Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

TODOS SOMOS ADICTOS A ALGO


O outro día vin na tele un debate entre Aute, Racionero e Escohotado. Falaban de drogas.
En xeral, dicían naderías.
Sen embargo, houbo unha frase de Luis Eduardo Aute ( de quen gusto moito como músico, outra cousa, visto o visto, é como tertuliano ), que me pareceu interesante e que brillou, coma un lóstrego feliz, na miña calva cabeza.
Dixo algo así como que todos somos adictos a algo, que hai quen o é a unha substancia, ou ao fútbol ou a calquera outra cousa.
En efecto.
Se por adicción a algo entendemos non ser capaces de vivir sen iso, ter necesidade de facelo todos os días ou sentirse mal diante da súa ausencia, daquela, eu son un adicto aos libros.
Droga dura.
E non quero que ninguén me desenganche.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Eu fun adicto o tabaco, e o Morcego dos meus relatos (personaxe real) e adicto a cagar de campo, esto é en calquera sitio que non sea un water. Eu tamén fun adicto moito tempo a cagar nun water específico, e costoume bastante descolgarme.

    Comentario de susolista hace 3 años y 38 meses

  2. Increíble verdad la de Aute. Un placer conocer su espacio de naufragio.Saludo!

    Comentario de ra hace 3 años y 38 meses

  3. Curiosa adicción a túa, Suso. Saúdos, ra.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  4. O malo no en o pior, o caso e non levar un golpe na cachola.
    Hay adiccions moito piores ca ler (je).
    Coido que a adicción de Suso ten que ver con o mar e con estar metido nun barco, daquela non queda mais remedio que facelo sempre no mesmo lugar.
    Supoño que agora estarás cos prolegomenos da presentación do teu SPAM e non habrás escoitado a Paul Auster no se discurso da entrega do Premio Principe de Asturias. Escoiteno un pouco e dixo entre outras cousas algo que ten que ver con este post teu. Dixo que non coñecía ningun lugar tan íntimo coma o do encontro entre o autor e quen lee. Dixo que establecese un diálogo único e que el pasou a vida en conversa con xente que endexamais viu e que sería o que faría ate o seu derradeiro alento.
    Pareceume fermoso e parecem que encaixa co sentimento desta adicción túa.
    Apertas Francisco.

    Comentario de Rafael hace 3 años y 38 meses

  5. Ten moita razón L.E Aute coas súas palabras, tod@s témola nosa adicción...

    Unha aperta.

    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 38 meses

  6. Si que escoitei o de Auster. Gústame este autor e, por suposto, o que dixo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  7. Todos somos adictos a algo, pero non podemos crer que a adicción é algo positivo, per se, unha adicción é unha enfermidade que provoca malestar en canto non é satisfeita. Pódese crer de forma errada que hai adiccións positivas (por exemplo, este caso) e adiccións negativas (drogas, xogo, sexo, etc.) mais cando a adicción vai consumindo as diferentes etapas de dependencia calquera comportamento, até o máis inocente pode converterse en algo negativo para o adicto.
    De todos os xeitos, non creo que estea vostede aínda nesa etapa.

    Comentario de X hace 3 años y 38 meses

  8. Evidentemente, aínda estou moi lonxe de chegar ao caso de Alonso Quijano.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  9. Conocian http://www.escohotado.com ?
    Me encantó seguir leyendo.

    Comentario de Francis hace 3 años y 38 meses

  10. En fin, se hai alguen que sabe do asunto, é Escohotado.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009