Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

CONFESIÓN DE ESCRITOR


Nos talleres literarios que imparto sempre digo o mesmo: hai que escribir todos os días, e cando digo todos, o que quero dicir é todos.
E escribir todos os días non é necesariamente prender o ordenador e seguir desenvolvendo esa novela, ese poemario, esa reflexión. Escribir todos os días é ás veces tomar notas; escribir todos os días é ás veces tachar no papel o que escribiches na véspera e que che parecía xenial e que, decididamente, non vale para nada; en definitiva, escribir todos os días é vivir coa cabeza enchufada á literatura.
Eu, desde logo, non chego ao nivel do escritor inglés Anthony Trollope que escribía ( e publicou, claro, máis de 50 libros ), un mínimo de 3000 palabras ao día.
Pero escribo todos os días.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. O problema ven cando se tachan máis palabras das que se escriben porque non hai xeito de sacalas da cabeza e darlles un aquel literario con sentido. Eu teño unha amiga que anda ás voltas con iso, e di ela que é terrible porque escribir é a constatación física das súas limitacións intelectuais. (A miña amiga é un pouco prosma). Chegado a ese punto xa se pregunta se o feito de escribir a fai feliz ou infeliz, para dicir de seguido que hai días dunha cousa e outros da outra. Entón vai e mete o tópico da necesidade polo medido de todo e no me queda máis que preguntarlle, de que?. Sempre remata encollendo os ombros, desespérame, pero aí está, escribe todos os días e tacha e toma notas sen saber porqué. Non entendo á xente que escribe, e visto o visto alédome de que a min nunca se me dera por aí.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 39 meses

  2. O problema ven cando se tachan máis palabras das que se escriben porque non hai xeito de sacalas da cabeza e darlles un aquel literario con sentido. Eu teño unha amiga que anda ás voltas con iso, e di ela que é terrible porque escribir é a constatación física das súas limitacións intelectuais. (A miña amiga é un pouco prosma). Chegado a ese punto xa se pregunta se o feito de escribir a fai feliz ou infeliz, para dicir de seguido que hai días dunha cousa e outros da outra. Entón vai e mete o tópico da necesidade polo medido de todo e no me queda máis que preguntarlle, de que?. Sempre remata encollendo os ombros, desespérame, pero aí está, escribe todos os días e tacha e toma notas sen saber porqué. Non entendo á xente que escribe, e visto o visto alédome de que a min nunca se me dera por aí.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 39 meses

  3. Porqué sae o meu comentario dúas veces?. Porqué? Porqué?

    Comentario de Rosa Velenosa(Rep) hace 3 años y 39 meses

  4. Yo, que no soy escritor, ni poeta, nin farrapo de gaita, procuro escribir todos los días algo. A veces, escribo en el aire, en el suelo, en los cristales, en la lluvia, en una cara, en un ruido, en un recuerdo que tengo o perdí.
    Escribo (como la amiga de Rosa Velenosa) por necesidad. ¿Necesidad de qué? ¿Porque escribir?
    Lo escribí hace un tiempo:

    ¿POR QUÉ ESCRIBIR?

    Yo escribo persiguiendo la vida mientras la vida se escapa.
    Yo escribo buscando la vida,
    la única que se que nunca voy a perder.
    Yo escribiré siempre,
    hasta el día en que,
    totalmente vivo,
    me muera.

    Rafael
    5 de Abril de 2006

    Comentario de Rafael hace 3 años y 38 meses

  5. Bo final para o poema. Moi fermoso, Rafael. A ver, Rosa Velenosa: ¿por que sae dúas veces o teu comentario? Porque é moi importante o que dis... ( aquí risas: en realidade, é porque este blog vai como vai a nivel técnico, é dicir, non vai, e pasan esas cousas. Sinceras desculpas... E, por certo, póñase vostede xa mesmo a escribir... non disimule... )

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  6. Pois eu tamén escribo todos os días aínda que non sempre enriba do papel. Moitas veces o que escribo queda arquivado nos estantes das profundidades da mente para quitalo de aí cando sexa oportuno.
    As notas inconclusas escritas en riba do papel son máis importantes do que parecen. Esas notas van a guiar o que despois escribas e van a determinar se o escrito é válido ou non.

    Comentario de Merlin hace 3 años y 38 meses

  7. hai quen escribe e publica en papel hixiénico, incluso.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 38 meses

  8. "Nulle dies sine linea" o antigo dito do escultor grego Apeles, faise aquí rigoroso.
    Fai uns días que non son capaz de entrar na túa blog, cousas dos servidores, supoño.
    unha aperta

    Comentario de SZ hace 3 años y 38 meses

  9. Seica todos escribimos igual, independentemente do tipo de papel... Si, SZ, este blog ten problemas sempre. Desculpas.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  10. ESCRIBIR/VIVIR

    Escribir palabras en el papel
    Escribir soledades en las nubes
    Escribir sentimientos en mi corazón,
    Escribir amores en mi piel, en tu espalda,
    Escribir impulsos en las olas rojas de la noche
    Escribir pasiones en mi océano de sábanas azules
    Escribir mis imágenes en el nitrato de tus ojos negros
    Escribir apoyos en las manos solidarias que me asisten

    Vivir imágenes fabricadas en el papel que ahora experimentas.
    Vivir el apoyo compartido en mi océano de sábanas azules
    Vivir impulsos en las manos solidarias que me asisten
    Vivir soledades en las olas rojas de mis noches
    Vivir amores en el nitrato de tus ojos negros
    Vivir pasiones en mi piel, en tu espalda,
    Vivir sentimientos en las nubes
    Vivir palabras en el corazón

    Carmen Sánchez.

    Yo intento escribir todos los días, en papel, servilletas del café., en mi cuaderno. Pero, a veces, no sé si aprendo todos los días o voy marcha atrás.

    Comentario de gaia56 hace 3 años y 38 meses

  11. Este blog vén de quedar moito máis bonito grazas á curiosa forma deste poema.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  12. Escribir y vivir tienen algo de flecha de punta de lanza, de lanzarse, de avanzar.. no?

    Comentario de gaia56 hace 3 años y 38 meses

  13. É obvi que si. Escribir é avanzar cara adiante. O mesmo que vivir.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  14. Escribir é facer una viaxe polo noso interior. Vivencias, soños, fantasía, invencións, todo, todo abroia nese íntimo percorrido. Cara adentro, levamos tantas cousas gardadas...Os dedos corren áxiles polo teclado do ordenador. Estamos a costruír a musicalidade do verbo. De cada xema, en contacto coas teclas van xurdindo letras que conforman palabras, palabras.
    Escribir, sí, correxir, sí, escribir, si, sí, e esquecer que un mundo real con ollos de curuxa, está a espreitarnos ahí, detrás de nós, para espatarnos os soños, para roubarnos a maxia.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 38 meses

  15. Gústame iso de que escribir é facer unha viaxe por dentro de nós. A cada libro meu que sae decátome máis diso: de que non facemos outra cousa que falar de nós.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  16. ESCRIBIR/CREAR/CRER

    Seica a alma é pomba áurea
    Que a neve ten a mirada xeada
    Co arrecendo das rosas é alugado
    Que o distante é cercano
    E visible todo o invisible
    Que a conciencia prendese da inconsciencia cun pequeno imperdible
    Que o insustancial é o que ofrece máis sustancia
    Que os suspiros, son asubios da plenitude que levamos cativos
    Que a lentitude vai moi a présa
    Que a transparencia é turba
    Que a auga afoga aos borrachos,
    anfibios do viño amargo.
    Etéreo, pesado,distante, cercano, lonxano,
    Prisma desequilibrado, descomposto, desacompasado.
    E non me pidades máis elucubracións enaxenantes,viscerales, de palabras banales. Tan só afirmo que, CREATIVIDADE é a arte de abrir as espitas da mente por calquer vertente.
    Quen non saiba
    pensoñar
    co corazón
    a cabeza,
    o sexo,
    figado ou riñon.
    Cos pés
    as mans ou a sen razón
    NUNCA, PERO NUNCA
    saberá crear nada
    absolutamente
    AUTÉNTICO.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 38 meses

  17. Imposible dicilo mellor. Fermosísimo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  18. Hoxe encóntrome moi ledo de ler o teu blog Francisco, a pesares que a túa confesión, séntoa na cerne coma unha bronca merecida que me votaras.
    Atopar poetas da categoría dos que ornan esta páxina, poemas coma os que nestas oras se escribiron, non é flor que se abra tódolos días, inda que algún semella non sabelo, (Rafael, que por certo non é seu primeiro poema) unha ledicia ler a “gaia 56” ou a fermosura que puxo “Amara Orzania”
    Apertas

    Comentario de E.F.B. hace 3 años y 38 meses

  19. Sen dúbida, entre todos, o blog consegue ser máis interesante.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  20. Eu engadiría, náufraguiño noso, que ademáis o escritor, o día que non escribe, síntese como que lle falta un algo. Non sei dicir se é pola parte da fame, da resaca, das tripas ou xusto por baixo da pelambre (quen aínda a teña), pero hai unha toupeiriña. "Escritor que non escribe=señor/señora con mala cara", decir proverbio chinés.

    (Vaia post máis interesante e fermoso che están axudando a facer por aquí arriba, sinto ter sacado o lado pallaso).

    Comentario de r.r. hace 3 años y 38 meses

  21. Desde logo, os lectores deste blog son impagables. Estou moi de acordo co que ves de sinalar: este é un dos post máis brillantes de todos cantos se levan publicados aquí. E non é mérito do náufrago, senón do resto dos navegantes.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

  22. Hola, uns comentarios moi interesantes, encantoume o de "vivir coa cabeza enchufada á literatura", é certo que a escritura ábrenos a outra dimensión gracias á que conseguemos coñecernos mellor, e unha vez que "subes ao carro" xa non podes baixar e o acabas vendo todo con ollos de "literato", pero é un arte tan difícil...

    Comentario de Inés hace 3 años y 38 meses

  23. Por iso, polo difícil que é, o mellor é teimar, e teimar, e teimar...

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009