1500 LIBROS
Francisco Castro - 15-09-2006 13:40:45 | Categoria: Todos os meus artigos

A miña novela Spam xa está no prelo e, xa que logo, axiña estará nas librerías. Cando estaba escribíndoa entendín que tiña que documentarme sobre algunhas cousas e cheguei a manexar nin máis nin menos que ¡catro libros!
As admiracións son porque acabo de ler que Gustave Flaubert, para escribir Bouvard et Pécuchet, utilizou 1500 libros.
Teño aínda moito que aprender sobre documentación.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Depende dos libros: Se un dos teus fora a Enciclopedia Británica terías cumprida documentación. Un amigo meu - poeta - conseguiume a moi bo prezo unha enciclopedia británica do ano 56, despois regaleina no seu cumpleanos a alguén que quixen moito. Agora, ás veces, lamento aquela decisión.
Comentario de bouzafria hace 1 año y 20 meses
-
Non me estraña. Eu agasallaría só con libros repetidos. Niso podo ser moi radical.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Si. Xa levo regalados seis ou sete "La vida: instrucciones de uso", de Georges Perec. Encántame, non só o libro, tamén o autor.
Comentario de bouzafria hace 1 año y 20 meses
-
Os meus libros son como os parques naturais; patrimonio da humanidade. Podo deixar que lle boten unha ollada, ou, en casos especiais e con grande ansiedade (cousas da amarga experiencia...) emprestalos, pero de agasallar con eles nada de nada. Sempre é mellor mercar, sae máis barato.
Ben. E agora o importante: Don Francisco Castro avise vostede con tempo para a presentación de Spam en Vigo. Documentación, documentación, que non é o meu.
Como pasa o tempo!, hai nada celebrando o premio e dentro de nada celebrando o libro, e....
Ai, mira como chove!!!!. Haberá que ir facendo provisión de parabéns, non?Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 20 meses
-
... Iso pasa porque mira ti con quen vas comparar. Norabora pola publicación, oxalá a merquemos moitísimos. Comentario de r.r. hace 1 año y 20 meses
-
Eu coido que si que hai un caso no que hai que agasallar libros, como fal bouzafría. Refírome aos famosos "cumples" dos pequenos. Eu teño fama de prosma porque, independentemente do xoguete ou da cousa que teña a ben comprar, sempre, sempre, meto un libro polo medio. A ver se, aínda que sexa por casualidade, o neno homenaxeado ao final le. Sobre o que di Rosa Velenosa, algún día haberá que investigar sobre o costume que teñen algúns individuos de pedir prestados libros ou discos e nunca, digo ben, nunca, os devolven. Por suposto, teredes cumprida información neste blog sobre a data de presentación en Vigo. E si, r.r. oxalá ao libro lle vaia ben.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
No meu caso non utilizo uns libros en concreto para documentarme e despois escribir, aínda que tamén sería interesante. Eu leo os libros que veñan, quédame dentro a mensaxe de cada un e despois, a partir de ahí, desenvolvo a idea sobre a que vou escribir. Así faise todo progresivo xa que todos os libros que lin dende o principio forman parte do meu tesouro persoal.
Comentario de Merlin hace 1 año y 20 meses
-
Desde logo, e iso sempre fica aí, coma un sedimento do que se pode tirar moitísimo proveito. Sen embargo, ás veces documentarse é inevitable. Eu publiquei hai anos un libro que transcorría na selva do Perú no século XVI. Foi necesario ler cousas sobre aquela época para non dicir outras que fosen ilóxicas. Se tes que falar das partes dunha armadura, por exemplo, ou do que comían os soldados nas Américas. Refírome a iso.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Neses casos estou totalmente de acordo en que é imposible escribir algo sen documentarse.
Comentario de Merlin hace 1 año y 20 meses
-
Porque se non, ademais, é moi doado meter a gamba dunha maneira irreparable...
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses