POIS SERÁ HOXE EN NEDA
Francisco Castro - 06-10-2006 14:12:18 | Categoria: Todos os meus artigos
Como xa informei hai uns días, hoxe ás oito do serán, na Casa das Palmeiras de Neda, presentaremos o meu libro Spam, XXIV Premio de Novela Blanco Amor 2006, e que edita Galaxia. Estarei abeirado polo alcalde de Neda e por Victor Freixanes.Será a primeira presentación porque o vindeiro día 20 de Outubro, ás 20 horas, será na Casa do Libro de Vigo, acompañado por Ramón Nicolás, Carlos Lema e coa actuación do grupo de cámara Ephimere (unha marabilla, xa veredes ).
Será un pracer poder coñecer "face to face" ( case que é igual en galego que en inglés, que curioso ) aos lectores deste blog que queiran achegarse, ben hoxe, ben o día 20, polos actos de presentación.
Daquela, vémonos.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
penso que non me será posible ir alá a levarlle a contraria coma de costume, pero espero que consiga meter bastante xente no local e que ademáis escoiten, que non é pouco.
non sei se ten pensado facer máis presentacións. últimamente parece que se pon de moda.Comentario de brautigan hace 1 año y 23 meses
-
Eu quería ir, pero non poido
...pero isto é motivo de alegría, así que: alédome moito por ti!! Comentario de besbellinha hace 1 año y 23 meses
-
P A R A B E N S !!!.
Xa nos contarás como foi...
Unha aperta grande.
Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 23 meses
-
moitos parabéns tamén da miña parte, haberá que lelo, un saúdo
Comentario de Inés hace 1 año y 23 meses
-
Foi moi ben. O domingo cóntovos como foi todo.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses