LUCÍA ETXEBARRÍA ¿INVISIBLE?
Francisco Castro - 03-08-2006 06:42:03 | Categoria: Todos os meus artigos

A escritora Lucía Etxebarría laiábase onte nalgúns xornais de que había toda unha nova xeración de escritoras ( na que ela estaría incluída ) tentando rachar co "modelo único" imperante en España, no que ao literario se refire, pero que se atopan co problema de que son "moi pouco visibles".
Estou abatido.
Se Lucía Etxebarría, que leva cando menos vinte anos acaparando páxinas e páxinas de periódicos e revistas ( e non sempre polos seus méritos literarios, que sen dúbida os ten ), coida que a súa xeración literaria é "invisible", ¿que é o que teriamos que dicir, en xeral, os escritores galegos de calquera xeración?
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Teresa Moure e Diego Ameixeiras andan ben visibles ultimamente, non?
Saúdos!Comentario de Ana hace 1 año y 21 meses
-
Si. Pero aínda así nunca chegarán ao nivel de visibilidade, incluso dentro da propia Galicia, á que chegan outros autores de fóra, non só Lucía Etxebarría.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
A min paréceme ben que se lles coñeza e deséxolles moito éxito, tanto como o que teñen Suso de Toro e Manolo Rivas. Facía falta sangue novo, un cambio de perspectiva na literatura galega. Eles, sen dúbida, son orixinais e teñen moito que aportar, porque o noso sistema literario está saturado de escritores nacionalistas e demasiado "comprometidos", no peor sentido da palabra. Jaureguizar falou de remuda xeracional, e abofé que Ameixeiras e Teresa Moure son algo moi distinto de Ferrín, Darío Xohán Cabana, Caneiro e outro autores que, tendo calidade, carecen xa da frescura propia de quen está empezando.
Comentario de Afonso hace 1 año y 21 meses
-
De certo que representan sangue novo. Pero cómpre non deixar fóra a ninguén.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
Non é cuestión de deixar fóra a ninguén, senón de entender que algo moi grave ocorre na literatura/cultura galega cando certos sectores do nacionalismo cultural critican a estes dous autores sen ler as súas obras, e só porque exercen a liberdade para facer as declaracións que lles veñen en gana. A moitos representantes da cultura galega mais endogámica, nacionalista e inmobilista -os da leiriña e o choro perpetuo; todo debe ser por e para o país- molestoulles que un rapaz de 29 anos, sen vínculos co nacionalismo, con referentes culturais máis alá do de sempre, e cunha actitude clara e sincera, levase o premio máis prestixioso da nosa literatura.
Comentario de Afonso hace 1 año y 21 meses
-
COido que concordo contigo no básico. Se a alguén lle amolou que Diego Ameixeiras gañase o Xerais, que se aguante. O xurado atopou que a súa novela era a mellor e punto. Todo o balbordo que se montou despois, á verdade, paréceme tristísimo e, como moi ben dis, fala mal do noso sistema literario. Quero pensar con normalidade e, daquela, impórtame un pemento o pensamento de Diego Ameixeiras ou o de Lucía Etxebarría ou o de calquera á hora de enfrentarme, como lector, á lectura desa novela. Será boa ou mala, independentemente da filiación do autor ou autora. Cando digo de non deixar fóra a ninguén refírome a que as persoas que citas son autores en activo que, coido, teñen aínda cousas valiosas que aportar. Coma Diego Ameixeiras, ou Teresa Moure ou Jaureguizar ou calquera outro dos que que escribimos en galego.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
Efectivamente, non sei que raios pasa para que os nosos escritores, sexan do signo que sexan, mozos e non tanto, uns xa mortos, outros vivos, que escribiron e escriben boa LITERATURA, non sexan debidamente recoñecidos, como sen dúbida merecen. Se cadra, débese a cousa de encantamento; sen sabelo, posúen o don da invisibilidade ou da suprema sutileza. Mais para a nosa satisfación, Galicia é berce de grandes escritores. Po lo tanto, todos: os que foron, os que son, os noveis, están ahí, coa forza na palabra e alas na imaxinación.
Comentario de Amara Orzania hace 1 año y 21 meses
-
Oxalá fose tan fermosa a explicación, e só fose cousa de encantamento. eu diría, máis ben, en todo caso, que este é un país encantado, e, daquela, non se enteira de nada.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
Coido que pode ser "un problema serio de egocentrismo" non entendo as palabras de Lucía... Eu de sempre pensei que a visibilidade ou non visibilidade d@s escritores non dependía da cantidade de veces que faigan aparicións na TVou nos medios senón do pouso das súas palabras na sociedade. Supoño que moitas veces é preferible non ser tan visible desgraciadamente hai xente que se fai famosa á conta de decir paparruchadas mal faladas, ou por ser fill@de..., ou por ter unha estética determinada como viña decindo a frase aquela: "Menos samba e máis traballar".
Ainda que a samba sempre ten que estar presente pola nosa saude mental non si?. Non sei si me expliquei ben.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 1 año y 21 meses
-
Ai! o ego... que bulímico é. Non digo eu que se teña que volver á época na que un tal Anónimo escribía todos os libros, non, pero a excesiva visibilidade do autor pode chegar a contaminar as súas propias palabras e facelo excravo do que di e do que escribe. As militancias xiareiras non sentan ben á liberdade, de pensamento. ¿Quen foi o que dixo aquilo de que todo era relativo?, non me lembro... mágoa! co que farda recitar de memoria os nomes de todos os autores que un leu (os que non tamén, eses máis), imitando a restra esa de godos que...
Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 21 meses
-
¿Vinte? Eu diría, máis ben, dez (e xa son bastantes).
Comentario de Elena hace 1 año y 21 meses
-
En efecto. Gústame o que di Marinha de que a verdadeira visibilidade dun escritor é que as súas palabras deixen un pouso na sociedade. Hai escritores como Salinger aos que nunca ninguén ve. E a influencia da súa obra é máis que notoria. Rosa: o primeiro que soltou iso foi Protágoras de Abdera aló polo século V antes da nosa era.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses
-
Pero seguro que o dixo mellor. E seguro que tamén está dito que todos os pensamentos xa están pensados é que o único que nos queda é pensalos de novo para non esquecelos. Aínda vai ter razón o meu fillo cando me di que estou anticuada, uuufff! o século V antes da nosa era! ...teño que porme ao día.
Comentario de Rosa Velenosa hace 1 año y 21 meses
-
É que as grandes cousas xa foron ditas antes. Como, moi probablemente, os grandes libros xa foron todos escritos antes.
Comentario de Francisco Castro hace 1 año y 21 meses