Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

ROSALÍA E OS IONQUIS


O que vou dicir agora é unha explicación, metafórica, do que nós facemos coa nosa cultura.
Enfronte de onde se imprimiu Cantares Gallegos de Rosalía, iniciándose así o Rexurdimento, en 1863, hai un solar abandonado, cheo de lixo por todas partes, que é utilizado polos ionquis para chutarse a heroína. Só hai estrume, humidade, xeringas e moita, moita miseria.
En troques de adecentar a zona e convertela nun referente cultural de tal maneira que a poidamos celebrar e homenaxear como cumpriría, esquecémola. O Casco Vello de Vigo arde día si e día tamén. Calquera día arderá ese solar e perderemos, para sempre, un lugar mítico.
Pero, en fin, así somos.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Ese sería, dende logo, un grande Lugar da Memoria, peza fundacional do noso Rexurdimento Literario. Hai uns días colocamos (Concello e Liceo) unha placa na rúa de Lepanto ourensá, no edificio onde estivo a redacción de O Tío Marcos d' a Portela, de Lamas Carvajal, o primeiro xornal en galego. E non estaría mal facer un Roteiro do Rexurdimento Galicia adiante... non sería difícil e si útil e referencia para as novas xeracións.

    Comentario de marcos de auria hace 2 años y 24 meses

  2. Estou entristecido polo que contas, Francisco, e penso que un home coma ti, non pode consentir que iso ocorra. Loita, que os teus veciños da ribeira sur da Galiza seguro han axudarche, e o resto puxaremos co que podamos pra afastar esa lacra e darlle o brillo que merece.
    Non dubides do teu poder de convocatoria.
    Unha aperta.

    Comentario de E.F.B. hace 2 años y 24 meses

  3. Non había un verso de Rosalía que dicía “adios Rias/adios metadona/adios camellos pequenos/cocaina dos meus ollos/non sei cando esnifaremos”

    PD: perdón pola pallasada, pero eu estas cousas so podo tomarmas a coña. Se mas tomo en serio, ou me dá depresión, ou me dá por apuntarme ao casting de operación triunfo (e non sei qué será peor).

    Comentario de Larvós hace 2 años y 24 meses

  4. Non se que caúsame mais tristura, se o abandono do casco vello da miña cidade e seus simbolismos e historia, ou o abandono á súa sorte dalgunhos pobres que perderon o seu rumbo.
    Seguro que hai que resolver ambos tristes asuntos.
    E como metáfora do que nós facemos coa nosa cultura poderían interpretarse tamén termos como "náufrago "ou "abandonado"? Ou é demasiada presunción?
    ¡¡Sempre quedaranos A Casa dá Matanza!!

    Comentario de Rafael hace 2 años y 24 meses

  5. Concordo con todos, que remedio. O asunto é obvio de máis. Sobre o do Roteiro do Rexurdimento, é unha grande idea a que dá Marcos e que habería que poñer a andar. Sobre o meu poder de convocatoria... síntoo, E.F.B. pero para estas cousas da cultura é máis doado que consegamos que lle fagan unha estatua a un do Celta que se ocupen desas cousas dos libros. Moi bo o poema de Larvós. Neste contexto, non ten nada de pallasada. E sobre o que comenta Rafael, certo que temos a Casa da Matanza, pero non abonda.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses

  6. Cando estiven en Galicia este xullo, paseei polo casco vello de Vigo, e dá vergonza allea despois de ver Compostela e Pontevedra. Está nun estado lamentable, unha verdadeira mágoa.

    Comentario de Gemma hace 2 años y 24 meses

  7. ese solar, se entendín ben, está enfronte de onde se imprimiu Cantares Gallegos. non son de Vigo. qué hai hoxe enfronte dese solar?

    Comentario de brautigan hace 2 años y 24 meses

  8. Dá gusto pasear polo Casco Histórico de Pontevedra. Compostela, non se pode mellorar. Vigo... dá risa. E como vigués amólame moito isto. brautigan: o que conto no post. Hai unha casa queimada e medio derrubada, onde se meten os heroinómanos a picarse. Se vostede atende á prensa verá que cada moi pouco tempo se producen incendios nesas casas. Calquera día, xa verán, perderemos a antiga imprenta.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses

  9. entendera que o solar estaba enfronte da vella imprenta.
    o que falta por saber é a quen pertence o terreo, e se lle parece pouco o que Cultura ou o concello ou quen sexa estaría disposto a darlle. ás veces non se arranxan os cascos antigos pola preguiza dos propietarios. eu penso que se se lle di algo a Touriño & Quintana, en especial ó segundo, ata pode que fixeran algo. o que xa non sei é se lles compensará. polo das fotos, digo.

    Comentario de brautigan hace 2 años y 24 meses

  10. Pois a verdade é que exemplos coma ese témolos en moitos lugares, o abandono dos nosos referentes culturais urbanos non é cousa nova -na Coruña poderiamos falar de varios casos, nesa Cidade Vella a medio abandoar que temos, sen dúbida por envexa da de Vigo, abandoada de todo...

    Ademais, a nivel galego, agora estamos aforrando para pagar o pufo Gaiás que deixou o anterior goberno, e sempre dá máis publicidade este asunto por si só -se o convirten nun Guggenheim será a única forma de evitar a derrota- que tódolos detalles culturais cercanos i enriquecedores que podamos mencionar.

    Eu son dos que cre que é unha batalla que temos perdida, oxalá me equivoque, e unha vez chegados ó seu trono, os señores que acceden a un cargo esquecen moito do que queda atrás ata a próxima campaña.

    E estou con Rafael, claro, no que apunta sobre a resolución de ambos problemas.

    Saúdos e perdón pola extensión.

    Comentario de r.r. hace 2 años y 24 meses

  11. Pois está claro que a Xunta debería implicarse. Pero, como ben di r.r. a cultura que lles interesa é a das fotos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses

  12. Vigo é unha grandísima cidade, pero dende sempre faltounos os cartos dende a Xunta que parecen quedarse a meirande parte deles na Coruña e en Santiago. Aínda así, non todo é un problema de cartos, en Vigo sobranos políticos mediocres e faltanos maior interese da xente pola cidade.

    Nos ultimos dias os vigueses escoitamos moito nas noticias sobre o asunto dos presupostos do proximo ano e do problema coa situación da depuradora. Cada partido presente no concello acusa, defende y bloquea o que lle peta con tal de fastidiar ós demais pensando xa nas eleccións municipais (e aínda quedan 8 meses!!).

    Estos son meros exemplos de por qué pasa o que pasa en Vigo.

    Esperemos que co tempo a xente empeze a amar máis a nosa cidade.

    Comentario de Manuel hace 2 años y 24 meses

  13. Velaí a clave: pensar máis na cidade e menos en termos electorais...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 24 meses

  14. Impactoume o título deste post "Rosalía e os ionquis". Non tiña coñecemento da noticia e, por iso, non deixo de mostrar incredulidade e estupefacción ante os feitos que contas. Habería que facer algo para cambia-la situación: recoller sinaturas? algún manifesto na rede denunciando a situación? Un saudiño.

    Comentario de Boedense hace 1 año y 23 meses

  15. Estou de acordo en que había que argallar algo, sobre todo agora que tanto se están reivindicando os "roteiros literarios". No caso de Vigo, habería que comezar por aí.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 23 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Britney