Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

UNHA FRASE DE COELHO QUE ME GUSTA


Sempre que trouxen aquí a Paulo Coelho foi para criticalo moito.
Non me vai iso de ir soltando sentencias en plan Frases Célebres que te Axudan a Vivir Mellor.
Mais hoxe podo anunciar que estou feliz da vida porque atopei unha que suscribo, asino e rubrico.
Nunha entrevista promocional relacionada co lanzamento de La Bruja de Portobello, o seu novo libro, cuestionado sobre se o futuro de Internet pasa pola literatura, responde: "Nada en el mundo sustituye un libro físico".
Velaí unha sentencia coelhiana que podo facer miña.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Ummm, que bonito é acariñar un libro, sentir cos cincos sentidos o libro das túas mans...
    Recoñezo que tampouco soporto a Coelho, pero sen embargo fun (e aínda son) forofo de Bucay. Se cadra por un par de cousas que no seu día me axudaron. Hai un libro para cada lector.

    Comentario de Xancín hace 1 año y 18 meses

  2. Por suposto. De Bucay falei unha vez neste blog, cando o asunto da acusación de plaxio.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  3. É certo que o libro físico e algo que perdurará moitos anos e que sen dubida ten un encanto que ningún soporte electrónico podería ter. Outro dos inconvenientes sería o tema da piratería, que sería tan perxudicial como o está a ser coa música.

    Pero doutra banda sustituir o libro físico por tecnoloxías supón un alivio para algúns coma min que faltalles MOITO, e cando digo moito é moito, espazo nas súas casas para gardalos.

    A min preocupame máis a literatura e a vida e progreso desta que os libros físicamente palpables. O importante é que as novas xeracións mantéñan, melloren e espandan a tradición literaria.

    Noraboa polos 40, presume de sabiduría e madurez e esqueceras a outra parte. ¡Que os leves ben!

    Comentario de Jorge hace 1 año y 18 meses

  4. Grazas Jorge. Eu tamén son un deses que teñen MOITO problema para acubillar tanto libro na casa.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  5. Cumprir coarenta é coma culminar a perfecta redondez. Felicidades polo teu aniversario. Polos teus redondos días, tan fermosamente literarios.
    Amin tampouco me atraen os libros de Coelho. Ainda que estou dacordo con iso de que nada sustitue a un libro fisíco.

    Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 18 meses

  6. Grazas polo da redondez. Gustoume. Máis que os libros de Coelho.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  7. Si, unha frase moi do seu gusto, para min pouco orixinal e que se lle podería aplicar a moitas outras cousas/seres/sensacións/momentos...

    Comentario de X hace 1 año y 18 meses

  8. Prefiro esta imaxe -a portada do libro-, é fermosa fermosa.

    Coidate moito.
    Beijos sanadores.
    ;)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 18 meses

  9. Felicidades por los cuarenta... tú pareces saber bien lo que quieres en la vida y los disfrutarás, seguro.
    Dos sonrisas y un beso.

    Comentario de gaia56 hace 1 año y 18 meses

  10. Pois grazas. En efecto, X, non é nada orixinal. En efecto, Marinha, a portada é fermosa, fermosa; en efecto, gaia56, sei o que quero na vida. Bicos para todos.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  11. Ti tamén, Francisco... Entre tanto que fala/escribe/di ese home, faltaría que non houbese unha frase que puideras acoller como propria!

    Saúdos.

    Comentario de r.r. hace 1 año y 18 meses

  12. Por suposto, malo sería que non houbera polo menos unha.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  13. Eu como bruxa que son, e malia que tamén fago esa frase miña, teño que anunciar que chegará o día no que todo o físico será sustituido polo non físico. Tamén os libros, tamén, nón non o veremos, quizais, pero as sinais non deixan lugar á dúbida...
    Pero non fagades moito caso, estes augurios tamén poden ser froito dunha insolación...

    Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 18 meses

  14. Tampoco comulgo con Coelho, pero esta frase bien merece todos los post del mundo. Que así sea. Saludo!

    Comentario de Ra hace 1 año y 18 meses

  15. Ei, eu tamén lin esa entrevista... e tamén me chamou a atención a frase! Por certo, non teño lido os teus comentarios sobre Paulo Coelho pero seguro que concordo con eles...
    Un saúdo!

    Comentario de laurindinha hace 1 año y 18 meses

  16. Pois nada, lauridinha, se queres ler, puxen ligazón no post.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  17. Manda truco, non sabía eu que algún día daríalle a razón a Paulo Coelho, pois normalmente todo o que dí paréceme vacuo. Pero ter un libro nas mans e do mellorciño que hai. O físico (neste caso) nunca será superado polo electrónico, é como facelo amor por internet ¿hai comparación?

    Comentario de Zebedeo hace 1 año y 18 meses

  18. Imposible de comparar. Onde esté o físico ( en ámbolos casos ) que se quite o virtual.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  19. Eu estou con Rosa, o que ocorre e que o que agora chamamos virtual é moi cutre. Chegará o día en que sustituamos o éstímulo natural dos sentidos por outro creado artificialmente.

    Comentario de Turkil hace 1 año y 18 meses

  20. Pois imos de glúteos...

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  21. O importante non é o continente senón o contido. Eu pasaría horas a ler este e outros blogs, e hai libros que non mercaría nin para unha mesa que coxea.
    P.D.: Sr Castro, ao parecer imos ter a gran sorte de ver unha entrevista súa na tele.

    Comentario de Máis Alá hace 1 año y 18 meses

  22. Pois a min non me gustaría que o tempo nos dese a razón Turkil, e seguro que a ti tampouco, pero coido que imos así... como dice Francisco. Unha mágoa. Un libro é o qu é polo contido máis polo continente, o outro xa non sería un libro, e o xeito de afrontar a súa lectura é diferente. Perdería intimidade e profundidade. Pero..
    Por certo.¿Que é iso da entrevista?, eu quero saber, que nunca me entero de nada. Un sáudo.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 18 meses

  23. O da entrevista é no programa Libro Aberto da TVG na madrugada do mércores ao xoves, aló pola 1.40 ou así... Pero xa o contarei no blog o mesmo mércores.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  24. Non sei que pasará no futuro, pero temos certa tendencia un pouco conservadora a valorar o que temos por riba do que non coñecemos, eso sí, quedando claro o que hoxe hai é unha merda. As avantaxes das alternativas vixentes están moi lonxe dos grandes defectos, ese é problema, estamos na prehistoria da tecnoloxía. Pero como din por ahí o que importa é o que se di, non co que.

    Comentario de Turkil hace 1 año y 18 meses

  25. Claro, o importante é o contido. Aínda así, e tendo presente que nos gusta ler blogs, etc, xa que logo, non libros físicos, si é certo que o libro de verdade vai ter sempre a maxia do contacto, o recendo, podelo levar enriba, etc.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses

  26. É un maxia que ten que ver coa nosa tradición, cultura, educación. Para un rapaz de dentro de 100 ou 200 anos quizais sexa como un voluminoso códice, moi bonito nun museo, pero pouco práctico.

    Comentario de Turkil hace 1 año y 18 meses

  27. Pois pode ser que si. O tempo dará ou quitará razóns.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 18 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.