¿MELLOR GRAN HERMANO OU MELLOR PROUST?
Francisco Castro - 26-10-2006 11:18:51 | Categoria: Todos os meus artigos

O xornal La Voz de Galicia ofrécenos hoxe unha entrevista con Donald Sassoon, que é profesor de Historia europea comparada na UniversidadE Queen Mary de Londres e que vén de publicar un libro titulado Cultura. Na entrevista, entre outras cousas, di que non hai diferencia entre ver Gran Hermano ou ler a Proust.
Argumenta dicindo que, despois de todo, o espectador de Gran Hermano e o lector de Proust ( agora mudemos GH por televisión e Proust por literatura ), o que está facendo é, sen máis, pasar o tempo.
Non sei... para min que, poño por caso, un neonazi, é máis probable que remate vendo GH que lendo a Proust.
Así que igual non pode ser.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
O enfoque de Donald Sassoon ten o seu interés. Habería que ler o libro para ver por onde van os tiros en realidade. Hai moita xente que consume literatura, boa literatura como un puro entretenimento. Analizar e profundizar no que se lee creo que depende da capacidade de cada un e o que da traballo non é o que soe facer a maioría. A maior probabilidade de ver Gran Hermano acontece con calquera, no so cun neonazi. Se analizásemos as lecturas de grandes fillos de p*** históricos quizais levasemos unha boa sorpresa.
Alá vai outro titular sensacionalista (meu): "É máis interesante Gran Hermano que unha novela de Arturo Pérez-Reverte".
SaúdosComentario de Turkil hace 3 años y 38 meses
-
Non estou de acordo con Donald Sasoon; hai unha diferencia de calidade entre pasar o tempo vendo GH ou pasar o tempo lendo en xeral (a expresión pasar o tempo tampouco me gusta é como quen dí que o tira ao lixo). Tampouco estou de acordo con Turkil, esta vez por separar o entretenimiento( que non é o mesmo que deixar pasar o tempo) con unha analise máis ou menos profunda (cada un é cada quen) e o traballo que da, topico que sigue afastando á xente da boa literatura. E tampouco estou de acordo contigo, Fran, con iso afiliar en bandos de indesexables aos que ven o que a nós non nos gusta ver. Hoxe non estou de acordo con nada, pero axiña pasara.
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 38 meses
-
E que eu creo que a diferencia máis importante (neste caso) está no suxeito que lee ou ve a tele. Hai literatura, na que nin a forma nin o contido din absolutamente nada. Hai obxectos televisivos que aportan polo menos máis información. Certo é que non todo mundo a procesa da mesma maneira, ou simplemente non procesa nada, pero as veces teño a sensación que a palabra "libro" vai cargada dun aura máxica purificadora e liberadora de mentes independientemente do que esté escrito.
Que non se lle pase R. Velenosa, que é moito máis divertido.
SaúdosComentario de Turkil hace 3 años y 38 meses
-
As comparacións do señor Donald verdadeiramente son chocantes ¿A quen se lle ocorre hermanar a Proust con GH.? Paréceme unha tomadura de pelo. Na miña modesta opinión, quen le boa Literatura faino porque sabe diferenciar. Dubido moito que ninguén se poña a ler unha obra mestra somente por pasar o tempo.
Saudos.Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 38 meses
-
Estou de acordo que para "pasar" o tempo valen as duas cousas, a diferencia é si queres "aproveitar" o tempo. Tanto pasar o tempo como aproveitalo, ou leer ou ver televisión, son cousas que hai que respectar.
Eu tampouco estou de acordo contigo no comentario do nazi. Coñezo xente enganchada a G.H. que son boas persoas, e seguro que os ideoloxistas do partido nazi eran "persoas" cultas.Comentario de Máis Alá hace 3 años y 38 meses
-
Hoxe puiden entrar no seu blog, temendo non poder volver acceder a el mañá, que ultimamente cada vez teño máis problemas para conseguilo, envíolle por adiantado os meus agasallos polo seu corenta aniversario.
O primeiro é unha árbore para que ruba moito tempo por ela.
http://www.mcs.csuhayward.edu/~malek/Klimt/klimt25...
O segundo é un posible retrato robot do noso común amigo Gómez atrapado pola súa propia rede.
http://www.utsa.edu/today/images/artworks/wilson/p...
Espero que lle gusten e que teña un magnífico día de aniversario.
Parabéns e moita felicidade.
Comentario de X hace 3 años y 38 meses
-
Moitísimas grazas a todos polo debate...e polos agasallos. A ver, que aquí ninguén di que quen ve GH é un indesexable. Só digo que non me imaxino a un neonazi lendo, vou cambiar de autor, a Neruda, e si vendo programas lixo. Nada mái.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
o caso é ter tempo que perder... eu nunca dei visto um capítulo do GH inteiro e de Proust só lim o caminhodeswan (é esse o título?, cito de memória); disto concluo que é importante atender a ambos entretementos para nom ficar fora do debate e podermos gastar a gosto o tempo neste blogue. Em sério, penso que a questom está na formaçom de cadaquém: tanto podemos ver GH e tirar proveito dele como, sem um mínimo de preparaçom, por muito que leamos GL (grande literatura), quiçá nom nos sirva nem de entretemento. Por outra parte, conheço pessoas estupendas e maravilhosas que (quase) nunca lem e outras autenticamente indesejáveis que lem dia sim dia também, incluso Proust.
Comentario de dedoscomovemes hace 3 años y 38 meses
-
Eu concordo co que di dedoscomovemes, a cuestión está na formación e na libre elección de cada quen. Todo o que poidamos recibir sabendo aproveitalo de seguro que é de proveito.
P A R A B E N S no teu día!!!.
Unha aperta grande grande.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 38 meses
-
Non estou de acordo coa opinión do historiador británico mais non comparto que as persoas se poidan "clasificar" por o que lean ou deixen de ler. Lembremos o que dixo Paul Auster no Premio Príncipe de Asturias.
E PARABÉNS no teu día Fran!!!
Unha aperta moi GRANDE.Comentario de Chus hace 3 años y 38 meses
-
Eu estou totalmente de acordo co que di Rosa Velenosa, non me gusta GH, pero se alguén quere velo, alá cada quén, eu prefiro ler a Pérez-Reverte ou calquera outro, así podo falar do que lin.
Parabens no teu día Francisco, ¡que tódolos días do ano sexan “o teu día” pásao ben! unha aperta.
Comentario de E.F.B. hace 3 años y 38 meses
-
Moitas grazas a todos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
He de decir previamente que no me gusta la tele... prefiero cualquier libro antes del rollo de los malnombrados show de la realidad.. ¿qué realidad?
Comentario de gaia56 hace 3 años y 38 meses
-
Desde logo, non sei por que a xente prefire a tele-realidade, que pretende ser ficción, pero é da mala, á verdadeira ficción que nos dá a boa literatura.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses