Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿CAL É O MELLOR LIBRO DE VIAXES DE TODOS OS TEMPOS?

Unha pregunta


A Fundación Camilo José Cela di nun dos seus folletos de actividades propostas aos colexios, co gallo do 60 aniversario da viaxe, que Viaje a la Alcarria é "el libro de viajes más famoso de toda la literatura española del siglo XX".
Non sei.
Mais non vai diso a miña pregunta.
Adoros os libros de viaxes. Dalgunha maneira, este tipo de literatura, como di o topicazo, sempre nos permitiu ir a lugares exóticos sen nos mover de casa. Desde logo, moito máis interesante que visitar a través da Internet, daquela, virtualmente, outros lugares.
Agora, a miña enquisa, que hai ben de tempo que non facemos ningunha:
¿Cal é para vós o mellor libro de viaxes de todos os tempos?
Empezo eu: voto por este.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. ¡Da gusto cando encontras un bloguero que ten o seu caderno o día!
    Todos teremos bos recordos deses libros. Ese escritor era un dos meus preferidos, tamén Emilio Salgari, pro, sen dubida o que mais me gustou foi Julio Verne, con “La vuelta al mundo en 80 días” ou “20.000 Leguas de viaje submarino” eu voto por este último, fixen varias veces esas viaxes, e desfrutei coma un neno que era, de vez en cando os collo e os leo, por volver a ser neno.

    Comentario de E.F.B. hace 3 años y 38 meses

  2. A min un dos que mais me gustou foi LA AVENTURA EQUINOCCIAL DE LOPE DE AGUIRRE de Ramón J.Sender. Leínno sendo un rapaz en ainda me lembro daquelas selvas que eu imaxinaba.
    Pero se teño que escoller o que foi para min o mellor libro de viaxes de todos os tempos, sen dúbida nengunha escollo as obras completas de Pablo Neruda.
    Con él fago eu o mellor e maior viaxe que calquer explorador, descubridor ou conquistador pode facer:
    O viaxe da poesía e da palabra.

    Comentario de Rafael hace 3 años y 38 meses

  3. Non están nada mal eses consellos. Seguimos viaxando...

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  4. Para min os mellores (ou dos mellores cando menos) libros de viaxes son todos os que escribiu e espero escribirá Ryszard Kapuscinski. Son unha maravilla un tras outro. Elixiría quizais "Ebano", ou o máis actual "viaxes con Herodoto". Sen desestimar os seus artigos. A firma Kapucinski é unha marca de calidade inapelábel.

    PD.: parabens pola "polposixión" esa no top ventas do Faro. En canto remate Spam envioche unha crítica de lector adicto e miope. Saúdos.

    Comentario de larvós hace 3 años y 38 meses

  5. Agardo ansioso esa crítica.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  6. Vagabundo en África de Javier Reverte me ilusionó muchísimo, me llevó de la mano por Ciudad del Cabo, el río Congo, el Kilimanjaro... en realidad me abrió la necesidad de viajar a África, la gran desconocida, además de que me íncitó a releer El corazón de las tinieblas de Conrad...
    En fin ¿qué más puedo pedirle a un libro?

    Comentario de gaia56 hace 3 años y 38 meses

  7. Concordo, sobre todo, con Conrad.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  8. Ola, Francisco. Sinto aproveitar este espazo no que falas sobre viaxes (as que se fan co libro) para comentarche que xa lin o teu libro Spam e encantoume. Fixen a miña humilde crítica no meu blog www.blogoteca.com/xancin
    Tamén dicirche que falei un ratiño contigo o sábado no do Sarmiento e que son o que hai uns días deixouche un comentario sobre o premio (daquela asinei como sarmiento).
    Agora xa estás invitado ao meu humilde blog.
    Unha aperta

    Comentario de Xancín hace 3 años y 38 meses

  9. A emoción de descubrir outras paixases a través de libros de viaxes veu da man Conrad, Verne, Salgari, sempre, sempre lidos e admirados, sen esquecer que a miña primeirísima volta ao redor do mundo, inicieina aos trece anos unha tarde de choiva, no faiado da casa dos avós ,ao decubriren nun baúl, un vello libro titulado "La vuelta al mundo de dos pilletes" Trepidante historia de aventuras e desventuras que compartín a través de todo o ancho e longo da terra, ceo e mar, cos dous entrañables protagonistas, aínda vivos en min.
    Non considero Viaje a la Alcarria o mellor libro de viaxes, aínda que sí, un dos mellores de Cela, xunto con Pascual D. e La colmena.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 38 meses

  10. Moitas grazas, Xancín, xa recordo a nosa conversa. E grazas polo que dis de que che gustou. Moi interesantes as propostas de Amara Orzania.

    Comentario de Fracisco Castro hace 3 años y 38 meses

  11. http://www.os100tolos.blogspot.com

    Comentario de 100tolos hace 3 años y 38 meses

  12. Los viajes de Gulliver, tan fascinante, e tan pouco infantil no fodo, que merece unha relectura esquecendo todas as películas( ou case) que se fixeron del.
    E para seguir con Conrad, La linea de Sombra, que lin este verán como tratamento complementario para "o meu".

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 38 meses

  13. Gulliver é unha obra política, de infantil, desde logo, non ten nada. Conrad, marabilloso en calquera das súas obras.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  14. Peregrinaçao de Mendes Pinto (ao que chamavam Mendes Minto porque pensavam que toda a sua viagem era inventada). Encantou-me quando a lim, sobretodo pola ironia enorme, e meteu-me no corpo o gosto polas crónicas de viagens: das mais vellas, o Marco Polo; das mais modernas, é verdade, prefiro o capucinsqui que citam por aí acima. Ébano conta umha áfrica quase igual à que eu visitei mas nom sei contar. Agora ando a voltas com o Heródoto.

    Comentario de dedoscomovermes hace 3 años y 38 meses

  15. Pois teña coidado, porque a min o de Herodoto non me entusiasmou.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  16. Deus, que sarta de recomendacións tan acertadas e para tódalas edades: Salgari, Verne, Conrad, incluso a Neruda o meto no saco, e a Cela. Anoto o de Kapucinski -si, faltan letras, eu que culpa lle teño- para o futuro e deixo a miña recomendación: Álvaro Mutis, un dos escritores máis pracenteiros que lin nos últimos anos e, por dicir un libro, "Un bel morir" pode ser o premiado, pero recomendo encarecidamente ler todo o que escribiu ese home.

    Boa viaxe.

    Comentario de r.r. hace 3 años y 38 meses

  17. A Odisea. E dos libros españois do século XX, sen dúbida, Viaje a la Alcarria.

    Comentario de Pedro hace 3 años y 38 meses

  18. Desde logo, Homero, esencial.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  19. Teñoche uns cantos: ¨Cordeiro negro, falcón gris¨de Rebecca West, ¨O Danubio¨de C. Magris, caseque todos os de Kapuscinski (Ebáno, O Emperador, O Sha, ...)..., e algúns de Theroux (O galo de ferro)..., mais que non me lembro neste intre.

    Comentario de Xavier hace 3 años y 38 meses

  20. Moitas grazas polas suxestións. Desde logo, Kapuscinski gaña por goleada.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  21. A Odisea, precursor, imaxinativo, a fonte obrigatoria, necesaria e indispensable dende fai miles de anos para beber literatura das viaxes. Despois calquera viaxe físico ou psíquico dende Verne a Joyce son pracenteiros porque axudan a fuxir da realidade cotiá que tan pouco nos gusta. Boa viaxe, "viaxeiros".



    Comentario de leoncio mouriño hace 3 años y 37 meses

  22. E boa tamén para ti, Leo, xa te estrañabamos por estes pagos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  23. Sen dúbida, para min o mellor libro é La Tregua, do gran escritor italiano Primo Levi. Os que ainda non o leron, que o fagan.

    Sir Huskie

    Comentario de Sir Huskie hace 3 años y 37 meses

  24. Si, aínda que non está tan claro que ese libro sexa de viaxes. En calquera caso, unha viaxe moi persoal de Primo Levi, ata Italia e unha certa calma.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses

  25. eu si que o considero coma un libro de viaxes, pois a accion está en continuo movemento polos paises de europa do leste, maioritariamente en rusia, ademais este volume da sua biografia en concreto trata sobre a sua viaxe de regreso a italia, coma moi ben sinalaches ;)

    Comentario de Sir Huskie hace 3 años y 37 meses

  26. Por iso digo que, se o tomamos así, tamén pode ser entendido como un libro de viaxes, aínda que canonicamente se entedan outro tipo de volumes.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 37 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009