Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

ESCRITOR@S GALEG@S MODELOS

Unha brincadeira


Corren novos tempos para os escritores.
Leo que Anna Gavalda, que é unha magnífica novelista ( lede Xuntos e Máis Nada, editada recentemente por Galaxia e merecedora do prestixioso Premio Novela Europea 2005 ), vén de ser contratada pola marca de prendas de pel Just Campagne para publicitar algúns dos seus productos. De primeiras, a autora cedeu o título dun dos seus libros de relatos ( Quelq'un m'attend quelque part ) como nome dos novos bolsos desta luxosa e exclusiva casa parisina.
Agora, a pregunta: ¿a que espera Zara ou algunha outra empresa de Moda Galega para convertirnos aos escritor@s galeg@s en top-models?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Ao IMPERIO interésalle a cultura galega?

    PD:Confese Francisco, xa se ve nos valos publicitarios anunciando a campaña de rebaixas de xaneiro? :-)

    Comentario de X hace 3 años y 39 meses

  2. Non me dirá que non estaría guapiño en formato xigante nun valado publicitario.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  3. Con Yolanda Castaño teñen unha mina.

    Comentario de mendinho hace 3 años y 39 meses

  4. ¿Un escritor top-model?
    Bueno, bien pensado si ellos se meten en vuestro terreno escribiendo para decir parvadas, bien se puede invertir el asunto. Sin parvadas, claro.
    Ahora que había que ver a algun escritor vestido de Hugo Boss
    ¡¡Mi madriña, que desfeita!!

    Comentario de Rafael hace 3 años y 39 meses

  5. eu pensaba que os escritores estaban para escribir.
    non é un comentario insidioso. comprendo por onde quere ir cando reclama a imaxe de escritores galegos na publicidade e non me parece mal. pero xa hai tempo que a cousa non me convence, cando se di que tal ou cal escritor tería que irse plantexando deixalo porque non da ben en televisión.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  6. O meu post leva o subtítulo de "Unha brincadeira". Daquela, é iso, unha brincadeira que non hai que tomar en serio, brautigan, como coido que interpreta ben Rafael. Iso si, concordo con vostede no asunto de que dar ben ou mal na tele non tería que ver co feito de escribir. Ata aí poderiamos chegar.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  7. Totalmente de acordo coa túa opinión sobre Xuntos e máis nada, se o de "magnífica novelista" non vai con retranca ;) . Encantoume o libro de Anna Gavalda, sobre todo ao principio (despois, coa historia de amor, paréceme que decae un pouco, volve aos lugares comúns de sempre, pero de calquera xeito está moi ben). Destaco ademais a tradución de Mª Dolores Torres París, non podo afirmalo con seguridade, pero pareceume que a súa linguaxe é moi bonita, axeitada e enxebre sen caer na esaxeración, moi "naturalmente galega", non sei se me explico. Xa que logo, eu tamén recomendo ler a Gavalda.

    E sobre o de seres modelo, non é por facerche as beiras nin a "pelota" (como se diría en galego?), pero polas fotos que vin, tes o teu punto atractivo... ;)

    Comentario de Gemma hace 3 años y 39 meses

  8. O de Gavalda non ía con retranca. Eu tamén gostei moito do libro. Espero que o teu comentario sobre o meu "punto atractivo" tampouco leve retranca.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  9. a palabra brincadeira non me pasara desapercibida.
    pero o meu comentario encaixaba igual, penso.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  10. De acordo, agora léoo doutra maneira. Unha forte aperta.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  11. Non home, iso sería moi cruel! Díxeno completamente en serio.

    Comentario de Gemma hace 3 años y 39 meses

  12. Pois quédoche moi agradecido polo comentario, sen dúbida, moi xeneroso.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009