ALMUDENA GRANDES E A SÚA IMPONENCIA

Seica Almudena Grandes entregou á editorial Tusquets o seu novo libro que se titulará El corazón helado. Sairá na primavera e coido que chega algo tarde pois será unha novela sobre a memoria da Guerra Civil protagonizada por dúas familias. Segundo a editorial, é unha novela imponente.
Desexo vivamente que o sexa. Porque a verdade, aínda non lle lin un libro a Almudena Grandes que me parecese xa non imponente, senón medianamente interesante. Las edades de Lulú é un libro supravalorado (se a alguén non lle gusta o que vou dicir, que se aguante: é supravalorado polo morbo que a algunha xente lle dá - a min non - a literatura erótica cando é escrita por unha muller ). Malena es un nombre de tango e Los aires difíciles non pasan de correctas. E a súa anterior novela, que merquei como todas as demais, Castillos de cartón, é decididamente mala.
En favor de Almudena Grandes direi que é unha gran cuentista ( isto vai sen retranca ): gustei moito de Modelos de Mujer.
Agora, o de sempre: hai unha boa cantidade de narrador@s en galego que o fan inifinitamente mellor que Grandes, que escriben dunha maneira imponente, e que xamais chegarán a ter o apoio, a proxección e o seguimento que Almudena Grandes, boa escritora tirando a normaliña ten polo mundo adiante. ¿Por que será?
Referencias
Comentarios
-
Algunhas obras non significan só en canto elas son senón tamén en canto á repercusión social no momento en que aparecen na escena literaria. Creo que esa é a perspectiva coa que debemos valorar/minusvalorar Las edades de Lulú.
A resposta á súa pregunta é a repercusión mediática.Comentario de X hace 3 años y 39 meses
-
Estou máis ou menos de acordo. Pero no caso de Las edades de Lulú,sospeito que hoxe seguiría causando a mesma repercusión polo feito de ser unha muller a autora, o cal indica, por outra banda, que esta sociedade moi san non é.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Pois por "Las edades de Lulú". A cousa ven sendo a mesma que cando vas ao cine e tes que tragar as minipelículas que promocionan ás peliculas, nas que tentan facernos a boca auga cuns fogonazos moi impactantes nos que nos informan que tal director foi no seu día director daquela outra e que fulanitos ou menganitas tamén no seu día gañaron un Oscar. Vivir das rendas está a orde do día. Xa me gustaría a min...
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 39 meses
-
¿Por qué? Será por eso, por lo de siempre. Por lo mismo por lo que la deuda del fútbol la pagamos ya todos y la volveremos a pagar, sin duda. Por lo mismo por lo que Marbella es un reino de taifas. Por lo mismo por lo que lo parlamentarios duermen a pierna suelta en el hemiciclo. Por lo mismo por lo que se compran cosas que no se necesitan únicamente porque tienen muy buen precio.
¡¡Fan de nos un pandeiro!!Comentario de Rafael hace 3 años y 39 meses
-
Concordo cos dous. E como dixo Joseph Conrad, parece que hai cousas que son inevitables.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Claramente, pola bomba mediática e polo poder da súa editora. Así de sinxelo. E porque, mal que nos pese, polo feito de escribir en castelán e chegar así a un número de persoas máis amplo, a xente xa cre que esas novelas son mellores que as que se publican en galego. E eu engado un asuntiño máis ao debate: por que se lle dá moita máis importancia aos narradores ca aos poetas? Porque Luís García Montero, o seu home, é un grande poeta e moito menos coñecido para o gran público que ela (aínda que claro, ese gran público non le poesía. Teño cada cousa...)
Comentario de Pés-de-naufragha hace 3 años y 39 meses
-
Bo matiz. De feito, prefíroo a el.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
o actor Pepe Rubianes, agora que volve estar de actualidade, tamén tivo unha boa repercusión mediática no seu día, non sei se se lembrará alguén por acó, cando saiu en TV3 co seu puta España e a ver se lles estoupan os collóns e lles saltan a un campanario ou así. isto no tocante a valorar en función da repercusión mediática.
supoño que os autores galegos que o fan mellor que outros máis populares en castelán non reciben o que merecen porque constitúen minoría. é unha reacción que xa vén de longo na historia da humanidade, que tende a face-lo que fan os máis, léase por gregarismo ou sociabilidade.
e iso doutra novela, a enésima sobre a guerra civil, espero que non lle dea máis ideas ós autores de por acó. xa sería o que faltaba.Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses
-
Estou totalmente de acordo con Fran nas súas valoracións. A min, Almudena Grandes é moi pouco, por non dicir nada o que me di. Claro que para gustos... Non lin os seus contos. Efectivamente, as escritoras en lingoa galega téñenno moi difícil, a pesar de que, como din das meiga, habelas, hailas, e moi boas.
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 39 meses
-
Estou totalmente de acordo con Fran nas súas valoracións. A min, Almudena Grandes é moi pouco, por non dicir nada o que me di. Claro que para gustos... Non lin os seus contos. Efectivamente, as escritoras en lingoa galega téñenno moi difícil, a pesar de que, como din das meiga, habelas, hailas, e moi boas.
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 39 meses
-
Non sei que raios pasou para que o meu comentario saira quintuplicado. Amólame verme tan repetida.Disculpade, non foi adrede.
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 39 meses
-
O feito de que, como di brautigan, sexamos unha minoría, sen dúbida ten moito que ver. Outra cousa sería investigarmos como é posible que a prensa de aquí se faga sempre eco, e dunha maneira esaxerada, de toda a literatura foránea ao mesmo tempo que pasa da nosa. Amara Orzania, eu tampouco sei o que pasou.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
As escritoras galegas téñeno moi difícil se non se prestan ao xogo mediático que se se prestan conseguen moitísima máis repercusión que calquera autor galego.
Comentario de X hace 3 años y 39 meses
-
A literatura sempre tivo moito de marketing, mas nos tempos que corren xa case vexo case inevitabel que un escritor saiba facerse mediático e interprete a súa propia personaxe.
Desde que os libros se venden nos supermercados, as editoriais saben que para vender hai que facer literatura de masas. Incluso os "bos" escritores están condenados case sen poder evitalo a converterense en animais mediáticos.
Comentario de mendinho hace 3 años y 39 meses
-
É importante o matiz que introduce X no debate: probablemente as escritoras galegas incluso o teñen máis complicado que os escritores. E sobre o que di mendinho, é ben certo que gran parte dos traballos dos escritores, unha vez publicado o libro é a promoción e o xogo da mercadotecnia.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Creo que non me expliquei ben, na miña opinión as escritoras téñeno máis difícil (simplemente por unha cuestión porcentual) ca os escritores, a non ser que se presten ao xogo mediático, porque se se prestan téñeno moito máis fácil.
Comentario de X hace 3 años y 39 meses
-
Eu xa che entendera, pero percibo que hai moita xente en Galicia que, cando xulga ás escritoras ( nomeadamente ás poetisas ) tende a facer tamén referencia a "outros asuntos" extraliterarios que non teñen nada que ver co seu talento e que, dalgunha maneira, é a evidencia de que non as toman en serio. Ten acontecido isto con algunha poetisa moi boa do noso sistema literario. E iso paréceme moi inxusto.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Está claro que hai moitos artistas e moitos artistas mediocres. Ás veces destacan os xenios e ás veces destacan os que teñen sorte... Pero o factor sorte tamén é o marketing, o padriño,...
Persoalmente non me gusta moito Almudena Grandes, pero fíxense vostedes en Pablo Neruda, tampouco era un grande e pódese decir que hoxe forma parte dos clásicos...
Comentario de Mrs.Doyle hace 3 años y 39 meses
-
Moitas veces @s que teñen menos talento son @s que, proporcionalmente, máis rebumbio fan. E queren facerse respectar vendendo no circo mediático como mérito aspectos que son totalmente extraliterarios. E son pagadas coa mesma moeda. Por exemplo, a pose de transgresoras que algunhas repiten, coma clons, hoxe, no xornal máis lido de Galicia. Creo que de proxección e publicidade non se poden queixar. E Almudena Grandes ten tanto talento literario, ou moito máis na miña opinión, ca elas, caro Francisco.
Comentario de elvira hace 3 años y 39 meses
-
Desde logo, Mrs Doyle, non hai dúbidas arredor do feito de que Neruda é un clásico. Sobre o que di Elvira, xa o lin en La Voz, o das poetisas galegas. Algunhas terán tanto talento literario como Almudena Grandes. Outras, menos. Mais non estou tan certo de que teñan motivos para sentirse contentas pola publicidade e a proxección que se lles dá. Por desgraza, os membros do Sitema Literario Galego, aínda que de cando en vez acaparen portadas de suplementos literarios, nunca poden dicir que son ben tratados polos medios de aquí, se o comparamos coa proxección e a publicidade que se lles dá aos de fóra.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Touché. O grupo é o suficientemente numeroso como para que o talento, que o hai, sexa variabel, e efectivamente, teñen proxección hoxe e despois non a volverán ter en moito tempo. O evidente mimetismo poético, tan habitual e que con escasa fortuna chamei clonación, pasaralles cando maduren literariamente.
Comentario de elvira hace 3 años y 39 meses
-
As veces parece que para que alguen nos preste a atención necesaria temos que falar en terminos un pouco "vulgares",ou sobre algo escabroso que teña repercusión.
Pero lonxe esta isto dun método literario bó.Eu creio.
Se eres un bo autor/ora,sabrás que non fai falta dicir :tetas grandes,masturbación,pene kilometrico....para falar de algo contundente ou agresivo.
Charles Boukonsky era un dous pocoucos que conseguan falar dese modo sen convertir esas palabras en palabras malsoantes.
É a miña modesta opinion.Moitos saludos Fran!!!!
paz e amor!!!!!!!!!!!!!!Comentario de bea hace 3 años y 39 meses
-
Sobre o que comentas, Elvira, só haberá que deixar que transcorra o tempo. A fin de contas, independentemente de mercadotecnias e outras cousas, se a obra é de calidade, resiste o paso do tempo. Veremos que pasa. Bea, eu tamén gusto moito de Bukowski. Bicos.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
carallo, Francisco, non agardaba que lle gustara o que escribía Bukowski. alguén que, por certo, entendía bastante de marketing.
Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses
-
Pois si, pero, como vostede comprenderá e se deduce do meu anterior comentario, o que me interesa é a obra, non como se "vendía" o escritor. Iso é o realmente importante. Hai obras das que se fala e se fala e se fala e non valen para nada. E outras, co tempo, chegan onde se merecen. Por certo, ese "carallo" quedoulle moi ben antes de citar a Bukowski.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Hola Francisco.
Disculpa que meta "una cuña" en tus comentarios. Es para recomendarte que visites este blog:
http://susolista.blogspot.com
Creo que te gustará, si es que aún no lo conoces.
Un saludo.Comentario de Rafael hace 3 años y 39 meses
-
Nada.Moi agradecido. Veño de botarlle un ollo e gustoume moito. Grazas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses