Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

FÚTBOL E LIBROS

Sobre outra campaña de fomento da lectura que fracasará


A ministra de cultura, Carmen Calvo, explicou onte que van fomentar a lectura a través do fútbol, agasallando libros nos estadios e emitindo spots nos descansos.
Non lle negarei a boa intención, pero non servirá para nada.
Como case que todas as campañas de fomento da lectura.
Iso si: na campaña van insistir no lema Si tu lees ell@s leen, para que se entenda que a base do hábito lector é a familia.
Velaí a única campaña posible.
O resto é tirar os cartiños...

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. ¿Libros nos campos de fútbol?
    ¡¡Mi madriña, onde imos a parar!!
    OS primeiros en leélos deberían ser os propios futbolistas. Hai algún de eles que falan poruqe falaron toda a vida, dende pequenos, pero que non saben nin o que din.
    ¡¡Se Caneda levantase a cabeza!!
    Este asunto poríao "Entre a espalda e a pared".

    Comentario de Rafael hace 1 año y 20 meses

  2. Moi retranqueiro,amigo Rafael...pero moi verdadeiro.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  3. Campaña semellante ven de facela a nosa Consellería de Cultura (e Deporte) hai ben pouco. E no de que hai xogadores que non saben o que din, é certo. Tamén o é de artistas varios de arte contemporáneo, algún que outro director de museo de arte contemporáneo, galerístas variopintos, e a meirande parte de críticos e comisarios de arte contemporáneo, que non hai quen os entenda, e de feito eles mesmos non se entenden. Outros colectivos implicados en non saber o que din podería ser os políticos (canso de mais para poñer exemplos, calquera de nos coñece varios centos), moitos periodistas, cantantes de rock a morea (tamén vale para melódicos), etc... Despois de escoitar a moitos deles, por min poderían ser todos mimos. Os futbolistas son un blanco fácil, pero xa un tanto repetitivo e tópico. Penso eu.

    Comentario de Pedro hace 1 año y 20 meses

  4. Repelo o fútbol, non me gusta nadiña. Máis "Si tu lees ell@s leen" coido que si que é certeira, esperémolos resultados. Sempre hai que confiar no éxito.

    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 20 meses

  5. Interesante o que comenta Pedro. Non me decatara, pero leva razón: os ministerios e consellerías de cultura sempre o son tamén de deporte. Daquela,a asociación fútbol e libros debe parecerlles do máis normal. Marinha: que ledicia verte por aquí.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  6. En el Jardin Botánico Atlántico de Gijón se inicia, para los domingo de otoño, la actividad Leer el paisaje. Con la entrada te regalan un ejemplar de un periódico de edición asturiana y te facilitan conexión vía internet con ediciones de distintos periódicos. Además al mediodía, de doce y media a una y media, se podrá disfrutar de un recital de poesía del grupo Encadenados. n bello objetivo disfrutar del placer de leer en los maravillosos parajes del Jardín.
    No es fútbol y lectura, sino lectura y naturaleza. Os dejo el enlace con la web
    http://www.gijon.es/?valor=30528

    Comentario de gaia56 hace 1 año y 19 meses

  7. Pois para min é un slógan errado. Si, é certo, se ti les existen máis probabilidades de que eles lean pero a maioría de receptores o que pensan é, eu non leo e non me vai tan mal, por que había de ler?
    A mensaxe le para que o teu fillo lea paréceme bastante errada, a animación á lectura terá que vir de amosar o bo que a lectura ten en si mesma e non só de buscar un mimetismo nos nenos.

    Comentario de X hace 1 año y 19 meses

  8. Envidio a Xixón. X: o que pretendo subliñar é o acerto de relacionar a lectura con algo pracenteiro que ocorre na casa. Se eu leo, é máis probable que o meu fillo remate lendo.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses

  9. Perdoade pola intromisiom:

    O COLECTIVO LITERARIO SACOU (8 anos) está dando a conhecer a sua nova web, onde poderedes disfrutar de textos dos seus membros, historia e historias do colectivo, noticias culturais, revista cultural, libros, etc, etc...

    O blog em questom é o seguinte:

    www.sacou.blogspot.com

    Comentario de Colectivo literario Sacou hace 1 año y 19 meses

  10. Pois nada. Benvidos. Interesante blog o voso.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses

  11. La verdad es que fue un placer la lectura de poemas en el Jardin Botánico. Teníamos a nuestro alrededor unas cincuenta personas, al aire libre, acompañados por la guitarra de nuestro compañero Víctor leímos cada uno dos poemas de producción propia y tres poemas de Angel González y Charles Bukowsky.
    En total ocho poetas en acción y las hojas, las flores, los pájaros, el agua, los árboles... y las palabras fabricando la magia del momento.

    Comentario de gaia56 hace 1 año y 19 meses

  12. Que fermoso debeu ser. Repito: que envexa.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses

  13. Pois sí, outra campaña que fracasará. E o do hábito lector da familia é importante pero non decisivo. Na miña humilde opinión se un quere espertar a curiosidade e o interés por a lectura penso que sería axeitado un lugar onde haxa libros, por exemplo unha biblioteca escolar. E pódense facer cousas ben bonitas para que os cativos desexen coller os libros que ven nos andeis, manosealos, lelos ... Claro que para iso Educación tería que invertir en espacios para ler, en libros, ... E non sei se isto acadaría algún titular de prensa.

    Comentario de Chus hace 1 año y 19 meses

  14. Evidentemente que non. Os políticos, á hora de encetar os seus investimentos culturais, sen dúbida, prefiren orientarse cara a Cidades da Cultura, non a cousas sinxelas que, ben feitas, poderían facer moito como, por exemplo e como ben explicas, as bibliotecas escolares.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses

  15. Libros nos campos de fútlbol? Pois non me acaba de gustar a idea. A última vez que fun a Balaidos, lembro que levei un auga mineral da rúa en botella de plástico, e na porta obrigáronme a tirarlle o tapón (seica é para evitar que a guindes ao campo). Imaxínaste que Xeración Perdida se reparta en Río Alto e acabe sendo empregado como “arma arrojadiza” contra o arbitro por mor dun penalti discutíbel???
    Aínda que ao mellor é o impulso que precisa a literatura galega. Que se faga célebre polos traumatísmos craneoencefálicos que produce (iso si, a prudencia invitame a consellar que por favor, e digoo por favor, non repartan “Os libros arden mal”. Entón xa habería que lamentar mortos).
    Estes dos ministerios nótase que non teñen qué facer.

    Comentario de Larvós hace 1 año y 19 meses

  16. Aínda estou secando as bágoas do riso. Pois non estaría mal. Igual me facían pagar a min os danos...

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.