ROBIN HOOD SEGUE CENSURADO
Francisco Castro - 10-11-2006 17:35:35 | Categoria: Todos os meus artigos
Cúmprense estes días 55 anos do inicio dun dos máis tristeiros episodios da cultura occidental. Refírome á Caza de Bruxas feita nos Estados Unidos contra, en teoría, o comunismo, na práctica, contra todo aquel que se lle dese por pensar.Interesa lembrar isto porque, a día de hoxe, hai escritores moi vetados nese país. Por exemplo Noam Chomsky, de quen é difícil atopar librerías que se atrevan a poñer un texto seu no escaparate.
Daquela, lembremos que os “patriotas” que cometeron aquela aldraxe, chegaron a censurar uns 30.000 libros. Si. Lestes ben.
Un deles, era Robin Hood. Xa sabedes: aquel que lle roubaba os ricos para darllo aos pobres.
Que estupidez.
Igual que cando nos días posteriores ao das Torres Xemelgas, as radios non emitían “Imagine”. Xa sabedes: aquela canción que falaba de non ás guerras e viva a harmonía universal.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Pois si, o malo é que o pensamento único está levando a censurar todo dun xeito máis sutil. Ante todo non ler. Ante todo programación que faga pensar. (poñamos a tele-lixo ás dúas da mañá) . Viva o botellón. O problema do botellón está en que non fagan ruido. Calquera lles di o bo que é falar, opinar, divertirse vendo cousas diferentes, viaxar... En fin, vaia chollo é educar
Comentario de Xancin hace 3 años y 37 meses
-
O máis difícil do mundo. Ben o sabemos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Estou dacordo, se isto ao que moitos chaman "liberdade" nen sequera nos deixa soñar... (e logo actuar) ¿ata onde iremos a parar...? Un saúdo moi grande.
Comentario de Inés hace 3 años y 37 meses
-
Pregunta complexa de contestar... onde iremos a parar... como non haxa reacción da sociedade civil... a ningún sitio bo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
http://www.blogoteca.com/loitavida/index.php
Comentario de cucufate hace 3 años y 37 meses
-
Pois vendo como marcha o mundo, dan ganas de encerrarse nunha burbulla con todo canto amamos. Unha burbulla xorda á prohibición dos prohibidores, cuns ollos de lanterna, por onde entre a refachos o vento das ideas avanzadas e chova por nós todos luz. Onde do silencio voluntario e meditado, agrome un mundo novo. Libre dos patriotas desnortados e da sua férrea imposición. Queremos ser, non que nos fagan.
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 37 meses
-
Concordo. Pero tamén saír da burbulla e cambialo todo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Aproveito este espazo para darvos as grazas, a ti e mais á Casa do Libro, por permitirme o venres pasar un momento tan agradable. Unha aperta.
Comentario de Veloso hace 3 años y 37 meses
-
Somos nós os que temos que dar as grazas, polo teu Fra, e polo teu inxeño.
Apertas e quedamos pendentes para un café ou o que sexa.Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Perdoade a miña ignorancia, pero...¿alguén sabe cal é a razón pola cal censuraron Robin Hood? e que eu non o vexo... a propósito, considero máis efectivo encerrar os ........ que censuran libros e que fan a programación da tele (ou tele lixo, coma sinalou Xancin) nunha burbulla, e así poder vivir """libres"""
Comentario de Sir Huskie hace 3 años y 37 meses
-
Imaxino que lles parecía perigoso iso de roubar aos ricos para darllo aos pobres.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Certamente incrible.
Comentario de Sir Huskie hace 3 años y 37 meses
-
Dende logo está visto que as ditaduras revestidas co verniz da democracia (coma o mccarthismo estadounidense) teñen efectos de máis fondo calado cás ditaduras "plenas".
Comentario de Boedense hace 2 años y 36 meses