NADA
Referencias
-
Thanks for the nice read, keep up the interesting posts..
Referencia de Lilian Garcia hace 2 años y 26 meses
-
Man i just love your blog, keep the cool posts comin..
Referencia de jennifer hawkins naked hace 2 años y 25 meses
Comentarios
-
A "nada" é o que pulula en cantidades inxentes nesta que chaman a "era da información". Entre tanta cantidade de "nada", pérdome buscando "algo". Realmente esgotador.
Comentario de Turkil hace 3 años y 39 meses
-
¿E atopáchelo algunha vez?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Leí en una ocasión que entre el diminuto núcleo y la superficie de un átomo no hay nada, espacio vacío sin más. Teniendo en cuenta que la distancia entre la corteza superficial y el profundo núcleo conforman la mayor parte del volúmen del átomo, podemos argumentar que estamos rellenos prácticamente de Nada.
Qué otra cosa cabría esperar ...Comentario de dasmam hace 3 años y 39 meses
-
¿non me digan que este post era para falar de átomos e partículas e metafísica?
Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses
-
As veces atopas, pero cando menos o esperas, case de casualidade. Pero non nos enganemos, son so pequenas ilusións, pouco a pouco vémonos engulidos pola NADA, formando parte dela, participando do seu valeiro como parte de nós mesmos...
Comentario de Turkil hace 3 años y 39 meses
-
É impresionante o camiño que está a coller este post: ¿cara o Todo ou cara a Nada?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Xa que se fala de nada e todo, alá vai a miña aportación, que non e nada pero e todo o que teño.
TU PALABRA
A la palabra del poeta
La nada de mi todo te doy.
Solo palabras.
Nada ante tu todo.
Descubrir significados y preguntas,
ilusión y realidades,
embeleso y razón.
Todo a través de todo,
todo a través de la nada.
Mis palabras, Pablo, nada.
Las tuyas, Pablo, todo.
Vas teniendo toda mi nada,
lo vas ocupando todo,
voy por ti siendo poesía.
Regreso.
A donde nunca estuve,
a donde siempre llegué,
a mi tierra prometida.
Me voy.
De donde nunca vine,
de donde nunca me fui,
de este tiempo dormido.
Soy yo y no lo soy,
despertando en la voz de tu palabra.
Rafael, 3 de Febrero de 2006
Santiago de Chile
Comentario de Rafael hace 3 años y 39 meses
-
Moitas grazas, Rafael.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Espertei coa desesperación producida por unha radio que non soaba. O locutor estaba mudo. Ningún falaba. Non habia noticias. NADA. Despois dunha ducha rápida e un café sen sabor mentres me daba présa sen pensar en nada saín da miña casa. As rúas desertas. A cafetería de debaixo da miña casa aberta, non había ninguén. Un calafrío encheu o meu corpo. Non había ninguén. A rúa totalmente baleira. Nin coches, nin persoas...NADA. Cheguei ao meu despacho. As portas do gran edificio gris estaban abertas de par en par. O conserxe non estaba. O Marca que el lía con devoción estaba aberto na páxina dos resultados. Todos quedaran 0-0. Subín no ascensor eu só e cheguei ao meu despacho. Enriba da mesa a axenda estaba no día dous de novembro. Paso a páxina e aparece o catro de novembro. Entendino de súpeto. O día tres non existía. Entre o día dous e o catro non había NADA..
Desfixen de súpeto o camiño ata a miña casa e volvinme a meter na cama. Adormecín axiña. Espertei coa voz do locutor radiofónico. Xa era día catroComentario de Xancín hace 3 años y 39 meses
-
XE-NIAL
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Nada de nada.
Quen
non
nada,
afogase.
Eso sabémolo moi ben
os náufragos da túa canción.
Na baleira exposición da nada
son quen de ver a xeada nudez do desencontro.
Unha borrosa máscara de xiz
vestida de palabras apagadas.
Silencios,
silencios rotos
que terei que zurcir
co son da trompeta de Louis Armstrong
e o fío dunha lágrima.
Nubes, nubes de mirada gris e pestanas rizadas.
Beixos e beizos perdidos
nunha espiral de espiñas de auga.
Risas e sorrisos de mármore vermello.
Bombillas luctuosas
que se enfrontan a pálidos relámpagos
con mirada de espárrago.
Un duelo a morte
entre unha rosa azul
e un cáctus amarelo.
Logo, a NADA.
A NADA.
Vestida de farrapos de brétema
me invita a danzar.
Me abraza e me empurra por un tobogán de choiva contaminada.
NADA, nada.
O todo
o tempo
é
nadaaaaaa
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 39 meses
-
Xa cho dixen, e penso o mesmo neste novo formato.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Grazas Fran, e mira que son burra. Amólame cometer erros ortográficos. Rectifico
...Logo a NADA.
A NADA.
Vestida de farrapos de brétema
invítame a danzar.
Abrázame, empurrame
por un tobogán de choiva contaminada.
Nada, nada.
O todo
o tempo
é
nadaaaaaa
Hoxe, na tertulia dun café mañanceiro, os teus alumnos do taller de Caixa Nova estivemos a falar de ti. ¡Queremos que volvas!Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 39 meses
-
Levo uns tempos a sentir só vazio ao meu redor. é-me um sintoma estranho. por compreendê-lo melhor, ingresso na nada todos os dias. por urgências. como levo volante do médico de cabeceira, eis que a nadóloga me examina, ausculta, analisa, radiografa, escanea e ressonancia magneticamente... até me tomografa um todo nada de existência. mas a doença é imparável. nom há remédio. nada podem fazer por mim. estou acabada. por nada, em muitas ocasions de maneira insignificante, num pormenor imperceptível, resulta que som. toda eu.
Comentario de dedoscomovermes hace 3 años y 39 meses
-
La nada es un todo, no cabe en el silencio, pesa en la soledad y se esconde en las palabras vacias.
Disfrute' mucho la visita y los textos.
Hasta pronto
Comentario de TICTAC hace 3 años y 39 meses
-
Grazas a todos, polos desexos e polos textos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
- Que tes?
-Nada
-Que pensas?
-Nada
Que sintes?
-Nada
Que miras?
-Nada
Que...?
-Que?
-Nada...
E volveu a cruzar a rúa, fincou un ombro no semáforo, e agardou outra vez polo boneco vermello, só polo pracer de conversar.Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 39 meses
-
Coma sempre, Ros Velenosa, marabillosa. Non teño palabras, non teño nada.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
No hay NADA que llene tanto.
Comentario de Ra hace 3 años y 39 meses
-
A NADA é algo; logo se a NADA é algo, a NADA non existe; entón se a NADA non existe a NADA é NADA en absoluto.
A NADA pese a ser pouca cousa da ben para pensar...
Comentario de Xorxe hace 3 años y 39 meses
-
Déixolle a súa NADA no meu blog.
PD: Rosa Velenosa, encantoume o seu do semáforo.Comentario de X hace 3 años y 39 meses
-
Moitas grazas, nadeiros.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
( )
Comentario de homedareia hace 3 años y 39 meses
-
¡Marabilloso!
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
súmome ao teu xogo cun poema no meu blog
Comentario de SZ hace 3 años y 39 meses
-
Pechabas os ollos e, botando a faciana para adiante como pedindo un beixo (pensaba eu, coitado), susurrabas: “Pálpebra, o que tapa os meus ollos chámase pálpebra”. Eu odiaba as túas pálpebras por tapar eses marabillosos ollos. Bendecía as túas pálpebras por darme a oportunidade de ollar teu rostro sen sentirme intimidado pola túa mirada de resplandor de lúa (hai outros mundos pero están nos teus ollos) (...)
Fixen isto para por aquí, pero como non tiña NADA para por no meu blog podes ler alí o resto.Comentario de Máis Alá hace 3 años y 39 meses
-
Grazas aos dous. Isto vai medrando.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
De que
Comentario de Nvidia hace 3 años y 39 meses
-
De nada
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Nada.
Non creo que existas.
Es o instante previo ao algo.
A rúa está baleira porque antes foi percorrida docemente polos teus pasos.
As mans están baleiras agora porque xa deron todo o que tiñan.
A gorxa non fala porque esgotou son e forza.
Os ollos perderon a cor.
Voume desdibuxando.
Así e agora non son nada pero mañá comezarei a ser aos poucos.
Con ruído e cos teus movementos, debuxo definido.
E de súpeto outra vez nada... para que o debuxo sexa trazado por ti doutro xeito.Comentario de A de Loureiro hace 3 años y 39 meses
-
Fermoso. Emocionante a estas horas temperás da vida e da mañá.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
A xente ten un conto...
Ainda que pode que todo o arte sexa nada, logo a nada tamén sería arte.Comentario de Ghanito hace 3 años y 39 meses
-
Clarísimo. Coma a nada.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses