QUERO A MOUSTAKI EN GALEGO
Francisco Castro - 07-09-2006 11:44:27 | Categoria: Todos os meus artigos
Sobre a importancia das letras das cancións
O cantautor francés Georges Moustaki vai publicar Siete Cuentos del País de Enfrente en castelán e, como non, tamén aparece en catalán, na editorial Belacqua. Será a primeiros de 2007. A temática é a loucura, a sabedoría, a nostalxia e a esperanza.
Aproveito, xa que logo, desde aquí, para pedirlle a algunha editorial galega que se anime a editar ese libro en galego para que poidamos lelo nós tamén na nosa lingua e, de paso, para reivindicar a importancia que os grandes letristas da historia da música, teñen suposto para moitos dos que nos chamamos escritores. Hoxe mesmo infórmase de que Bob Dylan volve ao número un das listas de vendas e que un dos grandes atractivos do seu novo disco son, precisamente, os textos. En que di o vello Zimmerman di Sabina ou di Lennon ou di Aute.
Polo menos, na miña obra, a pegada destes e doutros persoeiros da música, é enorme.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Meu benquerido Sensei nomear a Sabina entre eses xenios é case un sacrilexio.
Comentario de folerpa hace 3 años y 39 meses
-
Meu benquerido discípulo: esa é só a súa opinión. Por certo, ben sacrílega.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Al alba, al aaaaaaaaaaaaaaaaalbaaaaaaaaaaaaaa
Comentario de Pablo Milanesa hace 3 años y 39 meses
-
Al alba, al alba.......
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Georges Moustaki é un home ben atractivo non si?.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 39 meses
-
Como comprenderás, Marinha, non som o máis autorizado para opinar. Se fose Georgina...
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses
-
Pois a min tamén me axudaron moito as letras das cancións compostas por cantautores á hora de escribir.
Comentario de Merlin hace 3 años y 39 meses
-
Desde logo.Sempre están aí, aínda que ás veces dun xeito inconsciente,pero están.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses