ERA A BIBLIOTECA, CLARO

A semana pasada nunha revista contábase que a mellor educación do mundo é a que se dá nos colexios de Finlandia, que alí todos os nen@s falan inglés á perfección e que son educados para ser independentes, que todos os ordenadores teñen conexión a Internet e que, en canto poden e o tempo o permite, que saen a xogar ao patio, que o profesorado exerce despois de durísimas probas de selección, etc., etc...
Mais o realmente relevante do asunto é que, nos colexios de Finlandia, o centro neurálxico da escola é a biblioteca, onde hai moreas de libros, os cativos teñen tempo para ir e para ler e investigar. É dicir: os finlandeses poñen o acento educativo no libro.
Vamos, igualiño que aquí, onde os políticos, superficiais, coidan que con poñer un ordenador para non sei cantos alumnos, xa está todo feito e rematado.
Díxeno hai meses, e recunco: ¿queredes unha verdadeira reforma educativa? Vale. Pois facede unha xeración enteira de lectores.
Referencias
Comentarios
-
Da biblioteca nos centros educativos habería moito que falar, onde está, como é, para que se usa, que horario ten... pero claro iso ten moito que ver tamén co concepto de centro educativo como un axente activo e dinamizador dentro da sociedade na que se insire, pero iso dista moito da realidade cotiá á que estamos afeitos.
Comentario de X hace 1 año y 20 meses
-
De feito, en moitas ocasións a idea que se ten do centro educativo é o de guardería.E máis nada.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Entón eu estudie nun colexio finlandés!!!, iso si, sen ordenador nin internet nin inglés á perfección nin profesores altamente seleccionados. Facíamos o que podíamos (independencia) e esfolábamos os xeonllos nun patio moi xeitoso (eu quero outra vez!), pero o que me fai unha rapaza galego-finlandesa é que a biblioteca do meu colexio tiña as portas abertas todo o día para fochicar nela con total liberdade, aínda que tamén é certo que en realidade os finlandeses autenticos alí eramos como moito dez. Hoxe as bibliotecas dos colexios péchanse con chave para que non gasten os libros, sei de algún, e son moi minimalistas e prácticas, para que sexa máis doado limparlle o po aos andeis.
Para ser finladés hai que nacer en Finlandia, coido. Globa...que?Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 20 meses
-
Moi aguda, coma sempre, Rosa Finlandesa Velenosa. Curioso iso do minimalismo. No fondo, unha traxedia. Mais pregúntome: ¿pero de verdade á sociedade lle preocupan estas cousas?
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Aos que temos un aquel de galfinlandés, si. Pero claro somos tan poucos...
Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 20 meses
-
Non, á sociedade non lle importan estas cousas.
Comentario de X hace 1 año y 20 meses
-
Xa que estamos, eu reivindícome tamén galfinlandés. Sobre todo, penso no meu neno, en que poida usar a biblioteca.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Todos queremos ser galfinladeses, pero a cuestión é se nos permiten selo ou non.
Comentario de X hace 1 año y 20 meses
-
Evidentemente, non. Pero tamén é certo que non todos queren selo. A meirande parte da xente, de feito, non entendería de que estamos falando.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Estou totalmente de acordo coas duas últimas liñas do artigo. Creo que un libro é a mellor fonte de coñecemento. Serve para ir formando a personalidade de un mesmo e ademáis é a forma máis didactica para aprender. Nas escolas debían deixar máis tempo para a lectura e non como en moitas fan que, polo contrario, restrinxen a entrada na biblioteca aínda nos recreos.
Comentario de Merlin hace 1 año y 20 meses
-
Descoñezo se existe algún tipo de normativa ou directriz de obrigado cumprimento sobre as bibliotecas nos centros escolares.
Comentario de X hace 1 año y 20 meses
-
Para a Consellería de Educación as bibliotecas escolares non existen nos centros de Infantil e Primaria. Hei de dicir que como traballadora no ensino público dende hai quince anos en todos os colexios nos que traballei había e hai unha biblioteca que funciona, mellor ou peor, pero haina e gracias a un grupiño de mestres e mestras. Os cartos para mercar libros, estanterías, ... quítanse do departamento de Normalización Lingüística, de gastos de Secretaría ... En fin, legalmente non hai partida de cartos para a biblioteca por que non existe. Así que miña benquerida Rosa Velenosa nun centro de Primaria e Infantil pode estar pechada todo o día, pode non habela ... Eso sí o curso anterior enviaron unha carta ós colexios para lembrarnos a importancia da lectura na escola e unha caixa cun marcapáxinas para cada neno co membrete da Consellería de Educación. Patético.
E por suposto Fran tamén me reivindico galfinlandesa.Comentario de Chus hace 1 año y 20 meses
-
Moi interesantes estas tres intervencións. Merlín dá unha idea fantástica:¿por que non se decreta unha hora á semana ( mirade que pouquiño pido ) para ler?O que os rapaces desexen ler.O que lles pete. A pregunta de X contéstaa Chus. Hai bibliotecas, pero funcionan polo voluntarismo dos mestres e mestras que deixan as súas enerxías en que funcionen. Ao respecto do asunto dos orzamentos para as bibliotecas, coido que é imposible explicalo mellor e súmome ao cualificativo: patético.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Moi interesantes, como sempre, os artigos deste blog e os comentarios que fai a xente. Dito isto, eu que son filla de mestra e, proximamente, profesora, sei que os orzamentos para as bibliotecas dos centros de primaria son baixísmos. Eu, que pasei pola EXB, hai algo máis que dez anos, atopeime no colexio de miña nai a proba de que non se renova a biblioteca cando comprobei que tiñan o mesmo dicionario Pequeno Xerais que usaba eu cando nena. Un detalle mínimo que dá boa conta de como andan as cousas.
E respecto ao de ser galfinlandeses, penso que a solución estaría en abolir do ensino as listaxes de libros recomendados. Calquera libro é recomendábel se serve para prender na infancia o veleno da lectura. O obrigado nunca gusta e só así se enterá a lectura como o que é: un dos mellores praceres.Comentario de Pés-de-náufragha hace 1 año y 20 meses
-
Absolutamente de acordo con Pés-de-naufragha no asunto dos libros recomendados. Para min é un dos causantes de que moitos nenos lle collan tirria ao feito de ler.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Hoxe, na radio galega, no diario cultural Xosé Carlos Caneiro fixo un comentario sobre os libros e as bibliotecas moi parecido a este artigo. A ver se é que co tempo se logra conseguir un sistema de ensino como o que estamos comentando.
Comentario de Merlin hace 1 año y 20 meses
-
Oxalá. Sei que Caneiro, neste asunto, pensa moi parecido a min. E eu a el, claro.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses