Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

A ESCRITORA SARAH, BELEZA NEGRA


A todo o mundo lle dá por escribir.
Sarah Ferguson, duquesa de York ( coma o xamón ), no seu día escribiu libros infantís (cobrando unha pasta gansa ), e foi acusada de plaxio.
Agora, vén de asinar un contrato co multimillonario propietario de Ryanair, o dos voos baratos que ao final non o son tanto, para escribir unha nova versión do clásico Beleza Negra de Anna Sewell.
As condicións do contrato, por suposto, de quitar o himpo. Coma se a señora fose pobre. E nin sequera ten que escribir unha historia orixinal, senón unha nova versión.
Dá gusto ser escritor sabendo que hai colegas de tanto nivel.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Non se se coñecerás este ensaio de Xosé Carlos Caneiro, tamén é escritor e tamén doutro nivel.
    A min me reconfortó lelo.
    http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Odeda...

    Comentario de Rafael hace 3 años y 38 meses

  2. Si, xa o lera. De feito, veño de rematar a lectura do seu último ensaio, no que incide moito nestes asuntos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  3. Agora xa entendo o da treboada desta noite, os lóstregos, o refachos de vento, os tornados, e os pelos electrizados que tiña está mañá. Dios, que susto!!!.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 38 meses

  4. Pois debo durmir moi ben, porque eu non me enterei de nada ( en calquera caso, como ben sabes, tampouco podo poñer os pelos electrizados )

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  5. E que aqui arriba as treboadas son como as de antes e Sarah Ferguson mete moito medo, pero xúroche que houbo treboada (o dos tornados é unha figura "literaria" de colleita propia). Por certo, seguro que unha parte dos beneficios dese libro teñen como fin axudar a algunha asociacón... un bo paraugas... para toda treboada....

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 38 meses

  6. Ou sexa, un paraugas mental. Para algunhas cousas, eu preciso un paraugas mental...

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  7. Pois que disgusto tería a literatura se a escoitásemos protestar.

    Comentario de Merlin hace 3 años y 38 meses

  8. Moi agudo. E sobre todo tendo en conta que se vai ler moito máis que outros moitos libros.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009