LIBRO ABERTO A DESHORA

Hoxe volve á Televisión de Galicia o programa Libro Aberto.
Despois de moitos anos de pedir un programa de libros na nosa televisión, por fin o disfrutamos... máis ou menos.
A calidade do espazo non deixa lugar a dúbidas. O formato, os temas, a maneira de tratalos, os colaboradores... non hai pegas. De feito, cando rematou a súa primeira tempada, os datos de audiencia resultaron sorprendentemente positivos ( digo "sorprendentemente" porque, a priori, os programas culturais non espertan o fervor das masas ). Digo máis: Libro Aberto é, de todos os programas de libros que se emiten en España, o que máis audiencia ten de todos.
Daquela, agora, a pregunta: ¿non habería maneira de que o emitisen a unha hora lóxica? O programa de hoxe está previsto para a... ¡1,40!
Penso en Alalá, o magnífico programa sobre música tradicional que nos pasan sobre as dez da noite os mércores. Funciona. ¿Por que non facer outro tanto con este Libro Aberto a Deshora?
Referencias
-
Man i love reading your blog, interesting posts !
Referencia de Lilian Garcia hace 2 años y 24 meses
-
[...] xa chamaramos a atención sobre o alucinante que era que ese programa fose sempre de madrugada e entre semana. Nunca a unha hora normal. A esa hora normal, Luar. O programa de libros, non.
Gusto de Libro Aberto, paréceme un bo programa de [...]
Referencia de A canción do náufrago » Arquivo do blogue » ESCURO, INVISIBLE E CASE NEGRO hace 2 meses y 1 día

Comentarios
-
Outro tanto pasa con “Redes” de Punset. A manía que teñen de poñer os programas culturais a horas imposibeis fanme pensar que, máis que unha verdadeira sensibilidade cara a cultura, o que fan os “políticos progresistas” non son máis que actos testemuñais para que non se lles note tanto como aos outros que se pasan a cultura por… aí mesmo.
Non sei se me paso de mal pensado, pero cada vez máis o asunto cheirame a iso. Por outra banda creo que tres cuartas partes (e igual me quedo curto) do parlamento galego non superarian unha proba de redacción en lingua galega de nivel segudno de BUP. Se arrean tantos castelanismos por escrito como o fan oralmente, desde logo que non.
Comentario de Larvós hace 3 años y 38 meses
-
En calquera caso, mellor que haxa programas culturais aínda que sexa por "lavar a cara"a que non os haxa, pero, iso si, que non sexa algo testemuñal. Sobre o que dis dos parlamentarios, por suposto:non habería nin que facerlles o exame.Sería tirar papel sen necesidade.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses

non sei se os horarios dos programas os fixan os políticos. penso máis ben que a programación máis ou menos cultural, igual cás boas películas, van a unhas horas das que non se agarda que dean unha audiencia satisfactoria. a 2 de TVE é seguramente o canal en aberto máis cultural e tamén dos menos vistos. TVG xa tivo non hai moito programas deste tipo en horario de sobremesa.
Comentario de brautigan hace 3 años y 38 meses
-
Coincide vostede con Brétemas no asunto de hoxe.
A verdade é que é de pena, pero sendo benvolentes podemos supoñer que se trata dun desaxuste ou dun despiste...Comentario de r.r. hace 3 años y 38 meses
-
O feito de que non se esperen audiencias millonarias non debería ser problema para poñelo nun horario no que si poida xerar esa audiencia importante. Sobre o que di r.r. evidentemente non sempre é a esa hora, pero deberían coidar o asunto un chisquiño máis.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
Desde el país vecino, enhorabuena por el espacio de libros, aunque la verdad veo casi nada... pero si estos espacios interesantes tuvieran horario normal me tendrían más de espectadora. Por cierto el tema es comercial simplemente.. a las 10 de la noche no tendría patrocinadores probablemente.
Me gusta tu blog, lo pasearé.Comentario de gaia56 hace 3 años y 38 meses
-
Moitísimas grazas. Sen dúbida, levas razón no do asunto comercial. Pero a experiencia demostra que case que calquera espazo televisivo, ben traballado, resulta comercial.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
Coa TVG existe un engadido “especial”. Se non me trabuco, foi literalmente fundada como unha ferramenta de normalización da lingua e cultura galegas. Polo tanto penso que, máis aló de criterios comerciais, é xusto esixirlle moitísimo máis do que agora se fai pola literatura galega. Simplemente recurrindo aos seus principios fundacionais máis elementais.
Comentario de Larvós hace 3 años y 38 meses
-
Desde logo, naceu con ese propósito. Outra cousa é que a TVG tamén é víctima do "share". Pero non debería...
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses
-
Me acordé de una parodia que, sobre la composición de música para televisión por Johan Sebastian Mastropiero, hacen Le Luthiers. Se llama LA TANDA y en ella el narrador invita a la audiencia una programa cultural:
"Vean CULTURA PARA TODOS en su horario habitual de las tres de la mañana"
¿Tendrá algo que ver que estos genios de Le Luthiers son argentinos, que Buenos Aires es la quinta provincia y el programa LIBRO ABERTO se emite en Galicia?
¡¡Quien sabe!!Comentario de Rafael hace 3 años y 38 meses
-
Pois aínda vai ser por iso...
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 38 meses