UNHA NOVELA DESACOUGANTE
O venres presentouse oficialmente Spam en Neda. A seguinte presentación será en Vigo, na Casa do Libro o vindeiro día 20 ás 20, coa actuación, ademais, do sorprendente cuarteto Ephimere. Na mesa, canda min, Carlos Lema e Ramón Nicolás.
O acto do venres foi moi ben de público e, sobre todo, de palabras xenerosas por parte de Víctor Freixanes.
O que máis me fixo pensar foi un comentario dunha muller que collera o libro pola mañá e que o lera dunha sentada. Díxome que se sentira "desacougada".
Como Víctor Freixanes dixo acertadamente, Spam é unha novela que vai xerar debate.
Nos tempos que andamos, non pretendía menos.
( A prensa recolleuno así e así )
Referencias
Comentarios
-
Pinta moi ben o futuro desta novela. Como xa dixen anteriormente, espero que se venda moi ben e se cabe segas recadando máis premios. Intentarei lela, a verdade e que estou desexoso delo.
Noraboa e saúdos!Comentario de Manuel hace 1 año y 22 meses
-
Pois moitas grazas polos azos. O tempo nos dirá... Cando a leas, cóntame.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Eu tamén xa teño ganas de lela e contarche o que me pareceu.
NORABOA de novo polo teu éxito!!!.
Unha aperta grande.
Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 22 meses
-
Pois agardo con ansias a túa opinión. Espero que che guste. Un bicazo.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Súmome aos parabéns e agardo verte o día 20. Para entón, se non lembro mal, teremos que felicitarte polo teu aniversario, non é?
Comentario de Veloso hace 1 año y 22 meses
-
Case, case. Os 40 caen o día 27. Oxalá poidas vir.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Francisco, son soamente 130 páxinas?
Comentario de Xácome hace 1 año y 22 meses
-
(130, dixo? pensaba que a extensión mínima para ese premio eran 20 máis. nunca entendín isto das extensións mínimas.)
felicidades anticipadas por eses 40, Francisco, por se para entón non me lembrara.
das dúas reseñas, e de opinións estándar, quédome con iso que dixo Freixanes sobre os premios. penso se non debería este home meterse humorista ou algo.
Comentario de brautigan hace 1 año y 22 meses
-
Non confundan vostedes o número de páxinas impresas co número de páxinas que se envían, digamos, sacadas do ordenador. Grazas polas felicidades, pero deixádeme disfrutar o que me queda dos 39.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Xa.... máis é un premio de "novela longa".
Parabens polos 40 e polo libro, en calquera caso.Comentario de Anónimo hace 1 año y 22 meses
-
Grazas
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Que ben luce esa novela desacougante aí, á dereita dos comentarios, verdade?. Eu aínda non desacouguei, pero desacougarei... a ver se comezo a partir de mañá...
Por certo, disfruta dos 39 (ai, que noviño es!!!), aínda che queda un mundo ata o día 27, despois xa...Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 22 meses
-
A ver se che gusta a novela. Espero ansioso a túa opinión.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Parabéns outra vez Francisco, estou ben seguro que vai ser un exitazo, a pesar da reticencia de algún, pro, o que teña que sufrir sufrirá, e os que o teñamos que gozalo gozarémolo.
Estivo ben a presentación en Neda, inda que o bo, e sempre mellorable (seguro que a de Vigo, vai estar moi ben) penso que os medios, deberían ter mais e mellor representación con mais dedicación nos xornais (habería que darlle mais importancia a un premio desta categoría) seguro que calquera acontecemento deportivo ou social require mais atención e mais bombo.
O vintesete xa falaremos.
Unha aperta.
Comentario de E.F.B. hace 1 año y 22 meses
-
Grazas polas túas sempre amables palabras. En efecto, espero que a presentación do día 20 en Vigo, na que haberá música e todo, sexa un éxito.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Estes días entre unha cousa e outra ( é dicir entre que ao meu ordenador lle deu un paralís e que a túa bitácora lle costa arrincar) non puiden felicitarche. Por sorte, puiden ler o libro. Gustoume e si, pode parecer desacougante pero é o que hai, como en algunhas partes a linguaxe pode parecer dura pero calqueira que estea diante dunha pantalla sabe que está exposto a todo ese spam que non ofrece contos de Os tres porquiños, precisamente.
Comentario de Máis Alá hace 1 año y 22 meses
-
Pois moitas grazas, por ler o libro e porque te gustase. ¿Vereite o día 20?
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Home non¡¡ O día 20 vou estar en primeira fila
Comentario de Máis Alá hace 1 año y 22 meses
-
Pois grazas de novo. Pasarémolo ben.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Ola Francisco! Que graza, hoxe, estaba a ver na tvg-Europa un programa chamado Miraxes, e recomendaron ler Spam! A verdade é que como recomendación non pagaba moito a pena, o presentador ensinou a portada, dixo que acabara de saír unha novela do escritor blablabla, que era unha crítica á sociedade blablabla e cambiou de tema. Algo así como un coitus interruptus, sorte que con este blog dás a coñecer moito mellor a túa obra, que se tiveses que saír adiante coa publicidade que che fan os demais...
Comentario de Gemma hace 1 año y 22 meses
-
Non sabía iso. Aínda estou a rir polo do coitus interruptus... moita retranca para estas horas da mañá. Un bico grande. Empecei o día rindo. Xenial. Sobre a novela, se tes oportunidade de lela, agardo impaciente a túa opinión. Preséntoa o vindeiro venres ás 20 horas na Casa do Libro de Vigo. Imaxino que estarás en Barcelona. ¿Non é?
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses
-
Pois si, estarei na cidade condal. Pero se che apetece, para a próxima novela, aquí tamén temos unha Casa do Libro, en pleno Paseo de Gracia... Aínda que se vés, mellor ir a Sargadelos
E aínda que non tantos coma en Galicia, tamén temos galego-lectores, que o outro día veu Manolo Rivas a unha foliada en Barcelona, e o pobre non daba asinado todos os libros que lle daban. Comentario de Gemma hace 1 año y 22 meses
-
Sería un pracer ir aí. Ademais, Barcelona, é unha cidade abondo seductora.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 22 meses