Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

LOS GIRASOLES CIEGOS


Veño de rematar a lectura do libro de Alberto Méndez, Los Girasoles Ciegos. Todo o mundo me falara ben deste libro.
Incluso con esaxeración.
Lino.
Non esaxeraban.
Son só catro relatos centrados non xa na Guerra Civil senón na represión posterior. Non desde os ollos das vítimas, aínda que algo. Non desde os ollos dos verdugos, aínda que si. Non desde a neutralidade, aínda que tamén. Non desde a toma de partido, aínda que desde logo.
É difícil de explicar.
En calquera caso, a sensación que tiven como lector desta única obra de Méndez ( publicouna con 63 anos e despois morreu sen chegar a ver o éxito que está tendo ), é que non lle faltaba un punto, unha coma... nada.
Había ben de tempo que non atopaba un libro tan ben escrito coma este.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Tal e como o describes xa da ganas de lelo. Ese libro irá para a cola de libros por ler.

    Comentario de Merlin hace 1 año y 20 meses

  2. E non te arrepentirás dos cartos investidos.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  3. E eu pensando que xa era vello para publicar un libro.

    Comentario de Máis Alá hace 1 año y 20 meses

  4. Recomendarom-me esse livrinho com urgência ("nom podes viver sem o ler; é a melhor obra sobre o 36 que lim até agora") neste verám. Fui à livraria da vila. Tinham um. Comprei-no, mas, no último minuto, decidim presenteá-lo. Encarreguei outro exemplar para mim. A pessoa agasalhada agracedeu-me mil vezes ter-lho dado (mas está no estrangeiro, nom mo pode emprestar). Seique é maravilhoso. E à livraria nom dá chegado esse segundo exemplar (é a primeira vez que nom me tenhem um livro dum dia para outro)... E agora ti também falas dele. E eu sem o ler... Ai, estas esperas...

    Comentario de dedoscomovermes hace 1 año y 20 meses

  5. En efecto, Máis Alá, a idade nunca é algo definitivo, sobre todo, como é o caso ( no de Méndez e no teu ), hai talento. Sobre o que conta dedoscomovermes, pouco que engadir. En calquera caso, que é significativo que tanta xente estea de acordo. Sobre todo se pensamos que é un libro que non recibiu practicamente ningunha clase de apoio mediático. É un deses fenómenos boca-orella que permiten aínda seguir crendo nisto dos libros, das publicacións e da literatura. Cando o leas, xa me contas.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  6. Pois tomo boa nota do aviso porque –cando menos segundo a miña opinión- o boca a boca modesto é o máis fiábel dos conselleiros (o de “modesto” indícoo porque cando o boca a boca é excesivamente vehemente, perde toda a fiabilidade –exemplo: código da Vinci, Pilares de la tierra...).

    As críticas literarias dos xornais adoitan agochar intereses extraliteraios, que poden ser motivados polos “grupos media” ou polos egos mastodónticos que con frecuencia acostuman a ter os escritores (con perdón por ousar tal xeralización nunha casa tan pouco apropiada). Un bo exemplo témolo nas recentes críticas de de Prada a Suso de Toro, que no fondo non son máis que unha “vendetta” por mor das declaracións de de Toro, cando o primeiro gañou o Nacional de Literatura, nas que dicía que o premio o merecía máis Bernardo Atxaga (cousa que, dito sexa de paso, calquera sabe que é certo). Como se di coloquialmente, de Prada tíñao “metido debaixo dun dente”, agardando a ocasión de devolverlle as puñaladas. “así somos, así somos...” que dicía a canción aquela do anuncio de Osborne.

    Comentario de Larvós hace 1 año y 20 meses

  7. Eu tamén recomendo Los girasoles ciegos aínda que sei de xente á que lle pareceu un libro demasiado "duro". Non sei o motivo pero esa edición tan coidada do texto é moi de agradecer, quizais niso si inflúa a madurez do autor.
    Un saúdo.

    PD: Todos estes días teño moitísimos problemas para ver o seu blog e cando logro velo é imposible deixar un post.

    Comentario de X hace 1 año y 20 meses

  8. Larvós: o que comentas sobre de Prada é unha demostración de como os escritores, ás veces, non se diferencias da persoa máis vulgar e máis lercha. X: tampouco eu podo entrar no meu blog nin deixar nada. Estou, literalmente, desesperado.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  9. Quizais non lle falte ao libro nada por iso mesmo que ti dis, por estar escrito desde ningun lugar.
    As veces, está a verdade na realidade máis espida.
    Só as veces, claro.
    (A de Prada e de Toro remítome)

    Comentario de Rafael hace 1 año y 20 meses

  10. Moi agudo, Rafael.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  11. A verdade é que tanto entusiasmo por parte de todos os que o leron é contaxioso, tomo nota. E aínda que se me xuntan unhas por riba de outras, as lecturas digo, o plantexamente deste libro paréceme que vai a ser moi interesante para min.
    E, por favor!! querido náufrago non se desespere, aínda que o faga literal-literariamente, o cupo de desesperados xa está completo. Non collemos. Colla turno. (Un sáudo de conta atrás)

    Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 20 meses

  12. É un libro fantástico. Tamén durísimo, deses que parece que te golpean e que tes que parar de ler para tomar alento. Non sei que conto me gusta máis pero o dos rapaces co bebé é o máis desolador que lin na miña vida.

    Comentario de María hace 1 año y 20 meses

  13. Concordo contigo Fran. Eu lino cando acababa de saír e por que mo deixou un amigo. Logo merqueino e volvín a lelo. Gustoume aínda máis. É un libro que che entra dentro non só por o que conta senón por como o conta. E resulta difícil de explicar como tí dis. Bicos.

    Comentario de Chus hace 1 año y 20 meses

  14. Pois si, concordamos todos. Algo significará. Eu quédome co último relato. Cando rematei de lelo arrepióuseme o corpo todo.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  15. Concordo totalmente coa túa opinión sobre "Los girasoles ciegos". É un libro conmovedor, pero, sobre todo, é literariamente perfecto.
    Canto ao outro asunto de debate, pareceume bastante ruín a vinganza de Juan Manuel de Prada, aínda que tamén debo dicir que discrepo na orixe do asunto: a min, persoalmente, gustárame máis a novela de Prada cá de Atxaga. Pero iso non autoriza a ninguén a empregar os xornais como se fosen coitelos.

    Comentario de Veloso hace 1 año y 20 meses

  16. Literariamente perfecto.Ben explicado. Eu pensei:quixera escribir así. Sobre o outro asunto, hai demasiados coitelos entre os escritores. Eu, persoalmente, paso...

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  17. Eu tamén o lin hai un par de meses, con moito retraso. É magnífico e o último relato unha obra mestra, sen dúbdida.

    Comentario de marcosdeauria hace 1 año y 20 meses

  18. Para min, con diferencia, o mellor de todos.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  19. Veño de rematar un traballiño que me tivo ven ocupada. Listo o asunto, agora so me queda correxir, correxir e correxir, tarefa ingrata pero absolutamente necesaria.
    Estou desexando que chegue mañá para mercar Los girasoles ciegos.Polo que todos comentades, debe ser un gran libro.
    ¡Quixera lelo xa! Lástima non ter librerías de garda.

    Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 19 meses

  20. Veño de rematar un traballiño que me tivo ven ocupada. Listo o asunto, agora so me queda correxir, correxir e correxir, tarefa ingrata pero absolutamente necesaria.
    Estou desexando que chegue mañá para mercar Los girasoles ciegos.Polo que todos comentades, debe ser un gran libro.
    ¡Quixera lelo xa! Lástima non ter librerías de garda.

    Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 19 meses

  21. De certo que o froito desa corrección ha ser fantástico. Le o libro e logo cóntanos.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses

  22. Hose o soniquete da choiva nos acompaña. Bo día para ler Los girasoles ciegos. Busqueino por varias librerías. Á tarde, sorteando as ondas que invadían o Cantón, atopeino en Arenas. Botei cinco horas mergullada nas súas páxinas. É impresionante de principio a fin. Hose a choiva é ven triste. Mesmo no asfalto húmedo se acenden melacólicas as rosas de neón.
    Un libro inesquecible.

    Comentario de Amara Orzania@telefónica.net hace 1 año y 19 meses

  23. Hose o soniquete da choiva nos acompaña. Bo día para ler Los girasoles ciegos. Busqueino por varias librerías. Á tarde, sorteando as ondas que invadían o Cantón, atopeino en Arenas. Botei cinco horas mergullada nas súas páxinas. É impresionante de principio a fin. Hose a choiva é ven triste. Mesmo no asfalto húmedo se acenden melacólicas as rosas de neón.
    Un libro inesquecible.

    Comentario de Amara Orzania@telefónica.net hace 1 año y 19 meses

  24. Sabía que ía gustarche.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.