Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

A INMORTALIDADE


Di o tópico que, para ser inmortal, hai que escribir un libro, ter un fillo e prantar unha árbore.
É mentira.
Os únicos seres inmortais que coñezo son os grandes personaxes da literatura: Robinson Crusoe, Hamlet, Alonso Quijano, Lolita, Os Tres Mosqueteiros, Gregor Samsa, Jeckyll, Hyde, a andoriña e o Príncipe Feliz ...
Velaquí a demostración de que a Literatura é claramente superior á vida. Ou, sexamos máis claros, á morte.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Parece que empecei polo final, só plantei unha árbore (bueno máis dunha non sei si iso axuda...). A literatura coido que ten ese privilexio "Polos séculos dos séculos. AMEN".

    Un Beijo.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 21 meses

  2. Canta verdade dis. Brillante exposición. Estou contigo. Gustaríame ser un deses persoaxes inmortais que viven nos libros é, se por circunstancias, nalgún momento, "momentáneamente morren", é para RESUCITAR donos do tempo, puxantes, con máis luz e novos bríos.

    Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 21 meses

  3. Boas son lore fai moito ke non escribo pero esta exposicion de Fran deixoume abraiada e creo ke ainda ke ten moita razon, a inmortalidade e algo no ke non deberiamos pensar mentres vivimos, a vida ai ke disfrutala e tentar converter cada instante nun recordo inmortal dentro da nosa memoria.
    Non envexo os personaxes literarios porke a pesar de seren inmortais eles viven nun mundo de mentiras e nos vivimos a nosa propia realidade o noso propio soño e non os soños impresos nun papel de outro.

    Comentario de lorena hace 1 año y 21 meses

  4. A vida podemola disfrutar mentres vivimos. Eu vivín momentos marabillosos ollando solpores que acendían o mar, mais entendo que é tan curto noso tempo, que resulta imposible converter cada instante vivido nun recordo inmortal, tan fráxiles e perecedeiros somo, namentras que eles, os persoaxes literarios vivirán por moito tempo nun mundo que máis que feito de mentiras foi construído con verdadeiros soños. Vivir deses soños, axudanos ás veces a percibir a nosa realidade.

    Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 21 meses

  5. É curioso o que pasou con este texto meu. Falaba da inmortalidade conseguida polos grandes personaxes da literatura universal e, no debate, falades todos do fermosa que é a vida. Así dá gusto.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses

  6. Francisco di que “di o tópico” e, así é, logo di co que di o tópico e mentira, e que os únicos inmortais que coñece son os que tamén coñecemos todos, os nosos heroes dos libros, ¿é así?
    A abraiada Lorena, vai mais alá, di que non deberíamos pensar mentres vivimos, ¿logo, cando? ¿despois?
    Por favor Lorena, pensa agora que estás viva, no que escribiches, pensa ti tamén Francisco, cando leedes un libro con un persoaxe como os mencionados, nun intre, ¿non sodes eles? ¿nunca fostes Ulises? Coñezo varias persoas, que cando están lendo, non se decatan se lles falas, tes que tocarlles pra que che atendan, ¿onde están vivindo neste intre?

    Comentario de E.F.B. hace 1 año y 21 meses

  7. E velaí unha das grandezas da literatura, que é quen de transportarnos moi lonxe, moi lonxe. Eu son un deses lectores apaxaretados que non se enteira de nada cando está a ler.

    Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses

  8. Discrepo coa idea central do post, a literatura non é superior á vida nin á morte, simplemente transcende a minúscula existencia de calquera humano, un ínfimo gran de area na dimensión temporal. Deleitámonos no goce de saber que atopamos pracer na arte producida por seres anteriores a nós, ben sexa pintura, literatura, escultura... nas mesmas obras artísticas nas que outros tamén atoparon o mesmo pracer porque nos permite achegarnos ao bordo do precipicio temporal, sentir aos outros que xa non están. Isto tráeme á cabeza os buratos no tempo postos agora de moda pola película A casa do lago mais xa tratados abondosamente tanto na literatura coma no cine. Perdón, deixeime levar, realmente xa perdín o fío da argumentación inicial. Un saúdo.

    Comentario de X hace 1 año y 21 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.