Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

SPAM EN "LIBRO ABERTO"


Son un completo privilexiado.
Hoxe, o programa da TVG, Libro Aberto, emite unha entrevista comigo arredor da miña novela Spam, ¡ás 12.25 da noite!
Daquela, vista a hora de emisión deste programa noutras semanas (preto das dúas da madrugada ), pois iso, que son un privilexiado.
Críticas a parte, coido que vos gustará a entrevista que me fixo Manolo Romón. Falamos, por suposto, da novela. Pero tamén dos mundos que retrata o meu libro: o cada vez máis tristeiro mundo laboral, a realidade virtual, o supercontrolados que estamos... todo iso.
Polo medio, comentamos unhas frases de Eduardo Galeano.
Xa me contaredes.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Pois xa te contarei, si.
    Eso si a poñen porque son as 1:22 e ainda non saiu nada.
    Seguirei agardando.
    ¡¡Non eres tan privilexiado coma pensabas, amigo!!
    :-)

    Comentario de Rafael hace 3 años y 36 meses

  2. Desde logo, ao final foi as e media. Pero grazas por aguantar.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 36 meses

  3. Vaia, non a vin. Se a tes gravada poderíala colgar no blog (eu non sabería facelo, pero seguro que ti si). O dos horarios de "Libro aberto, ollo pechado" comeza a ser escandaloso.
    Vémonos mañá. Un saúdo.

    Comentario de Veloso hace 2 años y 36 meses

  4. Non o teño gravado. Aguantei a enésima repetición dos goles de todos os partidos da Copa do Rei, e dous ou tres capítulos de Pratos Combinados. Ao final, saiu, e saiu ben. Eu quedei contento. Vémonos mañá. Estame encantando Os Mércores de Fra.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses

  5. Pois eu aguantei, facendo zápping, e gustoume, polo que che dou os meus parabéns. Pero o horario é lamentable.

    Comentario de bouzafria hace 2 años y 36 meses

  6. Por certo, botándolle un vistazo a vellas revistas con contido xadrecístico - concretamente a unha de certo colexio dun balneario perto de Vigo - atopei un comentario sobre o ascenso no Bacharelato Internacional dun mestre que ten os seus alumnos coa nota media máis alta do mundo mundial.
    Viña con foto: o mestre tiña pelo e barba.

    Comentario de bouzafria hace 2 años y 36 meses

  7. POis si, era eu. Iso que tes é un incunable.... grazas por aguantar.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses

  8. Pois despois da espera do Mercores para ver a entrevista, e da do Xoves e do que vai de Venres para poder entrar nos comentarios, podo decir que gustoume a defensa do virtual e a do sexo que fixeste no plató dos da "G".
    Parabéns.
    O que non acabo de creer e o que dis BOUZAFRIA ¿Pelo e barba?
    ¡¡Como se escarallan os corpos!!
    ¡¡Cousas veredes, mi madriña!!
    :-)

    Comentario de Rafael hace 2 años y 36 meses

  9. Eu non a vin (levántome ás sete menos cuarto), pero no facía falla. Dabondo tiven con ler Spam. Os libros, sobre todo os bos, como neste caso, falan por sí sos. Polo demais, o asunto dos horarios dos programas culturais recórdame aquel gag de Les Luthiers: mañana, a las 2 de la madrugada, la Indomable!....si ella quiere. Noraboa por esa magnífica novela, e grazas de novo polo que ti sabes.

    Comentario de Marta Werner hace 2 años y 36 meses

  10. Min a enchenta de pratos combinados noqueoume no sofá meu benquerido sensei. Agardo que unha anima caritativa a pendure no youtube. Agardo tamén que axiña mudes de servidor por entrar aquí e deixar un comentario é unha odisea.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 36 meses

  11. A Min a enchenta de pratos combinados noqueoume no sofá meu benquerido sensei. Agardo que unha anima caritativa a pendure no youtube. Agardo tamén que axiña mudes de servidor por entrar aquí e deixar un comentario é unha odisea.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 36 meses

  12. POis moitas grazas, a folerpa por aguantar, a Rafael polo piropo ( é broma ) e a Marta Werner polas palabras sobre Spam. Dá gusto ter amigos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses

  13. Merda (con perdón). Pois perdinme a entrevista. Ando atarefado estes días de auditorias esperpénticas (a dos auditores e consultores e unha leria que daría para outro SPAM; nas empresas hai toda unha zooloxía por estudar) e non teño tempo para nada. Até o blog me está a morrer de inanición. A ver se consegues o video para metelo na blog e que o poidamos disfrutar todos.

    Con respecto a SPAM, pois que dicir? O xa dito. Pareceume un traballo dun Linneo literario, que en vez de contarlle patas aos escarabellos, analiza as teimas dos RRHH e todas esas novas especies que están a xurdir por mor das mutacións que causan as radiaccións neoliberais. Divertido, interesante, e con personaxes bastante fáciles de identificar (máis ou menos) no cotian. Para min o mellor, o que máis me gustou do libro (ademais do dito) e a voz narradora, esa sensación de ler sen sentir que lees, senón tendo a impresión que cho están contando ante unha cervexa. E por certo, dálle tamén unha aperta ao deseñador da cuberta: creo que é, senón a máis bonita, unha das máis bonitas que lle vin a Galaxia. E iso na literatura galega é moito dicir. Para non falar so de cousas chungas, hai que recoñecer que a literatura galega editase moi ben a nivel de calidade física dos libros (bos papeis, boas tipografías, bos deseños... un paraíso para os bibliófilos.

    Saúdos

    Comentario de Larvós hace 2 años y 36 meses

  14. Moitísimas grazas, Larvós. Alégrasme o día. Unha aperta enorme.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 36 meses

  15. atopei na web da tvg unha páxina de televisión á carta onde se poden ver diferentes programas, entre eles "libro aberto" e con data 8/11, a famosa entrevista co autor.

    http://www.crtvg.es/TVG/Videos.asp

    saúdos

    Comentario de cucufate hace 2 años y 35 meses

  16. ¡Moitísimas grazas! Vou correndo a velo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009