BORGES EN SALSA ROSA
Francisco Castro - 30-10-2006 10:33:10 | Categoria: Todos os meus artigos
¿Temos dereito a desvelar aspectos da vida privada dos escritores ou só debe importar a súa obra?
A viuva de Borges, María Kodama, está moi amolada pola publicación dun libro póstumo de Bioy Casares no que este dá conta de asuntos íntimos recollidos en conversas privadas. Como era de esperar, o que máis lle amola é o que conta de que Borges vivía amedrentado diante da posibilidade de molestala, e que María Kodama castigábao con silenzos prolongados que, ao parecer, destrozaban o ánimo do escritor.
Independentemente de que a historia sexa certa ou non, son dos que pensa que non importa. De Borges deben interesarnos os seus relatos e os seus poemas e as súas conferencias.
O resto, é Salsa Rosa.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Dende logo que o que fixo Bioy Casares non ten nome. Un desprezo pola memoria do seu amigo. O único que gañou foi titulares na prensa. De tódolos xeitos tamén hai que recoñecer que todos temos un puntiño de cotillas e sen dúbida lemos este artigo con certo morbillo.
Se foi certo a vida do gran Borges debeu ser moi dura.Comentario de Xancín hace 3 años y 37 meses
-
A cousa aínda é máis grave, porque nin sequera o publica Bioy, senón, a título póstumo, os seus albaceas literarios.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Glups, descoñecía ese dato biográfico. Por certo, daría unha boa reflexión sobre o cambio que estamos a vivir no que entendemos por cotilleos. Pasamos de cotillear sobre o veciño a cotillear sobre os famosetes da tele Regálasme esa reflexión para o meu blogo?
Comentario de Xancín hace 3 años y 37 meses
-
Por suposto.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Noraboa polo teu cumpreanos.
Comentario de paideleo hace 3 años y 37 meses
-
Moitas grazas
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Coido que a vida persoal dos artistas reflicte na súa obra, moitas veces é preciso saber cousas deles para entender. ..
O que non me parece correcto é o oportunismo.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 37 meses
-
Primeiro pregúntome por qué tiña esas conversas privadas escritas Bioy Casares... ¿cal sería a intención? Haberá algún amig@ de Francisco que teña escritas conversas privadas na que se nos revele que ten gravados todos os programas de Gran Hermano e Salsa Rosa e que os veía con metódica precisión cada semana como un acto case relixioso? ¿Realmente o que pasa é que ten medo de que iso saia a luz e teme que este sexa un precedente perigoso? ¿Está facendo un lista dos seus íntimos con inclinaciones literarias?¿teremos un caso de asasinatos en serie con móvil confuso e que desconcerta a policía?
Estame gustando Spam.
Un saúdoComentario de Turkil hace 3 años y 37 meses
-
Outro tanto se podería dicir do feito de que, un bo día, publiquen a correspondencia privada de alguén sen ter xamais recibido o seu consentemento. Hai libros onde os editores aínda teñen o humor (negro, neste caso) de poñer no mesmo título do libro ese epígrafe: “correspondencia privada”. Si, privadísima, vamos. Sobre todo se a estas a publicar en edición rústica con tapas duras.
Está claro que hai aquí un exceso de intromisión por mor da celebridade do personaxe en cuestión. Ao se facer “pública” unha persoa, parece que se dá por feito que todo o que estea relacionado con el debe ser público.
Algo parecido acontece co feito de que se públiquen a bombo e platillo obras “inéditas” deste ou estoutro autor (no me refiro a casos como os de Kafka, senón a autores que, tendo publicado moitas obras, optaron por prescindir da publicación de outras). Iso tamén é unha intromisión.. Que dereito ten un editor a lle publicar a un autor algo que el preferiu deixar no caixón? A verdade é que todo isto case dá arrepio. Se eu chegase a autor celebre (xa vedes que imaxinativo che estou hoxe
) creo que me poría en plan Salinger e, a todo o que non quero que se publique, mellor meterlle lume. Porque senón xa podes ter claro que tarde ou cedo, sairá á luz.
Saúdos e parabéns polo aniversario.
Comentario de Larvós hace 3 años y 37 meses
-
Queremos "humanizar" a los mitos de cualquier disciplina y elegimos la peor de las formas de hacerlo que es invadiendo el plano íntimo y personal.
Comentario de Dasmam hace 3 años y 37 meses
-
Vexo que coincidimos todos os opinantes. Para Turkil, non dea ideas, por favor..
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Os grandes escritores perviven polas súas obras. Admiramos, disfrutamos cos seus libros. Veñen a ser para nós, criaturas que rozan a inmortalidade. As veces estes xenios, casan con mulleres as que lles dobran cumpridamente a edade. Chega, (nalgúns casos) coa decadencia física do escritor, o momento en que aproveitándose da súa fraxilidade, son manipulados dominados por elas, cobizosas dos seus bens materiais. Esta é a salsa, a verdadeira salsa amarga que condimentaron coas súas propias mans algunhas celebridades. Detalles íntimos, ínfimos, personais que para nada ensombrecen a súa grandeza literaria.
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 37 meses
-
Que é, precisamente, no que nos debemos fixar. O resto, non importa.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses
-
Creio que se levantou aqui um problema interessante: como íntimo duma personalidade pública pode-se/deve-se publicar informação reservada a quem foi recebido nessa qualidade (logo, com a reserva da intimidade e da confidência)?
Para um futuro biografo, para um estudioso da obra artística, certamente que toda a informação pessoal e íntima pode ter relevância (veja-se o famoso caso de Rosebud em Citizen Kane).
Não será, mesmo assim, uma traição à confiança depositada? Não tenho dúvida que sim, mesmo que a intenção seja nobre. O único modo de evitar constrangimentos é evitar a sua divulgação em vida das pessoas envolvidas, como já se faz com documentação classificada.
Seja como for, no caso concreto, a pessoa visada (Maria K) é que não tem como defender-se por estarem desaparecidos o "acusador" e a "vitima", e isso é lamentável pelo que parece-me de bom tom evitar o assunto
Porém, é ou não é um dado sempre um dado a ter em conta na compreensão da obra literária de alguém, uma informação deste genero?
Tramado...!Comentario de pepe hace 3 años y 37 meses
-
Sen dúbida, interrogantes cheos de interese que son, todos eles, moi difíciles de respotar. Neste caso concreto, eu estimo que corremos un serio risco cando ocupamos máis espazo, por exemplo, na prensa, contando estes ruxe-ruxes, que falando das obras.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses