Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

BUSH, ESTRANXEIRO E INCENDIARIO


George Bush está de vacacións e, segundo contan os xornais, está lendo a Camus, concretamente a súa novela O Estranxeiro.
Sorprendente.
Que lea a Camus.
Que lea.
Mais, pensándoo ben, é lóxico que lea ese libro. Na novela, Camus fálanos dun tipo que asasina a outro sen moito motivo e non sente nada, absolutamente nada, por esa morte.
Coma os incendiarios.
Coma Bush?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Desgraciadamente hai xente que nin sinte nin padece, iso é claramente unha "patoloxía", debe ser terrible vivir así. Neste 11 días estamos comprobando que o número de "desaprensiv@s" medra e o lume non para.
    Levamos 11 días de terror e os que quedan ainda cando pare o lume e veñan as choivas...

    Unha aperta.

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 40 meses

  2. Ao final, os medios cos que contamos redúcense no básico á acción da Natureza.
    Un bico

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  3. Pois penso que nin sentirá ou entenderá o que le. Automáticamente colleu o libro de Camus polo aquel de presumir do que non ten, cultura. Si a tivera, non estaría a prender e alimentar as labaradas de odio que enfrontan aos pobos, ao igual que fan nestes días negros os incendiarios criminais coa nosa terra.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 40 meses

  4. iso de relacionar a Bush cos incendiarios ten a súa gracia. se cadra aínda se pode trazar outro paralelismo, o de Bush con certos tipos humanos do rural galego de outros tempos. aqueles que lle fendían a cabeza ó veciño co sacho por un marco presuntamente movido e quedaban coma se tal.

    Comentario de brautigan hace 3 años y 40 meses

  5. Sabido é, Amara Orzania, que Bush ten fama de burricán. Igual nin está lendo a Camus nin a Ana Rosa Quintana, pero pode quedar bonito unha nota de prensa que saia da Casa Branca dicindo iso. Sobre o que di brautigan, está claro: burros houbo sempre e en todas partes.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  6. Preocupante. E se lle gusta? E se a min me gusta a mesma novela ca Bush? Tranquilos. É un libro dabondo accesible para el, pero non lle vai coller o miolo. O mesmo decide buscar Orán no mapa para bombardealo.

    Comentario de Mr Tichborne hace 3 años y 40 meses

  7. Moi agudo, si señor.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  8. Agora andan nos EUA co debate -común a todos os presidentes republicanos dende hai unhas décadas- de se Bush é idiota. Coma se houbese dúbidas: Bush, de tódolos xeitos, aparte de idiota aparente é un cabrón interesado, que é moito máis perigoso.

    E, relacionado cos lumes e coa idiotez, cómpre lembrar a solución que ofreceu hai uns anos cando unha vaga de lumes sacudiu o Oeste estadounidense: "tallar os bosques". Sempre temín que podería ocorrérselle o mesmo para acabar co racismo ou coa pobreza, e de feito é a solución que tenta aplicar ó que el chama "terrorismo".

    Perdón polo ladrillazo.

    Comentario de r.r. hace 3 años y 40 meses

  9. non estou dacordo: Bush é un retrasado integral... pero non é el quen move os fíos nin quen goberna, tan só dá a cara.

    Comentario de Mr Tichborne hace 3 años y 40 meses

  10. Marchounos o señor Castro de vacacións?

    Comentario de X hace 3 años y 40 meses

  11. Podedes ver un excelente video sobre os incencios na galiza en www.galiciaenpie.com

    Comentario de www.galiciaenpie.com hace 3 años y 40 meses

  12. A min paréceme que cando Bush mata non se queda vacío senón que sente algo que o enche de orgullo ou non sei de qué; sente que está a facer o ben e a repartir a liberdade entre os pobres pobos "malignos" que aínda teñen que ver a luz... e, desgraciadamente, isto é moito máis perigoso que non sentiren nada, ¿non? Un saúdo enorme. Inés

    Comentario de Inés Yarza hace 3 años y 40 meses

  13. Estou de acordo con Inés. Arrepía pensar que os seres escuros coma Bush, son os encargados de gobernar, á súa comenencia, o mundo, facendo moitos máis estragos que fixo o Atila, que ao fin, arrasaba dun xeito ecolóxico, ao arremeter a cabalo e sen armas de destrucción masiva aos enimigos.
    Mándolle unha aperta a Fran, esperando que pronto estea de volta.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 40 meses

  14. Que tal fran, son adrian. Fai tempo que non escribo no blog asi que xa perdin un pouco de practica pero bueno.
    Tanto bush coma os incendiarios que queimaron o noso país son xente sen sentimentos, baleiros e sen cerebro que fan as cousas sen pensar nas suas consecuencias. Pensades que bush manda eses mísiles a iraq pensando que hai familias enteiras con nenos homes e mulleres cunha vida por diante ? Custame crelo.
    Bueno pois iso un saudo para o premio blanco amor de literatura, para o meu profesor de filosofía, e para o meu amigo fran.
    unha aperta.
    Igualdade e Liberdade.

    Comentario de adrian hace 3 años y 40 meses

  15. Dín que detrás destas catastrofes,hai benefecios.
    Dín que hai xente a que lle conven que os nosos bosques esten calcinados e que o noso pobo chore sen tregua dende a catastrofe do prestige.
    Dudando que orealmense os aía,penso que peores deven ser as persoas que encontran beneficiosos os feitos e sentense beneficiarios eles.
    Son terroristas,atentan contra noso sistema e noso pobo Galego,dende a miña cabeza quedanlles censurados por o seu necesario castigo, os paisaxes do mar,a patria dos galegos e sobre todas as causas,a conciencia limpia.
    Dende terras mais lexanas,chegan outras inxustizas,falo dun povo preso por a ignorancia do seu presidente e a escuadrilla que protexe tal borrego.
    Din que lee.
    Non sei.E un peligro que o faga.Recordo a ultima vez que fixo publico que o facia.
    Foin nun fatididco 11 de Septembro .O presidente paspan,lia nunhas escolas publicas.Os poucos minutos recibia a noticia de que dous avions estrellaranse cas dous torres xemelas.
    Bush,estaba leendo,non pensando,se fai unha cousa,non fai outra!!O povo esperaba algunha resposta do seu presidente,pero el seguiu lindo contos infantis.
    Pobriño,igual era a primeira vez que entendia o que lia.

    Comentario de bea_cazapunk hace 3 años y 40 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009