¿XOGAMOS?
Francisco Castro - 03-11-2006 14:11:33 | Categoria: Todos os meus artigos
Un experimento literarioLeo que un artista vén de inaugurar unha exposición na que non hai nada.
Nada de nada.
Baleiro absoluto.
Seica a idea é que os espectadores ( ¿de que? ) enchan as salas coas súas sensacións, lembrando o que sentiron noutras ocasións.
Vale.
Propóñovos un xogo.
Debaixo deste post hai outro titulado Nada.
En efecto, non ten nada.
Agora, se queres, no apartado de Comentarios, escribes ti.
¿De que?
De todo.
De nada.
Ti saberás.
Porque a nós, náufragos, a vangardistas, non nos gaña ninguén.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Un saudo considerabel!!!!
"os sacousos boys"
Comentario de Colectivo literario Sacou hace 3 años y 37 meses
-
Outro para vós
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Nada de nada. Quen non nada, afógase, eso sabémolo moi ben os náufragos da túa canción.
Na baleira exposición, son quen de ver a nudez xeada do desencontro. Unha borrosa máscara de xiz vestida de palabras apagadas. Silencios, silencios rotos, que terei que zurcir co son da trompeta de Armstrong e o fío dunha lágrima. Nubes, nubes de mirada gris e pestanas rizadas. Beixos e beizos, perdidos nunha espiral de espiñas de auga. Risas e sorrisos de mármore vermello. Bombillas luctuosas que se enfrontan a pálidos relámpagos con mirada de espárrago. Un duelo a morte entre unha rosa azul e un cactus amarelo. Logo, a nada. A nada vestida de farrapos de brétema me invita a danzar. Me abraza e me empurra por un tobogán de choiva contaminada. Nada, nada. O todo, o tempo é nadaaaaaa
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 37 meses
-
Fermoso
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
lembro cando dabas clases de filosofía e para min abríase outro mundo no que non sabía camiñar.
Comentario de cucufate hace 3 años y 37 meses
-
Había moito tempo que non se me dicía algo tan fermoso. Grazas, cucufate.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
hola
Comentario de hola hace 3 años y 37 meses
-
Fari uns dez anos, un artista inglés presentou a súa obra : habitación vacia. Era eso. O curioso é que houbo polémica porque o acusaron de plaxio, xa que o mesmo o fixera outro artista en USA. Esto lembra o imitador das caixas Brillo de Warhol.
O preblema da indiscernibilidade da arte paira como unha louxa sobre o seu panteón. En periodos anteriores si a alguén lle preguntaban que era arte, non dubidaría en respostar e sinalar co dedo. Hoxe o que pensa a maoiría ao sair dunha exposición e se eso que viu e presenciou e arte?. A ARTE HOXE É INDISCERNIBEL. Se un urinario pode ser arte.... O problema para min non é outro que o dunha complexización da producción artistica que non vai acompañada da necesaria reflexión polo que a recepción dificultase. A parte, ao convertir en receptores a todo un público sen orientación estética, o resultado non pode ser senón un incremento progresivo da consufión. Se a esto lle engadimos o todo vale posmoderno coa conseguinte desvalorización das aportacións argumentais.....pois temos esta obra: escenificación da nada. O peor e que esquece o fundamental, o que toda obra de arte di: que algo paira no intento de dicer a nada, que algo no lo impide, porque algo é o contrario de nada.
Esta obra non é arte, porque tan so prepara para a percepción, é un vulgar exercicio profilactico.
Un saudoComentario de marcialg hace 3 años y 37 meses
-
Intereresante e atinada explicación. Eu non reparara en que, ao ser agora todo o mundo "espectador", inevitablemente a arte cae dun xeito inevitable na banalización. Grazas por esta aportación.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
boas fran. Perdoa por non escribirche en todo este tempo pero xa sabes que o internet e máis eu non facemos moi boas migas. que tal che vai todo? supoño que ven despois de gañar o Blanco Amor! teño moitas ganas de ler "spam". supoño que dará moito que falar. penso que debe ser fermoso pensar en que o que ti dis ou escribe produce unha reacción na xente, tanto sexa para ben como para mal. a verdade e que me encanta este apartado que puxeches no blog. jaja e gracioso, " escribe o que queiras " basta que che permitan dicir o que queiras para que non digas nada. levamos vinte e poucos a nos de democracia e deza longos sin dicir nada. manda carallo na habana. supoño que son cousas miñas.
bueno que saibas que vos voto a todos moito de menos tanto os meus compañeiros coma a moitos dos profesores que durante 5 anos soportaron a mina coña facil. jajaja. sigo adestrando niso.
nada máis xa escribim todo o que quería. e agora en que penso . jajaja. poís iso unhaq aperta moi forte e se podes da un daudo aos profes. deica logo.
LIBERDADE E IGUALDADE.
adrian
Comentario de adrian hace 3 años y 37 meses

Ledicia, Adrián, sempre é un pracer terte por aquí. Lémonos.