Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿DEBEN OS ESCRITORES OPINAR SOBRE AS CRÍTICAS?

Sobre o pouquiño que a Arturo Pérez-Reverte lle gustan as críticas literarias

Arturo Pérez-Reverte sabe que non pasará á historia da literatura. Os seus libros son entretidos e están ben escritos. Pero non pasarán á historia da literatura. Véndense e adáptanse ben ao cine. Pero non pasarán á historia da literatura.
A crítica literaria sábeo ben ( e coido que o autor tamén ). E sobre isto don Arturo diría que lle importa un carajo, pero seica non debe de ser así cando se atreve a escribir un artigo coma este, no que pon a parir unha novela escrita por un crítico literario. E deixando claro ao lector que é para que o crítico probe a súa propia medicina.
Eu son dos que pensan que os autores debemos ler as críticas e punto. Se nos son favorables, ben. E se non, pois tamén. Son outra visión. Diferente. Ás veces constructiva. Outras veces, claramente destructivas.
O que non a(r)turo son os escritores que, disconformes co que se di dos seus libros, en canto poden, morden no crítico.
Hai que ser menos resentidos e máis cabaleiros.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Lin o artigo. Si que resulta moi resentido e encabronado. O que non sei é que lle fixo García Posada a Pérez Reverte...

    Comentario de Iria hace 1 año y 20 meses

  2. Pois igual criticalo, quen sabe.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  3. pensando na crítica literaria de por acó, e pensando en certos casos de verdadeiro asañamento do crítico no autor, teño que dicir que ler e calar este último, depende. en xeral, paréceme que a de acó anda bastente desnortadiña.

    Comentario de brautigan hace 1 año y 20 meses

  4. Non me vai a ligazón, pero poido imaxinar algo coñecendo o estilo do Arturo P.R. e eu que sei, supoño que cando escribes é coa idea de que che guste a ti e que lle guste ao resto da xente, e ao ser creación propia e deixar parte de ti na escrita, pois as críticas non tan boas como as que agardarías feren un pouco o orgullo, pero é bo ese feedback.

    De tódolos xeitos, para gustos: colores, non a todo o mundo lle gustan as mesmas cousas e hai que ser un pouco humildes e non se pode pretender o imposible.

    Un saúdo :)

    Comentario de besbellinha hace 1 año y 20 meses

  5. Un día regaláronme Ala triste. Comecei a lelo e abandoei. Pareceume cousa de tebeo. A impresión foi de que Reverte posue unha máquina de facer espadachins coma se fosen churros. Eu,penso asi, a outros gustaralle. Como dí besbellinha. Para gustos... Estou de acordo con Fran en que hai que ser menos resentido e máis cabaleiro. Paréceme que a Don Ala, en canto lle tocan o alerón, cabréase.

    Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 20 meses

  6. Arturo Pérez-Reverte non é santo da miña devoción.
    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 20 meses

  7. O señor este, Pérez Reverte, -co que tiven a desgracia de coincidir no título dun texto de teatro, burro de min- fai esta crítica porque o aludido (García Posada) é o presidente da asociación de críticos literarios españois. É dicir, non só critica ós seus críticos, senón a todos por medio do seu representante. A burrada é dun nivel ó que só poden acceder bestas coma el. Non, P.R. non me cae ben, é certo.

    Pero no noso país tamén temos exemplos de axugar mal as críticas e así os que eramos do teatro conseguimos hai anos perder presencia nos xornais e publicacións debido ó continuo acoso por parte dalgúns a un sector da profesión tan necesario como son os que exercen o labor de críticos. A crítica é imprescindible, coma o público, as librerías ou os maquetadores. E un escritor pode facer crítica -Cortázar é un exemplo máis que recomendable-, pero ós que te critican a ti, o máis que debe corrixirlle un escritor criticado son erros contrastables nos datos ou meteduras de pata de gran calibre. O demais vai no soldo -ou na afición- e non fai máis que enriquecer o mundo da literatura na medida en que cada un é quen de facelo.

    Perdón polo rollo unha vez máis. A culpa é túa por sacar temas interesantes. Por certo (para compensar) xa merquei Spam. Só me falta lelo. ¡E criticalo!

    Comentario de r.r. hace 1 año y 20 meses

  8. Pois eu aínda rin un pouco lendo a crítica de Pérez Reverte. Gustoume. E non me parece nada mal que de cando en vez se lle reste solemnidade a este complexo asunto da creación literaria. Calquera que se arrisque a publicar letras nun medio impreso, exponse a que o critiquen, chámese Posada ou Pérez Reverte. Tomemos as cousas con máis humor.

    Comentario de Veloso hace 1 año y 20 meses

  9. Vale, Veloso, pero unha cousa é quitarlle solemnidade, e outra ben diferente é tomarse cumprida vinganza, coma fai el. r.r.: grazas por mercar Spam. Agardo crítica. E, non o dubides, de rollo, nada de nada.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  10. Pérez Reverte estaba a rspostar a isto:
    http://www.diariodesevilla.com/diariode … idcat=1182

    Saúdos

    Comentario de Lois hace 1 año y 20 meses

  11. Perdoen, non se le.
    A ver se agora:
    http://www.xlsemanal.com/web/firma.php?id_edicion=...

    Comentario de Lois hace 1 año y 20 meses

  12. Pois si que estou bo:
    http://www.diariodesevilla.com/diariodesevilla/art...

    Comentario de Lois hace 1 año y 20 meses

  13. Grazas, Lois. Con esa ligazón todo fica moito máis claro.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  14. Lin a crítica de Pérez Reverte, e pareceume fundada, pois susténtabase en datos. Os párrafos que sacaba a colación Reverte eran demoledores e xustificaban esta versión crítica do alguacil alguacilado. Paréceme que hai moito prexuízo na crítica que se fai a Reverte.
    Laureano o incorrecto.

    Comentario de Laureano hace 1 año y 20 meses

  15. A ver, Laureano o incorrecto, ¿vostede pensa que Pérez Reverte está criticando a ese señor en concreto ou a todos os críticos?

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  16. Non estou na cabeza de Reverte, non sei se fai referencia á tódolos críticos ou só a algúns que máis que escribir fusilan. Eu falo do artigo en concreto. E, a ese respecto creo que fundamentan moi ben a súa crítica. Non sei se pasará á historia, pero tamén creo que non se debe facer witch-hunting con el só porque non nos guste, e saia do rego no que todos abrevan.
    Seu incorrectísimo lector.
    Laureano

    Comentario de Laureano hace 1 año y 20 meses

  17. Incorrectísimo lector. Insisto na miña crítica á crítica de Reverte. Independentemente de que leve ou non razón no que fai. Paréceme pelín resentido o seu comentario ( o de Reverte, non o de vostede )

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  18. Pues que quiere que le diga, señor Castro, discrepo un poco con su postura. Para empezar, Pérez Reverte no se si quería criticar a todos los críticos del mundo o a García Posada en concreto, pero la verdad, es que le ha dado un repaso de mucho cuidado, demostrando que a ciertos críticos (o a este en concreto) se les puede dar muy bien la teoría, pero no tienen ese talento necesario, en mi opinión, para hacer literatura. Pero la verdad, lo que más me ha molestado de su artículo, señor Castro, es que, tranquilamente, ha iniciado su crítica con una caballerosa frase, a la par que muy objetiva que era "Arturo Pérez-Reverte sabe que non pasará á historia da literatura". Una vez escrito eso, no se si se ha dado usted cuenta, se ha metido en un laberinto sin salida, a ver que argumentos me da usted para que yo me crea semejante juicio de valor, pero bueno, si al menos lo hubiera intentado... pues no, nada de nada, se atreve a escribir semejante chorrada infundamentada y se queda tan ancho, como si fuera una obviedad, y eso que el señor Reverte es un académico de la R.A.E., y vende millones de novelas, y tiene más mundo que usted y yo juntos. Pues nada, nada, como usted diga, Señor.
    Reverte criticará, y duramente además, pero respalda con argumentos de peso, usted pasa del tema, total, ya lo sabe todo el mundo, que la literatura de Pérez Reverte es puramente comercial, que no vale para nada, que es un asco... Por último, en cuanto al resentimiento, efectivamente, puede que el artículo de Reverte fuera algo resentido, pero según mi opinión, más resentido es el suyo y, por supuesto, más resentido es el mío.

    P.S. Si considera que mi comentario es digno de respuesta, por favor, hágalo en español que sólo chapurreo gallego. Muchas gracias

    Comentario de Andrés Fraga hace 1 año y 19 meses

  19. A pesares de só chapurrear o galego, vostede non ten problemas en poñerme verde polo que escribo en galego... ou igual é que, ao non dominar a lingua na que escribo, igual non me entendeu ben. Ou igual si e simplemente discrepamos. Paréceme ben. A ver se me explico mellor: coido que o señor ese que é criticado por Pérez Reverte, probablemente merece ser criticado. Non lin o seu libro e, daquela, non lle sei. Sen embargo, coido que a idea que move a Pérez Reverte a falar do libro do señor en cuestión, ten que ver máis cunha "vendetta" ( non sei se contra el ou contra os críticos en xeral ). Velaí o que eu critico. Despois, non era o meu obxectivo enxuizar a literatura de Pérez Reverte. Xa o fará a historia. Pero poderei dar a miña opinión, supoño. En calquera caso, do Ulises de Joyce seguimos falando. E seguiremos. Non sei por que teño a impresión que de Alatriste, non falaremos dentro de corenta anos. Unha aperta moi forte.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses

  20. Igual es eso, que no conozco su idioma. Pero bueno, no es para tanto, para eso están los traductores on-line. Si no sé lo que es una "aperta" pues lo busco. Y me parece genial, por supuesto, que en su página se niegue, como parece, a hablar español, a pesar de que el receptor, en este caso yo, sea burgalés. Supongo que sus razones obedecerán a ideales muy nobles como el combatir la diglosia o lo que sea, puede. De todos modos, en Burgos a eso de contestar en un idioma que no es el común (pudiendo hacerlo en este) lo llamamos "falta de respeto".
    En otro orden de cosas, en lo de la "vendetta", como usted dice, le doy la razón, yo también creo que hay venganza, otra cosa es discutir la legitimidad de esta. Y yo creo que era legítima, pero ahí ya entraríamos en dilemas morales de amplio espectro, y no es de lo que se trata.
    Por último, le felicito por haber introducido el sutil matiz "Ya lo juzgará la historia" en su contestación, coincidirá conmigo en que entre aquello de "No pasará a la historia de la literartura" y esto, hay una gran diferencia de significado. Lo que ha escrito ahora es su opinión, muy respetable, lo que escribió hace un mes era la rotunda chorrada infundamentada de la que hablaba ayer. Saludos
    PS- No era mi intención ponerle verde, ni mucho menos.

    Comentario de Andrés Fraga hace 1 año y 19 meses

  21. No se preocupe.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.