Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

ESCRIBIR PARA MOZOS NON É IGUAL QUE ESCRIBIR PARA COLEXIOS


Leo unha entrevista na que a escritora Laura Gallego di que non ten por que defenderse por escribir para adolescentes.
Coincidín con Laura Gallego nun par de actos e sempre me pareceu unha rapaza moi interesante e sensata.
Cómpre que entendamos, para sempre, que escribir para mozos é unha cousa e facelo para colexios, outra.
O primeiro implica facer libros para elas e para eles pero concentrándonos única e exclusivamente no que hai que aterse: a literatura, a calidade das historias que queiramos contar, a intelixencia dos lectores. O de sempre: facer bos libros.
O segundo implica escribir para os contidos curriculares, historias politicamente correctas, tentando cumprir obxectivos didácticos e toda unha serie de cousas que, sinceramente, coido que non teñen por que ter que ver nada coa literatura.
Escribir para adolescentes ou nenos non é nada diferente de escribir literatura para adultos.
Outra cousa é escribir para os profesores.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Meu benqueidio sensei vou discrepar. Eu non distingo entre escribir LIX ou para adultos, eu escribo e tiro para adiante. O meu editor será quen de decidir para quen vai.
    Por certo xa teño o libro, a cuberta e moi boa, a ver o contido ;-)
    Unha aperta.

    Comentario de folerpa hace 3 años y 38 meses

  2. Prezado discípulo: coido que o que di o meu post é precisamente iso. Que á hora de escribir hai que escribir. E punto. A ver se che gusta tanto o contido coma a cuberta. Unha aperta ( isto rima.. )

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  3. penso que unha boa parte dos escritores de por acó que algunha vez escriben literatura encadrable no grupo LIX si pensan para quen escriben. cada vez hai máis novelas protagonizadas por nenas (o autor está perigosamente atento ás estatísticas sobre índices de lectura), por exemplo, e, anque non se admita, síguese medindo con regra o potencial alcance de calquer palabra escrita, non vaia soar a cacaculopedopis.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 38 meses

  4. Pois se é así, éche ben triste.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  5. dito o cal aclaro que non ignoro as boas saída comercial e acollida da crítica que adoita ter a LIX galega. supoño que as doutros sitios non serán mellores. atopo ese procedemento calculador, si, pero supóñoo inevitable. hai xente que leva tempo clamando por un sistema literario profesionalizado e competitivo e se cadra esa é a maneira.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 38 meses

  6. Un bo amigo dicía cando se falaba deste asunto aplicado ó teatro: "Eu nunca vin unha catedral para nenos". Supoño que se lese este post diría que, aínda peor que escribir para nenos ou adolescentes (que pode ter a súa gracia e a súa xustificación), é escribir para os seus educadores. Este é o problema, que así se fai e así conseguimos ter un índice de lectura tan baixo. Cando un lector dos que, obrigados -pola forza, aclaro-, len esas cousas editadas pasa a ler "literatura" leva tal flash que ou o deixa pola Pleisteixon ou queda encganchado para sempre. E o máis doado é o primeiro.

    Concordo no de que hai que "escribir para diante", aínda que polo que me din algúns críticos, a min sáenme sempre contos para nenos, que raiba. Hai que j... :(

    Comentario de r.r. hace 3 años y 38 meses

  7. Eu diría, mási ben, que non hai que pensar moito nestes asuntos á hora de escribir, pero, por suposto, só concentrarse na producción de boa literatura ( aínda que, pola súa temática, non entre nos colexios )

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  8. Eu non só o enfocaria á hora de escribir as historias. Está claro que cando se escribe non se ten claro para que pubico vai dirixido. Ou polo menos o autor antes de comezar unha novela non predetermina que vai facer unha novela para un público determinado e despois se ciñe a ese marxe. Eu diría que á hora de ler si hai diferenza entre a literatura para rapaces e para "adultos" (Aínda que esa diferenza está moitas veces difuminada). En todo caso creo que aínda que se escriba para rapaces o que se conte ten que ter a misma creatividade, a misma calidade e a misma forza de potenciar intelixencia como o que se escriba para "adultos". Digo esto porque teño visto máis de unha novela para rapaces de 14 e 15 anos que parecía querer facer tontos a os lectores.

    Comentario de Merlin hace 3 años y 38 meses

  9. De feito, en moitos casos, tómase aos rapaces por retrasados.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009