A LITERATURA SEGUNDO ILDEFONSO FALCONES

Leo unha interesante entrevista con Ildefonso Falcones onde di, entre outras cousas, que: Un lector lo que quiere es entretenerse leyendo. Quiere divertirse. Quiere pasar un buen rato. Quiere evadirse del tedio, de la rutina, de las costumbres de la vida diaria. Eso es lo que busca en la literatura. Poco más.
Como explicación do que procuramos cando lemos non está mal. Pero para min, ademais, teñen que existir outras cousas dentro do libro. Preciso que unha boa historia estea ben escrita ( un libro entretido pode estar mal escrito ), que me explique dalgunha maneira algo novo sobre o mundo ou o ser humano ( rematamos a lectura de libros entretidos que non nos aportan nada ) ou, por que non, gústame que un libro me faga pensar.
O entretemento, só a pura evasión, nunca pode ser un criterio de calidade. "Salsa Rosa" e "Gran Hermano" son entretidos para millóns de persoas. Pero, sen dúbidas, "Doutor en Alaska" ( unha serie á que eu era adicto ) é un producto televisivo moito mellor feito desde o punto de vista argumental, fílmico, narrativo...
Coa literatura, coido, ten que ser igual.
Referencias
Comentarios
-
É unha boa definición para a literatura de consumo doado, pero moita xente busca outras cousas nun libro. Por exemplo, non ser o mesmo antes de encetalo que despois de remata-la última páxina. Dándolle a volta, é difícil facer boa literatura se a escrita é farragosa e aburrida.
Comentario de Mr Tichborne hace 3 años y 41 meses
-
Desde logo.Era o que dicía Cortázar: que ao rematar o relato o letor non volva ser nunca máis o mesmo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
as máis das veces son os sucesos da vida os que cambian a unha persoa, se é que a cambian, non os libros.
dacordo en que para que un libro poida considerarse bo (ó meu xuicio) non abonda con que conte enfiadas moitas cousas distintas, por iso creo eu que a xente vai ó cine mirar películas coma Gans Of New York, xa que a poñen hoxe, no sitio desas de monstros baixo presuposto que saen directamente en vídeo. pero o chamado factor lúdico paréceme de moito peso nun libro. non porque o lector sexa idiota, se non porque adoita precisar dun respiro, non en van vive.Comentario de brautigan hace 3 años y 41 meses
-
Gústame a equidade con que o expresa.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
Doutor en Alaska xa!!!. Moito me gustaba...
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 41 meses
-
Estimados, Si quiero libros que me expliquen el mundo, voy directamente al ensayo que para eso está.
Dos buenos ejemplos de literatura, para mí son El Quijote y bastantes libros de Vazquez Montalban llenos de oficio e ironía.
Me estoy leyendo el ultimo de Grisham en la pda, ni loco me gastaria un duro en ese libro, pero es entretenido y oficio literario cero. Al mismo tiempo me estoy leyendo A romería de Xelmirez de Otero Pedrayo que a pesar del gran tono poetico echo de menos la ironia de otras de sus obras. Es decir, convivo con los dos libros, con lo entretenido y comercial y con lo bello.
SAludos
Saludos
Comentario de Jose Gamallo hace 3 años y 41 meses
-
Marinha, temos que facer un clube de fans do doutorciño de Alaska. José Gamallo: en ningún intre dixen eu que non houbese que convivir cos dous tipos de literatura. Reflexiono, só, sobre a idea que transmite Ildefonso Falcones. Por outra banda, lendo o conxunto da entrevista, conclúese que é un tipo coa cabeza ben amoblada.
Saúdos.Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
A mesma opinión que Cortázar tíñaa Luis Cernuda como explicaba no interesante prólogo que fixo para "Red Harvest" de Dashiell Hammett.
Por outra banda, eu nunca vin Doutor en Alaska, de seres fan dalgún telefilm sería de Lou Grant ( aínda que non sei que tal pasou o tempo por ela )Comentario de bouzafria hace 3 años y 41 meses
-
Non coñezo ese prólogo pero agora, non sei por que, aos meus aniños, déuseme por ler novela negra outra vez ( lin cousas aos dezasete-dezaoito ). Así que ves de darme unha fermosa suxestión.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
Pois eu lino nunha edición moi barata, polo que supoño que estará en todas. Esa novela é ao meu gosto extraordinaria. Suxírote outra do mesmo autor ( o meu preferido de novela negra ): "A chave de cristal".
Comentario de bouzafria hace 3 años y 41 meses
-
Como ben di Bouzafría, Cernuda nese prólogo coloca a Hammett por enriba de Faulkner ou Hemingway, os dous escritores máis loubados no momento en que Hammett escrebe.
De seguro que o pasar ben con Colleita Vermella.Comentario de ababoro hace 3 años y 41 meses
-
Totalmente de acordo con vostede, sobre todo na adoración por Doutor en Alaska, que serie!!! Por certo, saúdos xa dende terras catalás, despois dun mes xenial en Galicia.
Comentario de Gemma hace 3 años y 41 meses
-
Grazas a todos polas suxestións. E, ao respecto de Doutor en Alaska, hoxe mesmo atopei pola rúa a un bo amigo lector deste blog que amosou o mesmo entusiasmo que vós. A ver se a repoñen ( aínda que os de TVE de certo que non len este blog ).
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
Despois de ler un bo libro non deixo de ser eu mesma. Síntome máis rica en sensacións, agrándome ou achícome momentáneamente, para voltar a recuperar o equilibrio despois de que o leido pouse en min. Cousa que non sucede coa literatura de evasión. "Doutor en Alaska" Serie fenomenal que ven podían repoñer. Non perdía un capítulo. Saúdos baixo o sol de agosto dende o Orzán-Riazor. Mar do Orzán, de augas limpas rebeldes e xeadas.
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 41 meses
-
Perfectamente explicada a paixón lectora e por que hai que ler. Saúdos desde as Rías Baixas ( aínda onte estiven na Coruña, pero xa estou de volta ).
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
Eu tamén estou dacordo en que un bo libro é algo máis que un mero obxecto para pasar o rato, creo que o interesante é que o lector, activamente, poda aprender das propias experiencias do autor e, así, enriquecerse un pouco. ¡Un saúdo enorme, Fran! Levaba moito tempo sen visitar a túa páxina, quero darche a enhoraboa, é moi interesante.
Comentario de Inés Yarza hace 3 años y 41 meses
-
Moitas grazas, Inés, polas túas palabras. Deume moita ledicia verte por aqúí. As túas opinións, coma sempre, son moi ben recibidas. Un bico moi grande.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
Esta entrevista é boísima!!! Estou a lela, e atopo perlas como esta:
XL. Por cierto, ¿qué le pareció El código Da Vinci?
I.F. La leí hace mucho tiempo. Y, bueno, creo que tiene una trama interesante, aunque me decepcionó un poco el final. Se resuelve de una forma que deja bastante frío. De todas formas, 40 millones de personas no se equivocan.
Como que non???Van Gogh en vida foi desprezado polos seus cadros, non gustaban a ninguén, e mira agora! Isto lémbrame o chiste ese de: "40 millóns de moscas non poden estar equivocadas, señores, comamos merda!"
Vou seguir lendo
Comentario de Gemma hace 3 años y 40 meses
-
En efecto. Segundo ese criterio, como Gran Hermano vese máis que os programas culturais, daquela, son mellores. Pois non é así. Apertas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 40 meses
-
Eu nun libro busco ambas cousas: que me entreteña e que me aporte algo, ao igual que me ocorre co cinema, ... e incluso coas persoas.
Comentario de Xosé Antón hace 3 años y 39 meses
-
Faime pensar iso que dis. Desde logo, coas persoas, deberiamos de facer o mesmo. De feito, veño de ter unha agradable conversa cunha persoa que acabo de coñecer e que me aportou moito desde ese punto de vista. Convén non esquecer nunca isto.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 39 meses