Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

CANDO A LITERATURA ERA PODEROSA

Lendo Polos Mares do Sur, hai un intre no que Robert Louis Stevenson explica o poder da literatura.
Fala dun home branco, un inglés que rompeu a súa tranquilidade victoriana e burguesa despois de ler un libro no que se falaba das viaxes dos iates polas illas dos Mares do Sur, e de como os nativos subían nesas embarcacións e guiaban aos navegantes ata a costa.
Non puido evitalo.
Rachou con todo e marchou aos Mares do Sur a cumprir ese soño provocado pola literatura.
Cando Verne ía publicando na prensa os distintos capítulos do seu Da Terra Á Lúa, a xente corría a preguntar onde había que apuntarse para acompañar aos protagonistas na viaxe. Excitados polas palabras de Verne, estaban dispostos a vivir esas aventuras.
Deberon ser moitos, noutras datas máis románticas, os que mudaron de vida despois dunha lectura esencial.
Teño as miñas dúbidas de que os libros que escribimos hoxe poidan ser tan poderosos como os das outras épocas. Coido que hoxe, os escritores non cambiamos a vida de ninguén. As nosas palabras, quizais porque xa nada nos sorprende, xa non teñen o poder de noutrora.
No fondo, é unha mágoa.
Porque xa non hai nada que descobrir.
Porque xa non hai paraísos que atopar.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. A xente xa non necesita aventuras. Cando len algo que lles interesa contratan unha viaxe e van alí, e mesmo teñen visitas guiadas, como ti contabas do Louvre. De tódolos xeitos eu penso que equivócaste, si hai libros que fan que a xente cambie, si hai palabras que remexen as nosas tripas e fan que decidamos cambiar as nosas vidas.


    Comentario de Máis Alá hace 3 años y 39 meses

  2. Eu, porén, penso que aínda hai moita xente que nos movemos pulados polo desexo de coñecer o lugar onde se desenvolve unha das nosas obras literarias preferidas (quen puidera ir a Macondo, Comala ou Tagen Ata!) e non descarto en absoluto, ir pronto a buscar Isla Negra. Penso que os escritores e a literatura aínda tendes un gran papel de seducción, a pesar de que outros medios vos quitasen un certo protagonisto. Os seguidores fieis da República das Letras seguimos sendo uns namorados e namoradas dos espazos onde se desenvolven as nosas obras predilectas e dos lugares polos que pasearon os nosos autores e autoras preferidos.

    Comentario de Pés-de-naufragha hace 3 años y 39 meses

  3. Grazas aos dous. Sen dúbida tendes máis ánimo ca min, sobre este asunto. Leva razón Máis Alá. Xa non hai sorpresas. E para moita xente xa nin é necesario sequera ir aos sitios con todo organizado. Abonda con ver unha canle de televisión especializada en viaxes ou, case que peor, facer unha "visita virtual". Pés-de-naufragha, non dubides en ir a Illa Negra. Sinto as mesmas gañas. Sería moi emocionante.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  4. "Navegar es necesario, vivir no lo es"
    Plutarco.

    Yo siempre necesito navegar y ya estuve en Isla Negra.

    Comentario de Rafael hace 3 años y 39 meses

  5. Pois cóntanos a túa experiencia alí.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  6. Acabo de lembrar un exemplo do poder da literatura, A guerra dos mundos.
    Supoño que as únicas viaxes extraordinarias que a literatura pode ofrecer na actualidade son cara ao interior.

    Comentario de X hace 3 años y 39 meses

  7. Bo exemplo. E,por certo, hai que ver que poco proveito lle tirou Spielberg na película.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  8. Si, eu tamén prefiro a de 1953 de Byron Askin.

    Comentario de X hace 3 años y 39 meses

  9. O que demostra o teu bo gusto.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  10. anque haxa libros e libros e escritores e escritores, sigo pensando que se debera prohibi-la literatura. baixo pena de forte tortura.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  11. Carafio. ¿Trátase dunha sutil e revirada campaña de promoción da lectura?

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  12. mire, eu non creo que os libros tiveran noutro tempo tanto peso (nos dous sentidos, en moitos casos) como hoxe, por aquilo da nostalxia ou do que sexa, tende a crerse. pero se se quere que a xente lles faga algo máis de caso, pois é o que hai que facer. estímulos, e non rogativas, para que lean.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  13. mire, eu non creo que os libros tiveran noutro tempo tanto peso (nos dous sentidos, en moitos casos) como hoxe, por aquilo da nostalxia ou do que sexa, tende a crerse. pero se se quere que a xente lles faga algo máis de caso, pois é o que hai que facer. estímulos, e non rogos, para que lean.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  14. Por suposto,niso podemos concordar.Para que a xente lea o mellor é escribir vos libros,claro que si, pero diso a manter o que vostede escribiu antes...

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  15. pero home, e logo cál cre que é o mellor estímulo? iso queda patente en moito máis de 20 séculos.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  16. Vale, xa intuía que os tiros ían por aí. Daquela, falamos do mesmo. Un saúdo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  17. pois non lle sei. de tódolos xeitos, a porta pechada é a que esperta sempre maior curiosidade. vostede déalle mala publicidade ó que hai tras da porta e xa verá como lle veñen de noite fedellar nela para entrar ás caladiñas.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 39 meses

  18. Desde logo, aínda que o argumento é perigoso, pois alguén podería concluir que todo o prohibido debe der ser, cando menos, "probado". E non creo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  19. Penso Francisco, que deberías rectificar de algún xeito o que dis, creo que nos interesantes comentarios, feitos despois do teu escrito, queda demostrado o poder da literatura, así como que sempre ai algo que descobrir, e que mentres haxa imaxinación haberá paraísos por atopar. E o que escribe o que ten que engaiolar, a o que le ¿ou non?.
    En canto as canles, da caixa tonta, anque "una imajen vale mas que mil palabras” unha verba ben dita desfai calquer imaxe, ¿non está demostrado? as películas, cas historias que contan nas pantallas, deixan moito que desexar, comparadas cos libros que delas falan, penso que lle falta moito a Spielberg, pra chegar a altura de Robert Louis Stevenson ou de Verne.
    So e o comentario de alguén que espera que así sexa.

    Comentario de E.F.B. hace 3 años y 39 meses

  20. Concordo contigo no esencial. Prefiro unha palabra ben posta que unha imaxe. Sen ir máis lonxe, esta mesma mañá, escoitando na radio a Andrés Calamaro, cando canta iso de " recuerdos de una mañana enredado en tu pelo", nacéronme nos miolos milleiros de imaxes fortisimamente evocadoras.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  21. O meu anterior comentario non entrou, entón resumo ao máximo o que dicía como terapia personal; os paraísos non se mercan nunha axencia de viaxes, nin hai cartos para pagalos, nin hai illa onde se xunten todos. Quizais hai que deixar de anestesiarse e mirar todo como fan os nenos (ou o máis que se poda). Tamen penso que se alguén cambiou algunha vez foi porque precisaba cambiar e atopou nunha frase a desculpa perfecta, un escritor non deixa de ser só outro "alguén" que busca frases.
    E o máis importante, Fran, esas dúas últimas frases reactivan o virus do 66, que o saibas. Eu as tachaba.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 39 meses

  22. En primeiro lugar, Rosa, desculpas polo mal que funciona ás veces este blog. Como ben sabes, non é culpa do náufrago. Releo as dúas últimas frases e non o digo pola proximidade dos cuarenta ( que xa outras cumpriron, por certo ) senón que me refiro ao conxunto da sociedade.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses

  23. aínda hai libros que me removen por dentro.
    outros, fanme pensar. moito

    Comentario de oko hace 3 años y 39 meses

  24. Velaí dúas cousas que procuramos nos libros: que nos removan, que nos fagan pensar que, como dicía Cortázar, non volvamos ser os mesmos despois da súa lectura.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009