Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿PRESTIXIO OU RAREZA?

Na sección Volver Ao Rego de A Nosa Terra desta semana, dáse unha frase que, sendo certa, é ben tristeira:
Ler libros era sinónimo de prestixio, agora de rareza.
E levan razón.
Agora o raro é ese neno que prefire ler a aillarse cun MP3, que prefire ler unha boa historia de piratas que disfrutar da mesma nun video-xogo.
Antes, quen citaba a autores gañaba en prestixio diante do seu grupo de iguais. Agora, calquera rapaz que nunha conversa con outros da súa idade cite a un que non sexa, como moito, Rowling ou Pérez Reverte (ou, se me apuran, a Harry ou Alatriste ), senón a outros, será considerado, moi probablemente, un friki.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Entre o teu texto anterior e este, da para facer una reflexión.
    Se somentes o 20% saben ler (según do que decía esa enquisa) complicado que lean mais dese 20%.
    Haberá que voltar para atrás, para que aprendan e descubran nos libros o que buscan no MP3.
    Si era verdade o que decía Charles Lamb (Escritor Inglés) non será demasiado complicado, porque os rapaces adoitan ser incapaces de sentarse e pensar.
    "Me gusta extraviarme a mí mismo a través de otras mentes. Cuando no estoy pensando, estoy leyendo. Soy incapaz de sentarme y ponerme a pensar. Los libros piensan por mí."

    Comentario de Rafael hace 1 año y 18 meses

  2. Entre o teu texto anterior e este, da para facer una reflexión.
    Se somentes o 20% saben ler (según do que decía esa enquisa) complicado que lean mais dese 20%.
    Haberá que voltar para atrás, para que aprendan e descubran nos libros o que buscan no MP3.
    Si era verdade o que decía Charles Lamb (Escritor Inglés) non será demasiado complicado, porque os rapaces adoitan ser incapaces de sentarse e pensar.
    "Me gusta extraviarme a mí mismo a través de otras mentes. Cuando no estoy pensando, estoy leyendo. Soy incapaz de sentarme y ponerme a pensar. Los libros piensan por mí."
    Palabra de friki.

    Comentario de Rafael hace 1 año y 18 meses

  3. Entre o teu texto anterior e este, da para facer una reflexión.
    Se somentes o 20% saben ler (según do que decía esa enquisa) complicado que lean mais dese 20%.
    Haberá que voltar para atrás, para que aprendan e descubran nos libros o que buscan no MP3.
    Si era verdade o que decía Charles Lamb (Escritor Inglés) non será demasiado complicado, porque os rapaces adoitan ser incapaces de sentarse e pensar.
    "Me gusta extraviarme a mí mismo a través de otras mentes. Cuando no estoy pensando, estoy leyendo. Soy incapaz de sentarme y ponerme a pensar. Los libros piensan por mí."
    Palabra de friki.

    Comentario de Rafael hace 1 año y 18 meses

  4. Maxestoso final.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  5. Os que len libros son raros
    Os que son emprendedores e non queren un posto de funcionario son raros
    Os que disfrutan con Redes son raros
    Os que van aos museos e non para sacar fotos son raros...
    Os que se fixan na personalidade máis que na carrocería das persoas son raros
    etc..

    Eu persoalmente prefiro aos raros

    Comentario de mendinho hace 1 año y 18 meses

  6. Os que len libros son raros

  7. Quiero pensar que aún somos muchos raros... afortunadamente.

    Comentario de gaia56 hace 1 año y 18 meses

  8. Daquela, e explicado así, bendita rareza.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  9. E non che digo nada se aos pais de ese neno (que le!) aínda por riba non aprecian como é debido o "codigodavinchi", o último de "danielstil", "ezetera,ezetera,ezetera....", xente rara...,cousas (raras) estas que teñen gustos musicales (aínda por riba) que non se menean co "chuntachuntachun"... e que aínda por riba!!! gustan dos museos!!!, e de todas esas cousas raras que non serven para nada, nada máis que para chamar a atención. Ser raro é un xeito de vida. Dificil. Si. Pero gozoso. Digo eu... que son do máis normal...

    Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 18 meses

  10. Coma min... do máis normal. Só che faltou escribir ezetera con h.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  11. Francisco, témome que deba levarlle a contraria de novo. e iso que eu non a levo gratuitamente, ou cando menos procuro razoa-los meus argumentos.
    concordo en que os máis dos cativos hoxe non len, que non atopan mérito ningún en facelo e prefiren outras diversións.
    non concordo en que "antes" estaba ben visto saber algo de libros. entre nenos, non creo que o estivera nunca. ós maiores si penso que lles sigue parecendo un sinal de prestixio: por eso minten nas enquisas sobre hábitos de lectura. pero non practican moito máis.
    nada disto é de agora. leva décadas así. agora prefírese ver GH e a Champions e xogar ós videoxogos e etecé. pois antes preferíase ir xoga-los cartos ó casino ou unha partida de canicas.

    Comentario de brautigan hace 1 año y 18 meses

  12. Daquela, ¿non cre vostede que antes se lía máis ou doutra maneira?, ¿sabía vostede que a día de hoxe hai universitarios que se licencian sen ler nunca un libro en toda a carreira? E digo máis. O peor non é iso, senón que non lles importa.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  13. Pois eu creo que ler está moi de moda, teño amigas que presumen de "devorar" calquera libro que caia nas súas mans. Logo adoitan ler best-sellers (non todas, claro, nin só best-sellers), pero no meu entorno non percibo que a lectura estea mal vista, ao contrario, dálle un aire intelectual á persoa que di que adora ler.

    Comentario de Gemma hace 1 año y 18 meses

  14. Se cadra, as mulleres son o futuro da lectura. Preguntade en calquera librería. A meirande parte das vendas realízanas mulleres.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  15. vexo que non entrou a miña resposta de onte.
    dicía que si, pode que antes se lera máis, pero únicamente por falta doutros soportes para a información (penso, xa que se falou de nenos, en cando non había debuxos animados e se lía cómics; isto non tiña por qué significar un incremento do nivel cultural con respecto a outras prácticas "modernas" como ver televisión).
    non me gusta que á xente non lle guste ler. pero pretendía desdramatiza-la cuestión. sospeito que os libros sempre foron obxetos para un público selecto. e que hai universitarios que saen sen ter lido unha páxina? pero licenciados en dereito ou empresariais hainos xa de varias xeracións.
    penso, Francisco, poñéndome máis ou menos no seu lugar, que o seu xuicio de que as mulleres son o futuro da lectura está trabucado; pense que as máis das lectoras len o que vostede critica arreo. outra xente le o Marca e vénlle sendo a mesma cousa.

    Comentario de brautigan hace 1 año y 18 meses

  16. En calquera caso, coincidirá comigo en que algo de tráxico hai no feito de que un poida recibir un título universitario sen pasar os ollos por un libro.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  17. naturalmente. o que pasa é que xa entrariamos noutro tema, como é esa certa aura sacra que semella envolver ós libros e non sempre é beneficiosa, e sería moi longo.
    pero niso concordo con vostede, claro.

    Comentario de brautigan hace 1 año y 18 meses

  18. Alédome moito, brautigan. Sempre é un pracer debater con vostede.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  19. boas, son un neno-rapaz-adolescente (deixo á vosa escolla) de 17 anos. Son lector dende pequeniño, e sempre preferín ler un bo libro antes ca xogar coa gameboy (era o unico que habia cando era mais pequeno, polo menos na miña casa). Cando recibín a playstation, alegreime. e seguin lendo libros. agora estou en 2º de bacharelato e son o UNICO do meu colexio que esta a estudar humanidades (o bacharelato de letras, con latin e grego) e moitas veces, os meus compañeiros miranme mal e tildanme de "friki" se algun profesor comenta en clase algo que puxen nalgun exame, por exemplo se fixen algunha referencia os autores clásicos, ou se intercalei no texto expresión coma "ut supra diximus".
    Que eu recorde, sempre se me mirou mal por ler (a excepcion de polos meus profesores), polo cal permitome sinalar que non e cousa de hoxe en dia. Sempre é mellor o que ve o futbol ca o que le, o que non saben é que pódese facer as duas cousas.
    Daríame para escribir largo e tendido sibre este asunto baseandome na miña experiencia persoal, pero creo que sería extenderme demasiado.

    Sir Huskie

    Comentario de Sir Huskie hace 1 año y 18 meses

  20. Totalmente de acordo contigo, Sir Huskie. Mais non dubides de que estás no correcto. Ánimo e segue a ler. Moito.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

Recordar datos

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.