CRÓNICA DUN PARÍS LITERARIO
Francisco Castro - 01-09-2006 09:27:54 | Categoria: Todos os meus artigos
Historias de verán dun escritor galego na capital francesa
París é o paraíso dos bibliófilos.
Tiñádesme que ver polas librerías da Sorbona, cunha face de provinciano no peor sentido da expresión. En París hai librerías para non ser capaz de visitalas en vinte vidas. Non daba creto ao que vía. Librerías temáticas tan grandes como as máis grandes librerías xeneralistas das que hai por aquí. Por exemplo, esta, unha librería dedicada só a filosofía ( e cando digo só, quero dicir, precisamente iso, dúas plantas dedicadas só a filosofía ). E así con todas as materias.
Un dos días que botei en París quixen ir ( capricho mitómano, eu sonlles así ) ao Cafe de Flore, é dicir, a un dos cafés nos que no seu día sentaban Jean Paul Sartre e Simone de Beauvoir, a ver se conseguía que, a forza de retregarme pola cadeira, se me pegase algo de talento ( estes organizan, entre outras cousas, un premio literario que, entre outros, gañou por exemplo Michel Houllebecq ). Non se me pegou. Pero si a factura. Por dúas cañas e unha coca-cola, 23 euros. Velaí o prezo do talento ( e non nos deron nin unhas olivas estes gabachos ).
No Pantheon amosei os meus respectos a Rousseau e Diderot, e, en Notre Dame, ao espírito do eivado creado por Víctor Hugo. Hai uns días falaba da inmortalidade dos personaxes literarios. Naquela campá está a demostración.
O máis deprimente da miña viaxe literaria foi o Museo do Louvre. É o máis parecido á vella feira que había antes en Valença do Minho. Ou agora os domingos en Bouzas. En calquera caso, o peor non é iso, senón o feito de que un dos servizos que ofrece o Museo é seguir o roteiro de O Código da Vinci. Imperdoable.
Para resarcirme do desastre, pescudei un dos cafés máis suxestivos de París. Non está en moitas guías, pero descubrímolo o primeiro día no Barrio Latino e quixemos volver, nunha das moitas prazas dos arredores da Sorbona. Está na rúa Descartes e chámase, como non, La Methode.
Mais non vos enganedes: volvía mañá mesmo.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Non visitaches os cemiterios? Cando estiven en París, hai dous anos, as miñas maiores emocións foron, con diferencia, en Père Lachaise e, sobre todo, en Montparnasse, diante das tumbas onde repousan Julio Cortázar e César Vallejo.
Comentario de Veloso hace 1 año y 20 meses
-
Pois non. A familia negouse en redondo a entrar nun cemiterio. Estiven a piques de pescudar a de Jim Morrison. Pero non.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Hai unhas horas colguei un comentario, perdeuse ou está pendente da súa aprobación?
Un saúdo.Comentario de X hace 1 año y 20 meses
-
Que marabilla. Despois de percorrer Paris, unha das cidades máis fermosa e literaria, se cadra sentiches ao deixala, que toda ela se che meteu na valixa da alma, e vaias a onde vaias sempre irá contigo.
Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 20 meses
-
X, non sei por que pasan esas cousas. Pido perdón, pero este servidor vai case que sempre con problemas. Investigarei. En efecto, Amara Orzania, o importante é o pouso que deixa a cidade.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Benvido
"Sempre nos quedará París"
Unha aperta
Comentario de SZ hace 1 año y 20 meses
-
E tanto que nos quedará. Teño claro que algún día voltarei a París.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Eu xa fai moitos anos que fun a París é unha cidade con moito encanto. Desplaceime pq estba en Saumur no Val do Loira nun intercambio, lembro aqueles días con moito agarimo. Voltarei por ali, manteño o contacto con aquela xente.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 20 meses
-
Eu tamén penso volver.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses
-
Para que recordes Paris hai vai unha recomendacion Michele mari " Todo el hierro de la torre Eiffel" Seix Barral.
Comentario de gustavo peaguda hace 1 año y 20 meses
-
Que é moito ferro, abofé. Tomo nota. Moitas grazas.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 20 meses