POLOS MARES DO SUR
Francisco Castro - 03-09-2006 00:46:26 | Categoria: Todos os meus artigos
O mes que vén cumpro 40
Durante as miñas vacacións, lin moito.
Entre outros, Polos Mares do Sur, un fermosísimo libro de viaxes de Robert Louis Stevenson que saquei na Feira do Libro de Ocasión por dous euros. Para que despois digan que ler é caro.
O subtítulo da obra xa explica todo: Relato de experiencias e observacións efectuadas nas illas Marquesas, Pomotú e Gilbert.
Mais non é do libro do que vos quero falar, senón de que en canto o abrín, recordei que Stevenson só viviu ( iso si, moi intensamente ), 44 anos. En tan curta vida ( entendédeme: o mes que vén cumpro 40, e todos os feitos vitais de xente que, digamos, admiro, que andan por aí, como que me teñen un chisco sensibilizado... ), en tan curta vida, dicía, deulle tempo a escribir dous libros ao ano ( a min abóndame con un ), como se soubese que non tiña tempo. E, entre outros, títulos tan esenciais como O estraño caso do doutor Jeckyll e Mister Hyde ou A illa do tesouro.
Stevenson é, sen dúbida, a demostración de que existe o talento literario.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Fugit irreparabile tempus.
Que non lle entren as présas, o mellor aínda está por vir.
Un saúdo.Comentario de X hace 1 año y 20 meses
-
Fugit irreparabile tempus.
Que non lle entren as présas, o mellor aínda está por vir.
Un saúdo.Comentario de X hace 1 año y 20 meses
-
Iso espero. Que o mellor veña dunha vez. Un saúdo.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Xa o dicía o meu ben amado Kavafis, non teñas présa na viaxe, mellor que dure moitos anos e vello sexas cando arribes a Ithaca.
Pénseo ben, se o mellor chegase xa, logo só viría a desolación de non superalo.Comentario de X hace 1 año y 20 meses
-
Desde logo que si. De feito, levo todo o serán pensando niso. Agrádame moito que cite a Kavafis e a Íthaca, pois lémbrame que o importante da viaxe é a viaxe en si, non a meta.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Con "puntualidade británica" (o teu blog o venres estaba intratable) douche a benvida ao mundo dos currantes. (punto e aparte)
Atención, pregunta. Un escritor que leva publicado varios libros, que leva un ano gañando un premio detrás de outro (un deles o Blanco Amor!), cunha novela a piques de sair do prelo, que ven de pasar unhas vacións fantásticas coa familia en París, e todo isto antes de cumplir os 40, de que ten queixa?
Conformarse con publicar un libro por ano non está nada mal, dígocho eu que tento conformarme con asimilar a milésima parte do que leo.Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 20 meses
-
Tal e como o contas, Rosa Velenosa, non me atrevo a dicir nada.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses