ESTE BLOG É VULGAR

A última moda en Internet seica son as web exclusivas para xente guapa, empresarios e famosos. Páxinas web nas que non pode entrar calquera, nas que hai que deixar foto para que os demais te voten ou te boten.
Páxinas web supermegaguais para xente supermegaguai.
Este blog é vulgar.
Aquí pode entrar todo o mundo, ler todo o mundo e converterse en náufragos calquera.
Os pijos non estarán para nada esqueparanadatelojuro de acordo, pero así debe de ser.
Referencias
Comentarios
-
E digo eu? Este blog é vulgar e vulgariza a todos os que entramos nel, ou é vulgar porque todos os que entramos, vulgares excelsos, o vulgarizamos? Hai que matizar. Eu considérome un vulgar moi vulgar e penso que este blog non é para calquera, pero estou seguro que a ninguén se lle botaría aínda que fora guapo e rico.
Comentario de Máis Alá hace 1 año y 21 meses
-
Moi agudo, si señor.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
¡¿Qué lle imos facer Francisco?!
Xente tonta sempre a houbo. Internet, como todos os grandes inventos da humanidade, ten moitos lados negativos.
Fai algúns días, entereime de que hay xente verdaderamente obsesionada cunha recente páxina chamada www.sexyono.com
na que un pode por a súa foto para que a xente valore o grado de "beleza" que tes.
É todo unha locura por sentirse únicos, mellores e diferentes. ¿Vivimos nun mundo descontrolado? ¿ou excesivamente manipulado e non somos máis que marionetas insconscientes?
Eu quédome coa última.
¿¡Onde iremos a parar!?
Comentario de Manuel hace 1 año y 21 meses
-
Eu sempre pensei que a exclusividade ou crerse exclusivo era o máis vulgar do mundo, e mira se son Vulgar(con maiuscula) que precisamente ,neste mundo onde hai tantas miserias e tantas pobrezas, poño no primeiro lugar da miña lista a pobreza de todos eses exclusivos porque viven fóra del.
Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 21 meses
-
Totalmente de acordo cos dous. No fondo, todo isto é un problema de burremia.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
Penso que nin máis nin menos esas web exclusivas son unha prolongación das revistas corazoniles, tan cheas de aburrimento revestido de ouropel, tan vacías de contido, aínda que naden todos os que entran nela en esplendorosas piscinas construidas cun mar de cartos, cartos. Millor ser náufrago. Naufrago da canción do náufrago.
Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 21 meses
-
Graciñas por esas dúas derradeiras frases.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
Pois a min o de acceso restrinxido, como se adoita dicir, “es que ha llegao”. ¿E quen carallo lles dixo que pretendíamos entrar?
Comentario de Larvós hace 1 año y 21 meses
-
Pois hai moita xente ( cóntase na ligazón do meu post ) que se opera e todo para que lle permitan entrar.. e aínda así, rexéitanos.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
Naufraguei fai un tempo nesta canción túa.
Deus dáos e eles xúntanse, aínda neste mundo do "hiperespacio internetil".
Eu prefiro naufragar que flotar de certos xeitos.
(Por certo, son o mais guapo,o mais alto, e o mais simpático de todo-los naúfragos)Comentario de Rafael hace 1 año y 21 meses
-
Paréceme novidoso o post, lin o post, o artigo do link e os comentarios con moito interese, agora non teño tempo pero hei volver.
Comentario de X hace 1 año y 21 meses
-
Síntome orgulloso de ser vulgar, de ser un anaco do vulgo, por moi pequeno que sexa.
Recibide os meus vulgares saúdos.
Comentario de E.F.B. hace 1 año y 21 meses
-
¡Vivan os vulgares!
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-

Isto lémbrame a aquilo que dicían os guerrilleiros hespañois que collían as tropas napoleónicas cando os ían fusilar: "viva el perder".
Pois iso. Eu tamén quero o carné do clube dos vulgares. E que viva o perder.
Comentario de Larvós hace 1 año y 21 meses
-
Ollo, que este tipo de vulgaridade que andamos a defender aquí, se o pensas un chisquiño, é todo un trunfo.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
Como o comentario á fin saíu demasiado longo, fixen del un post no meu blog. Saúdos.
Comentario de X hace 1 año y 21 meses
-
Sen dúbida. A derrota da estupidez sempre é unha vitoria para a intelixencia.
Comentario de Larvós hace 1 año y 21 meses
-
Celebro e comparto esta vulgaridade...
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 21 meses
-
Grazas por ser vulgares.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
¡Ei ei ei ei eiiii!
Imos ir parando. ¡Que aquí hai moita xente que vai de vulgar e logo veslle os blogs e nada! Propoño que poñas regras, Francisco, i elimines comentarios dos usurpadores de vulgaridade.
Internet non deixa de ser un espello do que somos. A quen non negaron nunca o acceso a unha discoteca, un clube, un grupo de xente...
Saúdos.
PD: ¿Como foi a presentación de Spam? ¿Hai post ó respecto?Comentario de r.r. hace 1 año y 21 meses
-
Ola. Si hai post. Velaquí: http://rioleteo.bitacoras.com/archivos/2006/10/08/...
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
Rechíflame reatoparme coa túa vulgaridade aqui na pantalla pero aínda máis nuha aperta. Segue a ser tan vulgar.
Comentario de malola hace 1 año y 20 meses
-
Moitas grazas. Soa a gabanza.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses