PREMIO A "UN BOSQUE CHEO DE FAIAS"

Veño de recibir a noticia de que o meu libro para mozos, Un Bosque Cheo de Faias, vén de ser merecedor do Premio Literario Frei Martín Sarmiento, como mellor libro do curso pasado na categoría de Máis de 14 anos. Terei que ir recollelo a Santiago o vindeiro sábado, é dicir, ao día seguinte da presentación de Spam en Vigo ( Casa do Libro, ás 20 horas; quedades convidados ).
Máis feliz non podo estar. Sobre todo porque este galardón é outorgado polos lector@s de 123 colexios, é dicir, o mellor xurado posible ( e o máis duro tamén ). En total, participaron no proceso de escolla dos mellores libros máis de 2000 alumnos ( Os outros gañadores foron, na categoría de 8 a 10 anos, Rivadulla Corcón co seu O elefante dunha soa orella, e de 11 a 13 anos o meu admiradísimo Moncho Caride Ogando con A negrura do mar ).
Como autor, insisto, síntome emocionado e agradecido.
Referencias
Comentarios
-
Parabéns! Non hai nada como o recoñecemento polo traballo ben feito, e se inda por riba son os propios nenos os que o din, non se pode pedir máis. Unha aperta ben grande
Comentario de Gemma hace 1 año y 24 meses
-
Moitas grazas. En efecto, é o mellor recoñecemento posible. Que sexan os propios rapaces quen me digan que a historia lles chegou.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Parabéns Francisco, alédome moito por ese recoñecemento, coido que é un dos mais estimables.
Unha aperta.
Comentario de E.F.B. hace 1 año y 24 meses
-
¡¡Parabéns, Francisco!!
Vese que o Outono séntate moi ben.
Entrei a pasada semana na Casa do Libro e case que tropezo con o teu SPAM no medio e medio da entrada.
Síntome orgulloso (orgullo san, claro) de que un autor de recoñecido prestixio deixe de cando en vez as suas pegadas nas miñas praias abandoadas.
¡¡Parabéns, Náufrago!!Comentario de Rafael hace 1 año y 24 meses
-
Este ano é este blog estan sendo unha fonte continua de alegrias para os que te coñecemos e apreciamos. Parabéns. Punto e aparte.
E sigo cos parabéns. Xa rematei Spam. Un libro que se le rápido e con gusto da man dese narrador complice que non deixa de xogar ( e ata aleccionar con retranca) co lector. De lectura rápida, que malia a dureza da linguaxe e da trama, deixa todo un fondo de reflexións como xa te dixeron, desacougantes. Non vou a dicir máis para non estragar a lectura dos que aínda non desacougaron. Só engadir o título que eu leo baixo as letras de Spam, "O libro das submisions". Punto e aparte.
E remato. Parabéns.Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 24 meses
-
Parabéns. Tal como dis, o mellor de todo é a calidade (e a cantidade) do xurado. Unha aperta.
Comentario de Veloso hace 1 año y 24 meses
-
Está que racha coa pana, e eu, alégrome.
Goce da coroa de loureiro.Comentario de X hace 1 año y 24 meses
-
Moi ben. Parabéns. Certo que é o xurado máis difícil. Grazas polo convite, se estou por Vigo tentarei acudir.
Comentario de bouzafria hace 1 año y 24 meses
-
Pois nada, grazas a todos. Polas felicitacións polo premio e polas gabanzas a Spam. Espero velos a todos o día 20. Apertas e bicos.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Estás que non paras meu benquerido sensei, Beizóns!!!!!!
Comentario de folerpa hace 1 año y 24 meses
-
Moitas grazas.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Parabéns. As dúas últimas novelas premiadas son excelentes. Goza do momento.
Comentario de Do 66 hace 1 año y 24 meses
-
Moitas grazas, Do 66, sabes o moito que valoro a túa opinión.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Parabens, chavalote. Eso da ganas de seguir bogando neste mar tempestuoso que son as letras. Bicos
Comentario de susolista hace 1 año y 24 meses
-
Celebro o éxito P A R A B E N S !!!.
A seguir triunfando...
Unha aperta grande.
Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 24 meses
-
Moitas grazas aos dous.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Que nova máis agradábel !!!. Alégrome de corazón, Fran. Unha aperta moi grande dende Ribeira.
Comentario de Chus hace 1 año y 24 meses
-
Moitas grazas, Chus. Un bico moi forte para ti desde Vigo.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Parabéns, amigo, vémonos o sábado. Son o recentemente nomeado organizador do premio Sarmiento. Simplemente dicir que os centros da fere que están no mesmo equipo de N.L. son 123 pero os que participaron foron 25 colexios. Isto non quita méritos ao teu traballo. Por certo, prepárate porque o sábado vas falar con algúns membros do teu xurado, e alí si que terás exisencias. Jejejejej
Comentario de Sarmiento hace 1 año y 24 meses
-
Pois nada. Irei ben almorzado... Ata o sábado.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
¡Noraboísima! Ah, e moita "cintura" dialéctica para esa conversacion que vas ter co xurado do premio,
. Comentario de r.r. hace 1 año y 24 meses
-
De certo que vou necesitala. Pero son profe, así que algo de práctica xa teño.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses
-
Benquerido Fran, ¡noraboa por este novo premio tan merecido! Estou desexando lelos. Unha aperta de algúns do taller de Caixa Nova da Coruña, que agora coincidimos con Yolanda Castaño escribindo poemas.
Aporveito para dicir, pois ás veces é dificil conectar co blog, que efectivamente, todos temos algunha adicción. Eu, teño tres: ler, escribir e asistir a talleres literarios, polo moito que enseñan.
En canto á finalista do Planeta, non lin nada dela, mais penso que as súas opinións son un tanto soberbias.Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 24 meses

Grazas. E disfruta do taller.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 24 meses