Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

O LIBRO DA EGOÍSTA / EL LIBRO DE LA EGOÍSTA


É un motivo de ledicia grande saber que a obra de Yolanda Castaño, O Libro da Egoísta, editado por Galaxia, e para min, a súa mellor obra, vai ser publicada en edición bilingüe pola prestixiosa Editorial Visor.
Cada vez que un libro de Nós é traducido a outras linguas, atopamos motivos para a felicidade. A literatura infantil e xuvenil hai anos que navega por eses mares con máis ou menos fortuna. Na narrativa para adultos, as traduccións son honrosas excepcións. Mais, en poesía, case que nunca se consegue.
Xa que logo, este Libro de la Egoísta ( ignoro se este vai ser o título en castelán ) alédame profundamente.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Es bueno que la cultura se disfrute universalmente, no deben existir fronteras para su transmisión.

    Comentario de bradomin hace 3 años y 39 meses

  2. Si, pero hai culturas que o teñen moito máis difíciles cá outras. En calquera caso, estou de acordo contigo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  3. Pois oxalá que Yolanda Castaño poida acadar o éxito tamén en castelán. Desde logo a estética non lle falta, e iso tamén é importante. Recoñezo que aínda non merquei ningún libro dela, e de poesía non entendo nada, mas tiven ocasión de baixarme algúns dos seus poemas do ciclo das Erofanias lidos por ela mesma da Biblioteca da Cultura Galega Virtual creo que era e non está nada mal a súa poesía, a verdade.

    Comentario de mendinho hace 3 años y 39 meses

  4. Ademais Yolanda recita moi ben. Persoalmente recoméndoche o libro do que falo no meu post. Para min é o mellor da súa obra.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  5. Gustoume atopar este post no seu blog. Ultimamente case que é politicamente incorrecto pronunciarse a favor desta escritora á que lle saen críticos de debaixo das pedras.

    Comentario de X hace 3 años y 39 meses

  6. Lei alguna cosa de Yolanda Castaño en su página oficial.
    Me alegro de que, aunque haya caido en desgracia, triunfe la poesía.
    Saludos.

    Comentario de Rafael hace 3 años y 39 meses

  7. Un dos exercicios que mellor se nos dá, seica é poñer a parir aos demais. A min gústame a escrita de Yolanda Castaño. E é a miña amiga, ademais. Pero aínda que non o fose, non importaría para nada ese asunto. O que importa é a calidade poética ou non dos seus textos. E sobre iso eu non teño dúbidas. Se é politicamente incorrecto ou non, a verdade, tanto me ten. Se a alguén lle gusta como escribe Yolanda Castaño e non o di porque a moda seica é outra, daquela, ¿que clase de criterio pode ter esa persoa? A min alédame o teu comentario, X. En efecto, Rafael, na súa páxina podes atopar unha boa selección do seu traballo. Agora, achégate aos seus libros.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  8. cómo? quén caeu en desgracia, a poesía ou Yolanda Castaño?
    creo que ela é criticada por considerarse que en Yolanda Castaño hai un 99 por cen de imaxe e un 1 por cen de poesía, cunha marxe de erro do 1 por cen. eu non sabería dicir, a poesía non é o meu forte, pero estas cousas sempre semellan esaxeradas.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  9. Unha preguntiña, brautigan: ¿que libros de Yolanda Castaño leu vostede? Estaría moi gustoso de coñecer a súa opinión. Por outra banda, non son capaz de imaxinar que os lectores de Yolanda Castaño o sexan pola súa imaxe. Non sei, faiseme raro.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  10. pois por iso digo que non podo emitir unha opinión, eu non leo poesía, entre outras razóns porque é un xénero especialmente elitista. nunca sabe un por onde collela.
    pero críticas fortes recíbenas moitos outros e non poñerei arrobas no sitio de oes. se queredes falar dunha muller, pois á Herba moura de Teresa Moure acánballe de zumbar ben no Cartafol de Libros de Vieiros, por exemplo. neste caso eu opino que o autor do artigo leva algo de mala leche, pero a novela transmíteme tan pouco coma a el.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  11. A min Herba Moura gustoume moito. ¿A crítica? A todas luces esaxerada na intencionalidade última. Eu coido que a crítica é outra cousa.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  12. Con respecto ás críticas que citades a Yolanda Castaño so cabe dicir unha cousa (ao igual que as que lle caen a Moure ou a Ameixeiras): a maioría delas non ten nada que ver co literario. Os tipos confunden o touciño coa velocidade e, porque os personaxes non lle caen ben, resulta que tampouco lle gustan os seus libros. Vamos: todo un ejercicio de empanada mental.
    E do foro de “arroutadas”, onde seica se dan cita os “crea-polémicas” nacionais, a verdade é que o nivel é simplemente para botarse a chorar. Peido-cada-cu. Parecen catro macarrillas de quince anos ao redor dun futbolín. En fin.

    Saúdos a todos logo da miña dilatada ausencia.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 39 meses

  13. Non sei de onde se quita que a poesía é da elite. A poesía haina que coller como veña ou como lle pareza ao lector que ven. E en todo caso se a poesía fose da elite a narrativa e os demáis xeneros seríano tamén xa que eu non atopo grandes diferencias en tanto á dificultade de ler un xénero ou outro. Todo é simplemente cuestión de practica.

    Comentario de Merlin hace 3 años y 39 meses

  14. Se Yolanda Castaño non fose unha muller, unha muller que aínda por riba se atreve a ser todo o feminina que lle peta ou que se sinte, e que aínda por riba está orgullosa, e que aínda por riba ten talento, sería tan criticada? Eu teño moi claro que non. E coido que iso é o que proe aínda en moita xente (homes e mulleres), se non, non lle vexo sentido a mesturar cuestiones de imaxe co valor literario dunha obra. O aspecto dunha muller é unha diana facil,todos os séculos de educación sexista que levamos ás costas facilitan que a tirada sexa certeira. Neste caso algo de todo isto hai. As ministras(por exemplo) e mulleres cunha vida de cara ao público, ven deseguido que cando non quedan recursos para rebater as linguas afían contra a súa pel. De muller. Por suposto. Triste. Moito.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 39 meses

  15. A ver: hai poemas en "Elevar as pálpebras" que son certamente interesantes, e iso que se escribiron con dezaseis ou dezasete anos; hai outros, claro, que eran aínda inmaturos. "Delicia" avanzaba por camiños xa preanunciados no seu primeiro libro, e igual ocorría con "Vivimos no ciclo das erofanías" e "Edénica", onde o musical e o erótico alcanzaban un empastado por veces xeitosamente logrado. Pero coincido contigo, Francisco, en que a súa mellor obra é "O libro da egoísta", pois aí é onde a autenticidade na prospección do eu revela os mellores froitos, en ocasións mesmo cruelmente autocríticos, pero sempre lucidamente reflexivos.

    Dito o cal, teño que darlles a razón aos colegas do blogmillo que opinan que a imaxe pública de Yolanda é a un tempo o seu sinal de identidade máis recoñecible pero tamén o pararraios que terma das máis tremendas lostregadas, pero o que debe xulgarse non é a súa aparencia, nin sequera a súa persoa, senón os seus textos. E aí, coma tantas veces pasa, hai de todo, algunhas cousas boas e outras tantas non tanto.

    Comentario de O vixía hace 3 años y 39 meses

  16. Concordo con todas as novas intervencións. Seica todos os que aquí opinamos entendemos que o que ten que ser tomado en conta é o texto por riba de calquera outra cousa. Sobre os que xeran polémicas absurdas... en fin, pobriños... quixera saber ( e sinto se o que vén de seguido soa pedante ) é cantos deles serán de escribir algunha vez un libro... ou unhas liñas que non sexan un exabrupto.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  17. creo eu que Yolanda Castaño recibe algúns raios deses que din por aí no seu pararraios porque pode semellar demasiado preocupada pola súa imaxe, léase esnob ou superficial. eu non creo que sexa para tanto (ou para tan pouco), pero a outra xente pode parecerllo. de calquer xeito, concordo na evidencia desa parcialidade, por se fora pouco poñerse a xulgar a alguén.
    non concordo en que as leve por ser muller. poetisas hai bastantes por acó e case ningunha recibe tanta atención para ben ou para mal.
    e ós homes pode pasarlles outro tanto, non libran por selo. estou pensando nas que lle caen a xente coma Caneiro (o de Jaureguizar con el deu moito xogo polos foros adiante) ou Juan Manuel de Prada, e só digo dous.
    por outra parte, Yolanda Castaño meréceme respeto por non participar desa moda mediática que reclama féminas que solten cantas burradas mellor. hai outras que mesmo pagan a luz a base diso.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  18. Sen embargo, eu nunca escoitei que se falase de asuntos "físicos" ou do aspecto dos autores que menciona.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  19. porque non se percibe neles esa presunta preocupación estética. pero quero dicir que non se salvan dos paus por afeitarse cada mañá.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  20. Quizais sexa por iso mais, en calquera caso, coido que un lector intelixente sabe distinguir perfectamente entre ámbalas cousas.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  21. Al final parece que siempre se acaba hablando de lo mismo. Defensa o ataque el tema es la actitud extraliteraria de la autora y su repercusión. Ni siquiera sé si es realmente "extraliteraria" para ella ya que juega a que su imagen sea también su obra y me parece buena idea aunque claro, polémica (no hay que desgarrarse el pecho tampoco por alguna que otra crítica). La gente es desconfiada ante un supuesto "vendedor" hombre o mujer; venda lo que venda. Quizás reconozcan esta actitud más en ella que en Suso de Toro y no porque éste sea un hombre y aquella una mujer sino porque su actitud a la hora de presentarse es mucho más teatral (e insisto, a mí personalmente me parece bien).
    En cualquier caso esto a mí no me preocupa, yo me entiendo con la poesía no con los poetas. Conozco bien su obra y diré que sus primeros libros de poemas eran curiosos teniendo en cuenta su edad (aunque no estaban maduros para ser publicados en absoluto). Parecía encontrar un ritmo interesante, ciertos giros algo sofisticados para una principiante, candidez de más, claro, la juventud. Repitió la fórmula, despojando poco a poco aquella retórica, aquel orden para ser más directa y clara y no creo que resultase bien pues simplemente "despojó" pero le faltó invención formal. Vivimos no ciclo... me pareció algo vulgar en cuanto a que decidió extender el erotismo y exagerarlo, casi explotarlo y nada más, no había nada más que un erotismo sin erotismo vaciado sin querer a sí mismo. Este libro (vivimos...) se proyeccta en parte en la claridad temática que tiene El libro de la egoísta que además tiene, en algunos momentos, leves retazos de estar mas trabajado el aspecto formal. Y este aspecto formal es en realidad su telón de aquiles. La forma, a la que ella da tanta importancia, creo que es precisamente la que más tiene abandonada pues tiene cierta tendencia a ir a lo que le parece fácil y se nota en el poema que adolece de pulsión poética, falta de nervio y por tanto falta de interés. El contenido de sus poemas puede parecer algo más complejo que en sus anteriores libros, cuya temática no deja de ser de mira estrecha, sin embargo no acabo de ver autenticidad, ni profundidad. Su mundo apenas está esbozado, no hay sorpresa, falta "mirada" y me temo que la prisa con la que los medios la llevan de aquí para allá no la ayudan. En mi opinión para haber sido medianamente buena poeta (digo esto para los que puedan gustar de su obra pues en mi caso tras conocerla bien diré que personalmente no le encuentro talento ni intuyo que tras su obra exista un mundo por descubrir, ni un modo tolerable de contarlo) no debería haber publicado tan joven, tuvo que madurar a ojos vista del lector y es para mí evidente que fué demasiado esfuerzo. Espero que mi opinión no ofenda a nadie intento ponerme en la mente de quienes gozan con su obra y admito que yo mismo puedo cambiar de parecer pero de momento esto es lo que pienso tras su lectura. Eso sí puede tener exito ya que sus poemas son fáciles de entender y son,hasta cierto punto, asimilables, cómodos, de fachada desenfada en algunos casos ("mi verde con tu azul") y con su toque maldito en otros. En definitiva un buen producto para cualquier editorial.

    Comentario de lectora hace 3 años y 39 meses

  22. Por suposto, lectora, que o teu comentario non ten por que parecerlle ofensivo a ninguén. Ademais, trátase diso. Ti podes non gustar de Yolanda Castaño polos motivos xustos que acabas de dicir,e a túa crítica é perfectamente lícita. Sen embargo, e como levamos discutindo desde hai tanto e tanto tempo, outras críticas cínguense a asuntos extraliterarios que nada, pero nada de nada, teñen que ver coa súa obra. Un saúdo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009