HOMENAXE A LORCA


Convidado polo Pen Clube de Galicia e o Foro Pola Memoria Repulicana de Galicia, 65 escritores enviamos poemas para o libro Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, xa nas librerías.
O libro, como o seu nome indica, é unha homenaxe a Lorca co gallo dos 70 anos da súa visita a Galicia. Case que todos gravitan arredor do seu asasinato.
Eu, pola miña banda, escribín a letra dun vals.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Supoño que nese vals haberá ecos do pequeno vals vienés de Cohen ou do Omega de Morente e Lagartija Nick.

    Comentario de folerpa hace 3 años y 37 meses

  2. Si, sobre todo do de Cohen. De feito, para facelo, inspireime nos Pequeños Vals de Poeta en Nueva York.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  3. En Viena hay diez muchachas,
    un hombro donde solloza la muerte
    y un bosque de palomas disecadas.
    Hay un fragmento de la manana
    en el mueso de la escarcha
    Hay un salon con mil ventanas

    é facil recoñecer este fragmento, non? unha fermosa homenaxe, sen dubida, a de enviar un vals. estou deseando lelo.
    un saudo :)

    Comentario de Sir Huskie hace 3 años y 37 meses

  4. Pois xa está nas librerías. Unha cousiña moi humilde.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  5. Merecida homenaxe sen dúbida para Federico García Lorca. Xa me tarda coñecer ese vals...

    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 37 meses

  6. Grazas Marinha. As túas verbas, moitas veces, si que soan a vals.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  7. Feliz idea a de facerlle unha homenaxe a García Lorca. Tárdame comprar o libro. Ler a letra do teu vals. Xa sinto o que me vai gustar... Ás veces soño co poeta. Se cando escribíu poeta en Nueva York quedara alí, axustado á norma, ao paraíso dos negros, a barbarie obtusa non o houbese asasinado. Viviría feliz entre negros, chorar, rir coma eles, confundido entre paraugas e soloes de ouro. Lorca, poeta en Nueva York, sempre, sempre os seus versos.
    Para ver que todo se ha ido.
    Para ver los huecos de las nubes y ríos
    Dame tus manos de laure, amor.
    ¡Para ver que todo se ha ido!

    Xamáis sentin a un poeta tanto coma él.
    Por iso.

    Quero ofrecerlle o silencio de esta hora lunar
    profunda e plena.
    Na que sinto o seu pulso latir acompasado
    no oco axilar da miña tristeza.
    De onde ven esa aura
    dende que estrela
    enchendo o gran espazo del.
    Caladamente.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 37 meses

  8. Me pasa sempre. Mirando esa fotografía, sinto a súa vitalidade,naturaleza inmorrente, e o desexo de bicalo nos ollos, nos beizos. Asasináronno sen saber que ese crime execrable, ao igual que a súa voz, xamáis silenciada, faríao inmortal.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 37 meses

  9. Me pasa sempre. Mirando esa fotografía, sinto a súa vitalidade,naturaleza inmorrente, e o desexo de bicalo nos ollos, nos beizos. Asasináronno sen saber que ese crime execrable, ao igual que a súa voz, xamáis silenciada, faríao inmortal.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 37 meses

  10. Fermosas palabras, Amara Orzania. Mais non te trabuques: matárano sabendo o que facían. Iso é o peor.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  11. "Cayó una hoja
    y dos
    y res.
    Por la luna nadaba un pez"

    Hoxe é bo día para un vals. Leva o vento. E... undoustres...undoustres...undoustres...

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 37 meses

  12. Daquela, bailemos

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  13. Si, Fran, sei que sabían o que facían máis ¿pode a brutalidade da besta controlar ou medir os seus actos? Penso que á maldade dequeles asasinos uníase unha bárbara ignorancia. Unha solemne estupidez.
    Hoxe, chove por min luz e melancolía. Os pasos cadenciosos da choiva, pasiños de vidro, invítanme a bailar un vals, un vals, un vals. Acéndense ao meu redor candeas de tristeza e soan en todos os xardíns aprausos de dalias negras. Un vals, un vals, un vals.
    A tarde-noite está a susurrar en min unha extraña música de violins cegos.
    Un vals,un vals, un vals...

    t

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 37 meses

  14. Claro que o sabían. E, por certo, estou seguro de que non sabían bailar.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  15. Boas.
    Unha idea interesante.
    Por curiosidade... ¿Escrebe Luisa Castro algún poema nese libro? ¿Poderíasme nomear algún poeta que colabore?
    Bicos.

    Comentario de Línea 12 hace 3 años y 37 meses

  16. Non, Luísa Castro non participa, pero si outra moita xente. Ata 65. Marilar Aleixandre, Gómez Alfaro, María do Cebreiro... non sei, son moitos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  17. Enhorabuena ante todo. Crees que es posible ya adquirirlo mediante alguna librería gallega"virtual"? Saludo, desde la Granada de Lorca.

    Comentario de Ra hace 3 años y 37 meses

  18. Pois a verdade, prezado Ra, é que buscando en varias librerías virtuais, non o atopo. O libro é aínda moi recente e, xa que logo, igual hai que esperar. Outra cousa: estarei en Granada este verán. Xa me tarda.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  19. Gracias, eso me temía. Esperaré, lo que haga falta, y con suerte podré encontrarlo en Santiago...que debe ser cita obligada, al menos, una vez al año...como Granada. Si doy con la suerte de coincidir, espero que guste usted de firmarme "Spam" ;)

    Comentario de Ra hace 3 años y 37 meses

  20. Será un pracer, Ra. Vémonos en Granada ou en Santiago. Mentres,no ciberespazo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009