TEORÍA DO ENTUSIASMO MILITANTE
Francisco Castro - 27-07-2006 10:41:49 | Categoria: Todos os meus artigos
Isto si é promocionar a Literatura Galega
O pasado martes fun á estación de tren. Saquei o billete e chamoume a atención un feixe enorme de follas, como pequenos cadernos, que había ao carón da taquilla. Movido pola curiosiade, collín un e leveino.
O que alí atopei foi un conto de Teresa Moure titulado Presentimento, editado polo Clube de Lectores Biblos, nun intento por popularizar a literatura galega como se teñen visto poucos por aquí. Estamos a falar de que agasallaron 355.000 exemplares de balde con ese obxectivo: popularizar a literatura galega.
Teño para min que a persoas como Tucho Calvo ( alma máter de Biblos xunto con Carmela González ) había que dedicarlles, pero en vida, claro, o Día das Letras Galegas. Porque fan máis eles dous, soíños e xogándose os seus propios euros, pola lingua e literatura de nós (desde Biblos, coa creación das páxinas literarias na Voz, co seu premio para escritores novos... ) que centos de consellerías e administracións con máis recursos - léase cartos - pero menos enerxías ou interese.
Porque, coma sempre, nestas cousas da cultura, o único que funciona é o Entusiasmo Militante.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Será pola enorme falta de Educación en Valores...??.
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 41 meses
-
Pois igual ten que ver con iso. Igual si.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
É unha iniciativa fantástica, un dos mellores xeitos de popularizar a literatura, agasallar con ela, o triste é que todo dependa dun entusiasmo militante e non dunha labor constante dos que teñen os cartos no peto. As posibilidades son infinitas, eu que fuxo do centro todo canto podo teño a miña pequena libreria de cabeceira no Calvario, alí merco e encargo e comparto o estusiasmo pola literatura cos libreiros, e fago o mesmo que se adoita facer cando se vai facer a compra cos nenos... vou a unha caixa de cartón na que me agardan unha morea de galdrumadas. Son pequenos libriños de unha colección que xa non se edita. Cincuenta céntimos por ler a Monterroso, Marco Aurelio, Dieste, Valle, Borges, e máis e máis... relatos fantásticos. Caramelos que tamén poderían saber a galego, ¿non?.
Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 41 meses
-
Fai tempo que non escribo na bitácora pero hoxe que teño tempo gustaríame recomendar un libro que estou a leer que e grandioso e estame a fascinar:
Siddhartha de Hermann Hesse.
e íncribel.
1bico para todos que os tiña moi olvidades e sobre todo para FranComentario de bea_cazapunk@hotmail.com hace 3 años y 41 meses
-
Grazas, Bea, pola recomendación. E bicos tamén para ti. Rosa: encantoume esa asociación entre lectura e galdrumadas.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
Estou da cordo con Rosa Velenosa no referinte a Siddhartha, é un libro marabilloso. Antonte, no super, atopeime cun deses contos editado por Biblos. Unha boa idea, noraboa a Tucho.
Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 41 meses
-
En efecto, tamén andaban polo Gadis. Eu tamén o atopei onte.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
Nunca me fixen socio de Biblos pola sinxela razón de que nunca me gustou mercar libros por catálogo. Gústame moito (posiblemente é unha das cousas que máis que gusta facer sen que haxa tangas polo medio) ir á libraría. O rito de mercar libros, remexer neles, ollar as novidades, falar co libreiro do mal que vai o mundo, etc, resúltame demasiado pracenteiro, cousa que non se pode nin comparar coa compra por catálogo. Malia isto, a verdade, aínda que sexa so por dar un apoio á xente que ten este tipo de iniciativas, prometo non facerme máis o remolón e correrei a facerme socio. A verdade é que o merecen.
Comentario de larvós hace 3 años y 41 meses
-
Desde logo que o merecen, non o dubides. E, postos xa, cómpre dicir que non hai case librerías onde poidas atopar tal oferta de libros en galego. E iso tamén é importante.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
Totalmente dacordo. O importante é arriscar.
Noutra orde de cousas, unha pregunta: cando Castromil aínda era Castromil, non facía este tipo de cousas o día das Letras Galegas? Eu lembro que agasallaban con pequenos libriños do autor homenaxeado en cuestión... ou trabúcome?Comentario de O Breogán hace 3 años y 41 meses
-
Non te trabucas. De feito, dábanos durante moito tempo, fose ou non un día especial. Foi unha colección fermosa da que eu teño pola casa tres ou catro exemplares. Mágoa non seguise a cousa.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses
-
É moito máis productivo ter gañas que ter pasta, e o importante pode ser, coma moito, acceder ós medios; pero incluso se non os hai, invéntanse.
Eu topei un conto de Fernández Naval no meu concello (Oza dos Ríos), creo que é un exemplar anterior, un conto sobre o amor de dous cegos. O de Teresa Moure déronmo nas casetas que había no Campus polo 25 e dende logo que eu tamén corro a facerme socio.
Saúdos.Comentario de Rubén hace 3 años y 41 meses
-
Lidos os dous últimos comentarios, semella que a iniciaiva foi exitosa. Un saúdo.
Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses