MARTA RIVERA DE LA CRUZ E OS ALDEANOS

Hoxe, sae no Faro de Vigo unha entrevista coa finalista do Planeta, a luguesa Marta Rivera de la Cruz. Estou convencido de que a súa é unha gran novela, chea de intelixencia e sabedoría literaria. Xa veremos. O que non parece que sexa así son as súas declaracións.
Entre outras cousas, proclama que "es aldeano y triste que se nos excluya de Galicia por no escribir en gallego", para, acto seguido, denunciar que "en Galicia se hace un auténtico vacío cultural a los que escribimos en castellano".
Non o creo. En Galicia fáiselle un auténtico baleiro cultural aos que escribimos en galego. Ela ten páxinas e páxinas de xornal de cada vez que saca un libro. E xa non digamos co Planeta. Os escritores galegos, aínda que gañen premios ben sobranceiros desde o punto de vista literario, ou ben non se lles saca, ou se lles saca un pouquiño. Por algunha estraña razón que non acabo de comprender, cada vez que se pasa por aquí calquera escritor ( incluso calquera escritor descoñecidísimo ) cun libro en castelán baixo do brazo, os xornais de aquí apresúranse a ofrecer entrevistas en profundidade. ¿Pasa igual cos escritores de Nós? Ollo que ninguén di que non llo fagan, a ela ou a calquera, pero, cando menos, á literatura de aquí, outro tanto.
Daquela, si, hai baleiro cultural en Galicia, pero quizais non coma di ela.
Tamén di que aos escritores en castelán se lles ignora á hora de dar conferencias no Día das Letras Galegas. Coido que non hai moito que comentar sobre isto. Será, tamén, polo baleiro cultural... Incluso engade que "ves a cuatro escritores que siempre acuden a estas cosas y son personas que tienen mucha menos repercusión literaria que tú". ¿Como?, ¿que quere dicir iso? Debo de ser moi ignorante porque non lle pillo o asunto...
Ao final, di que todo isto é aldeano.
Devezo por ler o libro de Marta Rivera de la Cruz. De certo que disfrutarei. E, xa verá, cando saia, os xornais, as teles, as radios, e todos os medios de comunicación demostraranlle, con páxinas, con minutos, con titulares, cun abraio absoluto de información que en Galicia, aos que escriben en castelán, fáiselles o baleiro.
Si si...
Referencias
Comentarios
-
O que contas ten moito que ver co que conto eu no meu blog. Esta é outra que solta o que lle apetece e queda tan ancha, pero o mínimo que podía facer é dar datos. Hai hemerotecas nas que pode recoller as probas necesarias. O do Día das Letras Galegas xa é de risa. Parabéns polo novo premio, seguro que ímonos fartar de verte na prensa, televisión, radio, etc.
Comentario de Máis Alá hace 3 años y 38 meses
-
eu non estou tan seguro de que a tal novela sexa unha gran ídem e todo iso. sen dici-lo contrario, penso que convén non sobrentender, nin por educación.
sobre o do baleiro cultural, non sei se non se referirá ela ó asunto de subvencións e enchufes varios en fundacións, padroados, etecé. coido que se refire ó baleiro institucional, e de portas para fóra.
Comentario de brautigan hace 3 años y 38 meses
-
Esa señora comenta no Correo Gallego: "Me duele que ninguna universidade gallega me invitase nunca a hablar". A min paréceme unha petulante engreída por moito que quedara de segunda no Premio Planeta, - que é o máis popular dos premios literarios pola cuantía económica, nada máis.
Sae nos medios de comunicación e quéixase de que lle fan o baleiro, láiase de que as Universidades non reclaman a súa presenza ( o outro día había unha manifestación en Compostela esixindo á USC unha conferencia desta grande escritora ).
Se non fora porque non quero parecer maleducado diría que esta séñora é parva.
Por último: A primeira nova da existencia desta señora tívena onte. Teño demasiados libros agardando para ser lidos por primeira vez e outros por segunda ou décima que me parece a min que a finalista do Planeta 06 non vai aparecer nas miñas mans.Comentario de bouzafria hace 3 años y 38 meses
-
Hai que ver quÉ fascista, intransixente e aldeano que me é vostede. Vaime negar acaso que en Galiza o castelán sobre unha auténtica persecución en tódolos eidos? É que non ve os perigos da profunda balcanización nacionalista que hai na nosa sociedade, onde o galego campea por doquier pisoteando a un castelán cada vez máis pírrico e ausente da realidade? Ou é que acaso me vai negar vostede como en moitísimos locais públicos en Vigo, por exemplo, a un lle poñen mala cara ao falar en castelán? Outro exemplo da nosa cidade: non ten vostede entrado na librería Casa do libro? Acaso me vai negar vostede que o que alí impera son os libros en galego (miles e miles de títulos en galego, ducias e ducias de estantes), mentres que os de castelán están ali, nun recunchiño, acinados nun triste estante???
Ustez no me tiene verghüensa ninguna. Y estoy harto de leer entrevistas suas en el Faro, que no me dice ustez cousa con cousa aun por enriba.
Comentario de Larvós hace 3 años y 38 meses
-
Vexo que concordamos todos. E, por certo, a min nunca tampouco ningunha universidade galega me convidou a falar...
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
E ven triste, o escaparate que se representa no blog (e sinto dicilo) Pregunto, un escritor ¿non é por riba de calquera idioma no que se exprese? e sobre todo ¿escritor? Se a resposta e positiva, quizais a partires de agora haxa que escribir o mesmo tempo en galego e castelán (pra evitar polémicas) e ademais absterse de calquera critica aceda a os colegas (pra iso xa están os críticos) Se a resposta e negativa, apaga e vamos, porque meteriámonos nunha liorta na que todos teríamos moito que perder, e nada que gañar, e outros fregaríanse as mans polo proveito que ían sacar.
Penso co tempo pon a cada quen no seu sitio, e non e bo hoxe, destaparse con declaracións belixerantes.Mañá volve a saír o sol, e verémonos no mesmo lugar, saudémonos con educación e con respecto.
O que hai que desterrar son as malas formas de falar, as imposicións por decreto. Quizais fora boa cousa convencer a luguesa, de que o seu idioma é o galego, convidala a publicar a súa obra na súa fala, ensinarlle o idioma se fai falta, e facerlle ver que é un orgullo, que a aldea e grande, e unha Nazón
Comentario de E.F.B. hace 3 años y 38 meses

Comentario de Bito hace 3 años y 38 meses

Desde logo, pero calquera pode sentirse, cando menos, "despistado" diante das súas manifestacións, ¿non che parece?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
Desta feita interesounos o mesmo asunto. A min, para non variar, molestoume bastante máis a actitude do Faro cás propias declaracións de Marta Rivera. Saúdos cordiais, hoxe con moita choiva en Zamora (xa era hora).
Comentario de Veloso hace 3 años y 38 meses
-
Xa lin o teu blog pola mañá. É incrible.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
Señor náufrago, vostede co seu post e mailos seus comentaristas -entre os que me conto-, acaban de aforrarme escribir no blog. O que di Larvós paréceme que é o máis axustado e acertado. ¿Que engadir a iso?
(O día que eu escriba en castelán -cousa que xa fixen e se cadra volverei facer- espero sentirme marxinado coma esta señora despois de recibir un premio como o desta señora. E ben contento de pertencer ás letras españolas, castelhanas, estatais ou como cadaquen queira chamarlle. Pero desde logo, non se me ocorrerá dicir nunca semellante babiolada despois de darme un paseo polas rúas galegas, as tendas galegas, as librerías galegas e os medios de comunicación galegos. Insisto no adxectivo por ver se de tanto repetilo pode seguir parecendo que é certo.
Saúdos.Comentario de r.r. hace 3 años y 38 meses
-
Que ninguen se moleste polo que vou dicir (o que se moleste, non vou dicir que tanto me ten, pero non podo facer nada si e así mais que dicir que non falo para molestar)
Teño certa experiencia cos periodistas en entrevistas (nada que ver con a literatura) de distintos medios. Hai frase que sacadas do contexto parecen querer dicir outra cousa, eso o sabemos todos. Non estou a xustificar nada y si e verdade que esta señora dixo todo isto querendo dicilo, poderían darlle una catedra e un Honoris Causa nuha Universidade moi petulante de Hungría o de algunha republica do Báltico (poño por caso, pola distancia)
Pero as veces as cousas non son como parecen, ainda que tres comunións seguidas son moitas......
En f¡n, eu non son escritor, nin un lector asiduo, así que a miña opinión non ten mais fundamento que a miña idea do que deben ser as cousas.
Penso que ela pode dicir o que queira, pero que deberia ter mai coidado con as cousas que di, si e que realmente as dixo.
Creo que lieime un pouco.
Comentario de Rafael hace 3 años y 38 meses
-
Francisco, ocurreuseme unha idea.
¿Dirasme que che parece?
Axudaríasme.
Graciñas.Comentario de Rafael hace 3 años y 38 meses
-
Brillante, r.r., coma sempre. Rafael: ¿que idea?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
Deixeina tirada nunha praia abandoada.
Comentario de Rafael hace 3 años y 38 meses
-
Pois menuda tipiña esta. ¿vacio? vacio faisenos os que escribimos en Galego aquí e sobre todo en Madrid. Eso por non decir aos actores, que por seren Galegos é aos únicos do mundo que se lles esixe ter acento"neutro". Manda carallo, o que hai que ver por non tar ceghos, e o que hai que oir por non tar xordos. Dan Ghanas de ghomitar.
Comentario de susolista hace 3 años y 38 meses
-
Iso do acento é algo terrible. Seica non importa que un actor andalú teña acento na tele española, pero galego, seica non.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
Concordo ó cen por cen, eu ía poñer un post semellante pero prefiro quedar co seu. Unha tipexa acastrapada que gaña algo tan amañado coma o Planeta e usa a palabra "aldeano" coma insulto xa se califica a si mesma.
Comentario de Mr. Tichborne hace 3 años y 38 meses
-
Aldeano debería de ser unha gabanza.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
depende.
Comentario de brautigan hace 3 años y 38 meses
-
"escribir es llorar" como nos dixo Larra. Pois para alguns escribir é ter recoñecementos publicos que non literarios e creo que descoñezen que o segredo da literatura é o encontro cos libros por parte do lector e non o aplauso por un auditorio dunha universidade galega.
Comentario de gustavo peaguda hace 3 años y 38 meses
-
Evidentemente. A literatura non ten nada que ver con esas pataletas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
Lendo esto non sei se rir ou chorar.
Comentario de Ghanito hace 3 años y 38 meses
-
¿POlo que digo eu ou polo que di ela?
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses