Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

ROSALÍA DE AUGA

Sobre o talento innato para a poesía dos galegos


Pasei estes días atrás por diversos lugares da Costa da Morte (despois, volvendo cara Vigo, a depresión do lume; que ninguén o dubide: isto é un atentado case que igual que o do Prestige... Mais non é diso do que quero falar agora. Abondo tristeiro estou xa ).
Ao pasar por Mintiráns, fermoso nome para un pobo entre Cee e a Praia do Lago, en Muxía, e que seica teñen un serio problema coa falla de auga, atopei un cartel que vén demostrar o noso grande talento lírico.
Nun horreo, unha saba pendurada con descoido, rezaba:
Adeus ríos, Adeus fontes
Adeus regatos pequenos

non sei cando beberemos
Velaí o talento innato do pobo para beber - nunca mellor dito - da mellor poesía de nós.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Sen dubida tes razón Francisco, o enxeño galego pra sinalar de forma lírica os problemas debe ser innato.
    Pro, non podo deixar de pensar na outra parte do teu escrito, as queimas de montes, ¿quen queima o monte? ¿catro tolos? Queimar o monte e un crime contra a natureza, pro, cando as persoas poden perder as súas vidas, e xa se perderon algunhas, e asasinato, e terrorismo ou ¿non?

    Comentario de E.F.B. hace 3 años y 40 meses

  2. Claramente terrorismo. Eu non teño dúbidas sobre isto.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  3. Efectivamente, a queima que está a sufrir o país é arrepiante. ¡Que ven arden os montes! Os delincuentes sábenno. E que esta situación non leva trazas de parar... Seica queren converter Galicia no reino das cinzas, para despois, alí onde houbo vexetación, propagar o cemento e o ladrillo. Baixo as negras cicatrices da terra agostada, os queixumes das árbores mortas,están a pedir venganza.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 40 meses

  4. Efectivamente, a queima que está a sufrir o país é arrepiante. ¡Que ven arden os montes! Os delincuentes sábenno. E que esta situación non leva trazas de parar... Seica queren converter Galicia no reino das cinzas, para despois, alí onde houbo vexetación, propagar o cemento e o ladrillo. Baixo as negras cicatrices da terra agostada, os queixumes das árbores mortas,están a pedir venganza.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 40 meses

  5. Dende logo, onde haxa o enxeño popular...

    Comentario de paideleo hace 3 años y 40 meses

  6. Hai enxeño, paidelelo, moito. Como o que demostrou Eduardo Pondal e que agora, grazas a Amara Orzania, recordo, hoxe máis que nunca, cando falou dos Queixumes dos Pinos.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  7. Hoxe estou inmensamente triste con todo o que está acontecendo non sei nin que decir...

    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 40 meses

  8. E que é imposible atopar palabras. Oxalá que chova unha semana enteira.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  9. oxala chovera, pero non o creo...esta noite non durmimos ningun dos veciños de meira as casas mais altas estavan ameazadas co lume e o unico ke puiden apreciar con esta catástrofe e a union dun pobo doido ke loitava en contra do lume.
    crei ke foi a noite ke menos durmin e mais chorei vias a velliñas ke a penas se sosteñen como a miña avoa (82 anos) subidas a un penedo con ramas nas mans tentando apagar o lume... a casa da miña avoa foi dexaloxada e entre tanto mais de mil veciños agolpabamonos no monte sen poder facer mais ke encher camions, caldeiron, makinas de solfatar e moitos outros artiluxios e sentindo a enorme impotencia de saber ke non podemos loitar contra o lume, sentirnos inmensamente pekenos frente a chamaradas ke che facian temer pola tua vida e o mais triste saber ke toda esta desgraza esta provocada por mor de asuntos economicos e politicos ke coma sempre acaba pagando o pobo.
    sinto ser tan extensa pero estou desolada e necesitaba dar as gracias ao meu pobo darlle as gracias a toda a xente ke loitou dende os camiños e o monte contra o lume e pedir ke este pesadelo remate pronto.

    Comentario de lorena hace 3 años y 40 meses

  10. Lorena é terrible todo canto está a pasar. Admírome da túa avoa, e desas mulleres e homes que sen máis medios cunhas ramalleiras e as mans, loitan contra o lume. Hoxe, na portada da Voz de Galicia, vexo a cadea humana que tenta sofocar as lapas e lembro os días do Prestige, cando a impericia e desidia dos políticos nos afundiron nas horas máis negras. Do negro pringue do chapapote, pasamos ao inferno dos incendios. Nin Dante se enfrontou a tanto, na súa excursión ao averno. Todo arde, ata a nosa paciencia... e, como sucedeu na traxedia do petroleiro, quen está a demostrar a verdadeira valía, a solaridade e unión, é o pobo por o pobo. Pregúntome. ¿De que sirven entón uns políticos, que non son quen de parar isto? Como castigo, impondríalles loitar codo con codo xunto a tua avóa e os que tentan sofocar as labaradas.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 40 meses

  11. Impresionante o que contas, Lorena. Recibide un bico grande. Todos estamos desolados. E cando eu facía a comparación co Prestige pensei que igual esaxeraba. Está claro que non. A importencia é a mesma. Como di Amara Orzania, a ignonimia dos políticos, a mesma. E a uníón do pobo, por fortuna, tamén a mesma. Insisto: que chova.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  12. Pero como sodes cos políticos, entón que estaba a facer Núñez Feijó vestido de casual wear coa mangueira na man? Non, en serio, eu tamén quero expresar o meu apoio a esa xente que está a loitar. Hai anos eu tamén estiven nun incendio en A Garda e podo dicir que non é nada doado poñerse diante do lume, e o incendio do que falo era unha fogueiriña comparado con esto.

    Comentario de Máis Alá hace 3 años y 40 meses

  13. Desde logo que ten que ser terrible. O pasado domingo pasei entre dous lumes á altura de Carnota e, a pesares de ir rápido e co coche totalmente pecho, a calor, durante os breves segundos que por alí pasamos, foi abafante. Por fortuna, era un lume que xa estaban atacando. Reafírmome na túa petición: Nunca Máis!

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  14. É ben certo que o poder endiosa e crea distancias. Velaí senón a actitude dos políticos. Uns, chegan nos seus coches luxosos, blindados todos eles contra o inferno das lapas. Prometen vaguedades e liscan como meteoros. Outros, retrátanse impolutos cun trasfondo de cinzas. Contraste das borrallas coas súas camisas brancas. Namentres, o sufrido pobo, como sempre, é o que verdadeiramente da a cara, expoñendo a vida nesta loita titánica.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 40 meses

  15. E, como se demostrou cando o petroleiro, a fin de contas, se non é o pobo quen fai as cousas, ao final, non se fan...

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  16. Bueno, ía comentar sobre o texto do náufrago pero parece que fomos ó tema: evidentemente é terrible o que estamos vivindo -non só os que vivimos "no monte"- i evidentemente Nunca Máis, pero hai que ter coidado con afirmacións do tipo "¿De que sirven entón uns políticos, que non son quen de parar isto?". Os políticos non poden, por exemplo, parar terremotos. E dificilmente pararán lumes creados coa mala intención coa que están sendo prendidos estes. Aínda que estou de acordo en que probablemente estes non nos sirvan e haxa que buscar outros, pero a política é necesaria, tanto como o traballo ou a comida se queremos ter un mínimo de decisión sobre a nosa sociedade. O demáis é fascismo. Podemos esixir máis medios e máis prevención, pero non tiremos ós políticos abaixo porque quen vai mandar entón é o gran diñeiro puro e duro (se é que non o fai xa). Os lumes, sería bo insistir nisto, non se apagan no verán, senon no inverno: limpando o monte e traballando en políticas preventivas: cortalumes, alxibes, estratexias de defensa...

    Agora si vou ó tema do texto do náufrago: eu escoitei en Ribadavia hai anos unha explicación complementaria alá polas seis da mañá (e non madrugara). Un poeta local explicóunolo moi ben:
    Aquí hai moitos poetas porque é que claro,
    hai moito paro.
    (Versifico por aquelo de adecuarme ó asunto)
    Perdón pola extensión.

    Comentario de r.r. hace 3 años y 40 meses

  17. Bnevida a extensión se é tan clara a explicación ( saiume un pareado, moi propio despois do que acabas de dicir... E, por certo, ata hai unhas horas, de mañanciña, estiven en Ribadavia ).
    Ao asunto: claro que hai que esixirlles aos políticos medios. Por suposto. Eles non van apagar os lumes, pero si que poden dotar de medios. Un exemplo: ¿alguén sabe canto custou traer á Patrulla Águila - uns avións do exército - a facer piruetas sobre a ría de Vigo? Sen pararme a opinar sobre o "espectáculo" ou non, ou se pagou a pena ou non ( eu non fun velos... nin iría ), o certo é que as cantidades das que falaba a prensa dos centos de miles de euros que custou iso, era moitos. Moitos de verdade. Aos políticos, e isto non é demagoxia, hai que pedirlles que gasten os euriños no importante. Agora está moi ben vir facerse fotos e poñer cara de solidarios. Pero deberían promover todas esas políticas de prevención das que falas para, precisamente, despois non ter que vir facerse fotiños.
    Un saúdo.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses

  18. eu, estou de acordo con r.r pero diría aínda máis, hai que esixirlles aos políticos unha “política” definida que evite os lumes, pero non hai que esquecer que levan un suspiro no poder e é imposible atender dun só golpe a todo o que vén arrastándose dende…

    Comentario de SZ hace 3 años y 40 meses

  19. De acordo, pero que aprendan da experiencia e cambien as cousas dunha vez.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009