Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

NO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS, JULIAN BARNES PRIMEIRO EN GALEGO


Rinocenronte Editora agasállanos cunha boa nova. O libro de Julian Barnes, Arthur e George chega nuns días ás librerías, traducido ao galego por Xesús Fraga, antes de aparecer en castelán.
O feito non é bo por saír antes senón porque, nos últimos anos, semella como que, en cuestión de traducións dos grandes autores contemporáneos, o Sisteme Editorial Galego compórtase con normalidade.
Unha boa nova que quero traer hoxe aquí, Día Europeo das Linguas, asunto que, por certo, pasa desapercebido nos xornais.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Un grande traballo o que están a facer sen dúbida na Rinoceronte Editora. Esta fin de semana lin Seda e, aínda que me decepcionou (pareceume espantosamente cursi e melindreira) supoño que é un sinal de normalización o que os lectores, en literatura estranxeira, tamén nos poidamos decepcionar en galego. Polo demais sigo ansioso a que publiquen A posibilidade dunha illa de Houellebecq que non o merquei en castelán so porque sei que os da Rinoceronte a van sacar en galego nas súas próximas publicacións.

    Por certo, estiven vendo a web da Casa do libro, e no top ventas en catalán sae Moure. Outra boa nova, sen dúbida.

    Comentario de Larvós hace 1 año y 20 meses

  2. Desde logo. Unha grandisima nova.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  3. Falando de traducción e de linguas ¿Que te parece a nova que si dan hoxe os xornais da aparición dun traductor Castelan Galego en internet?
    Está en http://oesi.cervantes.es/traduccion.jsp.
    Foi elaborado por una empresa catalana (¡¡Manda carallo) e presentado por o Director do Instituto Cervantes, o escritor galego Cesar Antonio Molina.
    (Evidentemente, o meu comentario no foi pasado polo traductor, o meu galego e noxento, ainda que non sei si de pasalo sería pior ou mellor)

    Comentario de Rafael hace 1 año y 20 meses

  4. Perdón.
    Puxen a dirección que viña na noticia da Voz de Galicia e ao ir a comprobala estaba mal. A correcta e:
    http://oesi.cervantes.es/traduccionAutomatica.html
    Metinlle un par de textos e sorprendinme, porque a pesar de non saber eu moito do idioma, o resultado pareceume que era moi galego.
    Xa diredes os expertos.

    Comentario de Rafael hace 1 año y 20 meses

  5. Haberá que probalo.En principio, como ferramenta, non está mal. Iso si:Para a tradución literaria vai ser necesario algo máis que meter o texto e facer clic.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  6. Non sei por que saiu aí ese emoticono...

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  7. Larvós! Non che gustou Seda? Co bonito que é! A min encantoume, pero é certo que é moi romántica, e entendo que a alguén lle poida parecer cursi.

    E confirmo o que dis de Teresa Moure, as librarías teñen todas o seu "Herba d'enamorar" (Herba moura), e non só está nos dez máis vendidos da Casa do libro, senón tamén da Alibri.

    Francisco, liches o libro de Barnes? Xa mirara as traducións que preparan Rinoceronte, pero como algúns dos libros non os coñezo e non sei se son bos (como este de Barnes), dábame medo mercalos.

    E o emoticono sairía porque puxeches os dous puntos e o pe xuntos sen espazo :P

    Comentario de Gemma hace 1 año y 20 meses

  8. Aínda non o lin. É un deses libros que está aí, agardando a que pasen outros por diante. ¡Canto hai que ler e que pouco tempo temos para facelo!
    Bicos

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses

  9. Eu, que devezo por ter o de Barnes entre as mans, recoméndovos a todos o de Arto Paassilinna "O bosque dos raposos aforcados" que editan os Rinocerontes i, en menor medida, "O conductor de autobús que quería ser Deus". E, aparte do de Barnes, espero que saquen ¡xa! o de Bohumil Hrabal (a ver se o escribín ben...)

    Coincido con Larvós na crítica de "Seda" -nada que ver con Novecento, iso si que é delicia pura- e no valioso que é poder decepcionarnos coa literatura estranxeira verquida ó galego. Pero é aínda máis valioso ver que magníficamente soa un finlandés na nosa língua.

    Saúdos. E :P XD

    Comentario de r.r. hace 1 año y 19 meses

  10. Que fermoso soa, e que necesario é...

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 19 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.