UN RELATO DE FÚTBOL ( OUTRA IDEA PARA OS EDITORES GALEGOS )

Onte, na revista do Celta, fun o escritor invitado.
De seguido, reproduzo o contiño que botei alí.
E aproveito, de paso, para convidar aos editores galegos a que se animen, como xa hai noutros idiomas, a publicar un libro de contos sobre fútbol. Eu téñoos lido marabillosos. En castelán. E, que eu saiba, na nosa lingua aínda non hai.
Velaquí a historia ( rigurosamente certa )
Cando era neno militei no Bache, un equipo que xogaba contra nenos doutros barrios, en Teis. Na memoria gardo algúns goles. Un remate de cabeza á saída dun córner. Outro desde case que o medio do campo. O noso terreo de xogo tiña buracos por todas partes. De aí o seu nome. Os domingos, meus pais levábanme á grada de Río (falo da vella grada de Río, a do antes do Mundial ), e ao ver aquel céspede tan verde e tan como de alfombra e tan como de verdade, sentía vergonza do meu campo do Bache e pensaba: que se sentirá pisando esa herba. Tiven que esperar a ser pai, e a ter un fillo futboleiro, para volver a Balaídos. Foi ao inicio da presente temporada, contra o Barça. Din que temos unha memoria sentimental. Debe de ser certo porque nada máis subir as escaleiras da nova grada de Río e meus ollos descubrir o céspede, tan verde e tan como de alfombra e tan como de verdade, dúas bagullas gordas coma aqueles balóns de coiro cos que eu xogaba no Bache, nacéronme nos ollos. Esa noite soñei que era neno outra vez e que tiñamos un partido os do Bache. Pero era en Balaídos. E marquei un gol de cabeza á saída dun córner e outro desde o medio do campo. Despois, emocionado, tireime a celebralo pola herba para adiante. No instante preciso no que caín nun bache, espertei.
Referencias
Comentarios
-
Puedo decir y digo que el Bache existió y existe. Tristemente ya no como soporte de vida e ilusiones del más particular equipo de fútbol que se puede uno imaginar, pero si en la mente y en el recuerdo de algunos afortunados. Su recuerdo y el de las inolvidables aventuras que allí y en sus entornos vivimos permanecerá siempre como un sueño del que espero nunca despertar. No es que fuera de desear su ondulada forma en estado peremne, pero sus baches y demás accidentes orográficos que podais imaginar estaban compensados por juegos, ideas, ilusiones y, sobre todo... sueños. Ojalá mis hijas estén teniendo en su infancia vivencias tan intensas y especiales como las que que yo tuve en aquel lejano pero siempre presente barrio de Teis. Un gran abrazo.
Comentario de Nes hace 1 año y 18 meses
-
Moitas grazas, Nes. Polo menos, coa túa testemuña, xa fica claro que non é pura imaxinación do autor.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses
-
Bonita historia. Por certo, a min levábame meu pai a Marcador. Do libro sobre contos de fútbol prologado por Valdano e editado, creo, por Aguilar, a min góstanme especialmente o de Javier Marías e o de José Luis Sampedro. Mais os mellores contos futbolísticos son os reais: Diamantino con Zeca Afonso ( contada por Carlos Blanco), o ascenso e caída de Garrincha, as lembranzas sobre o Maracanazo e o capitán de Urugüay Obdulio Varela. Hoxendía no xornal El País Enric González conta lindas historias sobre o fútbol en Italia.
Comentario de bouzafria hace 1 año y 18 meses
-
É que os goles que se meten de pequeno marcan moito, son unha reserva maravillosa de ledicia que queda aí para toda a vida. Eu nunca fun moi de futbol, aínda que nos meus tempos teño xogado algún partido e disparado algún fogonazo (os porteiros sempre foron unha debilidade para min). Máis os meus momentos historicos( asombrate) foron na pista central do Pavillón das Travesas, uuaaa!, alí xoguei a final de baloncesto escolar do ano..., en fin, que eu soño co renxer dos tenis no parqué e aquel par de canastas que me levaron ao ceo. Adrenalina pura...Fai dous ou tres anos o meu fillo xogou a final de futbol sala alí, e por suposto conteille a "batallita", el tamén memetu goles... e gañaron... ten ledicia para toda a eternidade, e eu tamén.
Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 18 meses
-
Fun xogador de futbol aficionado, como caseque todolos nenos.
Cheguei a xogar co Celta na época en que o entrenador era un Yugoslavo que se chamaba Pavic. Xoguei un partido en Madrid contra o Castilla Xuvenil na liga nacional e meteronnos una malleira entre Martín Vazquez, Butragueño e Michel.
Lembrome de xogar no campo de Lagares con lama por riba dos nocellos, perdendo as botas na lameira, de xogar no Molinón de Xixón, no Helmántico de Salamanca, no campo do Vista Alegre de Santiago, pero xamais xoguei en Balaídos, una magoa.
Cando saiamos a xogar fora de Galicia os xuveniles do Celta, dabannos vinte pesos de dieta, o mesmiño que a Ronaldiño.
Pero do que mais me lembro do fútbol e de como empezaba xa en aqueles tempos, e chegando a un nivel, a convertirse nun negocio no que prevalecen as cuestións económicas sobor das ilusións de rapaces (e agora rapazas temen, afortunadamente).
Un mundo no que as persoas que andan polo medio dos futbolistas e os pais (salvo honrosas excepcions) non pensan en mais baches que os económicos e tapannos coma poidan.
Fixome dano o fútbol e perdonoo, pero non o esquezo.
Perdoar e una capacidade da nosa voluntade, olvidar xa non depende de nos.Comentario de Rafael hace 1 año y 18 meses
-
A proposta e boa, pero eu a alongaría a todolos deportes en xeral. Algo así coma un libro polideportivo. Incluso pódese facer en clave de humor

Saudos.Comentario de Zebedeo hace 1 año y 18 meses
-
Grazas a todos. A verdade é que despois de ler algunhas das historias que contades aquí, a miña fazaña deportiva fica como algo ridícula... Sodes xeniais.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses
-
Eu só podería encher un libro enteiro con anécdotas futboleiras. Son auténticamente forofo do Compostela. Ese equipo que hai anos gañoulle 4-0 ao superdepor de Bebeto and compani cos saltiños de F.Vazquez celebrando a victoria. Ese equipo que fixo mundialmente famoso a Ronaldo con ese gol que vimos todos un cento de veces (eu aplaundín ese gol no estadio de San Lázaro coas orellas escondidas). Ese equipo vén de gañarlle o domingo ao Chantada 5-2 e eu seguía alí. Berrando igual que nos goles contra o Depor. Estamos na Rexional Preferente pero o fútbol ten un aquel... Tamén disfrutei algo en Balaidos, pero menos.
De literatura en galego sobre futbol coñezo a novela xuvenil Lume de Biqueira de Xosé Vázquez Pintor. É unha novela xuvenil pero ambientada no fútbol galego, concretamente no Celtiña.Comentario de Xancín hace 1 año y 18 meses
-
Iso é afición polo Compos... En efecto, a novela de Vázquez Pintor é do pouco que me vén aos miolos. Contos soltos, hai dalgún que outro escritor.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses
-
A lectura do teu relato recordoume un de Manuel Veiga "Retrato dun adolescente", non sei se o coñeces, que aparece en Biografías de malogrados. Eu non son moi futboleira no que se refire a ir ver partidos de equipos "profesionais" mais gústame ler sobre o fútbol ou calquera deporte, así que aplaudo a túa idea. E tamén che aplaudo, e moito Fran, por Spam. Disfrutei de verdade coa súa lectura esta fin de semana. Para cando a próxima?
Comentario de Chus hace 1 año y 18 meses
-
É certo: recordo ese relato de Manolo Veiga, sobre un futbolista malogrado. Alédame saber que Spam lle gustou a unha lectora das boas coma ti. ¿Para cando a próxima? O ano que vén haberá cousas...
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses
-
Proveño dunha familia nada futboleira e non teño simpatía por este deporte.
Unha aperta.
Comentario de marinha de allegue hace 1 año y 18 meses
-
De acordo, pero gustaranche as historias, ¿non é?
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses
-
Bonita historia. Emocionante, moi emocionante. Parabens
Comentario de Sir Huskie hace 1 año y 18 meses
-
Grazas
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses
-
Snif!
Para que logo digan que calquer tempo pasado non foi mellor. Ese xeito que tíñamos de entender as cousas, cando un grupo de rapaces xuntabamosnos para vivir a vida a golpes de balón no barrio é algo que cada vez costa mais atopar nas nosas ultramodernas urbes do avanzadísimo século XXI.
Sempre nos quedará Paris.
Grazas por achegarnos relatos tan humanos.Comentario de Teisforever hace 1 año y 18 meses
-
Grazas a ti pola emoción. Sen dúbida, hoxe en día os rapaces perderon todo iso. En moitos casos, o seu mellor amigo é a Game Boy.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses
-
Sólo recordar que, con respecto a las ideas para editores, Xerais publicó hace años un libro, Mambrús á Guerra, con textos literarios y fotografías sobre fútbol. Creo que está descatalogado, pero sospecho que ese libro fue el primero de Galicia en abordar literariamente el mundo del fútbol. Abrazos para todos.
Comentario de Marta Werner hace 1 año y 18 meses
-
En efecto, é un magnífico libro de Alvaro Otero, de quen veño de ler recentemente "De mar y muerte", en Ellago Ediciones. Unha delicia.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses