O ESTRAÑO E INÚTIL OFICIO DE ESCRIBIR
Francisco Castro - 23-10-2006 10:48:00 | Categoria: Todos os meus artigos

No seu discurso ao recoller o Príncipe de Asturias, Paul Auster ( de quen veño de rematar o marabilloso Tombuctú ) falou do "estraño e inútil oficio de escribir".
Desde logo que é un oficio estraño.
Pero non inútil.
Só pola cantidade de amig@s que me acompañaron o venres na presentación de Spam, e polo agarimo que me transmitiron os lectores de Un Bosque Cheo de Faias cando o sábado fun recoller o Premio Literario Frei Martín Sarmiento por eles concedido, só por iso, só por tanta atención, só por darme tanto, xa podo afirmar que este oficio de escribir, desde logo, de inútil non ten nada de nada.
Grazas a todos.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Habitualmente as presentacións de libros son moi aburridas. En cambio, a de Spam rachou coa norma e converteuse nun acto ameno, fermoso e entrañable. Foi todo un pracer estar alí.
Comentario de Veloso hace 1 año y 23 meses
-
O pracer foi meu. E si, estou de acordo en que o acto estivo ben, sobre todo pola presenza dos músicos, que lle deron un toque fantástico.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses
-
Parabéns (de novo) polos premios e pola presentación, que pode que estivera ben porque foi amena ou polos músicos, pero eu penso que foi un exito pola variedade de idades que alí había e sobre todo nenos e nenas ( moitisimos para un acto como este). Eu quedei contento porque pasei un bo rato cos amig@s e coñecin a Veloso en persoa (e non defraudou)
E parabéns por ese primeiro posto (no Faro, 2º na Voz) no top de ventas en galego.Comentario de Máis Alá hace 1 año y 23 meses
-
Si que foi unha presentación fermosa e divertida, e ilustrada, pero foi sobre todo entrañable, respirábase moito respecto e cariño alí. Todo. E iso non e algo doado de acadar, hai que gañalo antes, non chegaron as cadeiras, verdade?... iso non é merito só dun bo libro máis dun gran premio, é o poder dun fantástico escritor que ten o mesmo talento como persoa.
Por certo, se non lembro mal tes un post de tempo atrás que debes actualizar... agora xa es un BEST SELLER!!!. Parabéns de corazón.Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 23 meses
-
Grazas aos dous. Sodes uns esaxerados. Mais si: notei moito agarimo.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses
-
Dende logo non é inútil escribir. É máis, é absolutamente necesario. Todos temos mundos imaxinarios que revolotean con máis ou menos frecuencia nas nosas cabezas, pero non todos temos esa capacidade máxica da plasmación nun papel. Os escritores son vías de escape para imaxinación de eles mesmos pero tamén para a de todos os demais.
Non sei se puxen unha parvada, pero debe ser o que penso.
Tamén estiven na presentación, chamoume a atención a paxión do crítico (non lembro o nome), paixón fondamente sentida, pareceume.
Leeremos Spam con grande interés.
Un saúdoComentario de Turkil hace 1 año y 23 meses
-
En absoluto é unha parvada. Espero que lle guste Spam. Un saúdo
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses
-
Como me gustaría que Ribeira estivese máis preto de Vigo!!!. Terías que facer unha presentación de Spam na península do Barbanza.
Comentario de Chus hace 1 año y 23 meses
-
Sorte co libro.
(unha nova fan)
Comentario de Línea 12 hace 1 año y 23 meses
-
Oxalá, Chus. Eu vou onde me conviden. Grazas Linea 12.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses
-
Sentín moitísimo non estar na presentación de Spam, aínda que teño grandes desexos de coñecelo. Estaría ben presentalo na Coruña, onde tes tantos amigos.
Escribir, dende logo é algo extraño, é como sentirse posuido por unha rolda de espíritos: xoguetóns razoables, impulsivos, bos coma anxos, perversos coma demos... Cada un, deixa en nós as súas pegadas, unha parte de si. Nunca, pero nunca, é inútil o feito de enfrontarse a un folio e escribir.Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 23 meses
-
Concordo con esa visión da literatura. Ao respecto de presentala na Coruña, como xa dixen, eu vou onde me conviden.
Comentario de Fracisco Castro hace 1 año y 23 meses