Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

20 %

O futuro da literatura e da lectura e dos libros está complicado cando as enquisas máis recentes indican que o 20 por cento dos rapaz@s que rematan a ESO non alcanzan un nivel mínimo en lectura.
Ou sexa: que vinte de cada cen non saben ler.
Ou que len pero que non entenden.
Para que logo digan que o analfabetismo está erradicado en España.

( E podes seguir - despois de comentar este post - participando no noso Xogo Literario. Vai de marabilla. Só tes que ler un chisquiño máis abaixo, onde di, ¿Xogamos? Aí explícase todo )

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. "O futuro da literatura e da lectura e dos libros está complicado ", visión comercial dun escritor, jeje.

    Non, isto era un broma sen moito sentido, ó certo é que o problema non é para tomalo a broma. Xa sabemos que o ensino deste país está nas primeiras posicións mundiais en canto a éxito escolar (creo isto último non colou). A literatura é un amor a primeira vista, namorase dela aquel que sabe escoller un bó libro e rematalo contento, a partires de ahí o amor por ela vai aumentando páxina a páxina e libro a libro. Dende o meu punto de vista, nas escolas non está ben obrigar a ler; débese recomendar, aconsellar e falar sobre a lectura, creo que esa é a única vía para que @s rapaz@s mostren interese por ela, pero non con centos de lecturas obrigatorias que en moitos casos dan unha equivocada visión @s alumn@s do que pode ser ler libros.

    Comentario de Xorxe hace 3 años y 37 meses

  2. Gústame que relaciones o amor coa lectura. Así debe de ser.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  3. En canto a Libro Aberto, tamén eu creo que a literatura xuvenil non debe ser un feixe de obras politicamente correctas.

    Comentario de X hace 3 años y 37 meses

  4. Alédame saber que estamos de acordo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009