JOAQUÍN SABINA

Conto as horas que faltan para que cheguen as 11 da noite e saia ao escenario, no Peirao de Trasatlánticos de Vigo, Joaquín Sabina.
Dixen unha vez que os cómics ( perdón: banda deseñada ) foron unha das grandes influencias no meu xeito de escribir. Alguén me dixo que era un valente por recoñecer iso, que quedaría mellor citar un feixe de autores barbados e atormentados como influencia literaria ( ollo: que tamén os hai ), pero non os tebeos.
Agora, noutro exercicio de valentía, engado que, entre os meus poetas favoritos, está Joaquín Sabina. E dígoo e sei que hai millóns que o pensan coma min. Xa quixeran, moitos poetas que publican, ter a capacidade para a metáfora e a asociación que ten Sabina.
Eu mesmo, sen ir máis lonxe, envexo, e moi de corazón, todos os días, esa capacidade que Joaquín ten e eu non teño.
Referencias
Comentarios
-
Sabina é seguramente o mellor letrista de España.
Comentario de brautigan hace 2 años y 27 meses
-
Sabina é da raza dos Aute, Leonard Cohen, ou mesmo se se me permite, Jacques Brel: poetas cantantes, que non importa a calidade da súa voz senón a verdade do que recitan, a realidade dos seus sentimentos. Identifícome plenamente con algunhas cancións dos antes citados, e digo máis: Sabina ten sobre trinta cancións que me son absolutamente inesquecibles.
Comentario de bouzafria hace 2 años y 27 meses
-
Outro tanto pásame a min. Aínda que gosto máis do Sabina de hai, poñamos, 15 anos que do actual.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Excusas por ir, por unha vez, contra corrente. Non me gusta Sabina. E nunca me gustou. E non entendo como se pode comparar con autores como Brel ou L.Cohen. Pode ser un problema meu de percepción, pero...
Comentario de marcosdeauria hace 2 años y 27 meses
-
En fin, non pasa nada. A min encántame Cohen. Pero non aturo a Brel.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Dos mencionados o meu favorito é Aute e de último Sabina fai 15 anos si, pero agora desencantoume...
Unha aperta.
Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses
-
Pois onte estivo supremo. Moi agarimoso, deu un concerto, quizais previsible, pero cantounos xusto o que queriamos escoitar. Estaba cheo ata arriba e estou certo de que nin unha soa persoa dos que alí estabamos quedou descontenta. Aute, por certo, tamén me gusta moito. Un bico.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Os mellores letristas en castelán? Fernando Alfaro, Antonio Luque, Corcobado, Nacho Vegas...
Comentario de T-rex hace 2 años y 27 meses
-
Pero sen a proxección popular de Sabina...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Non podo revisar a miña vida sen pasar necesariamente por Sabina.
Decláronme fondamente sabinista.
Un saúdo.
Comentario de X hace 2 años y 26 meses
-
¿E nunca che pasou o contrario, é dicir, que escoitas a Sabina e é como volver revivir historias da propia vida? Eu teño, desde os tempos do instituto, asociadas cancións de Sabina a moitos intres da miña vida. Un bico.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Si, por suposto. Pasan esas cousas do cerebro, escoitas Juana la Loca e estás nun determinado verán, escoitas Contigo e ten cara dunha persoa, ves a portada de El hombre del traje gris e tes ganas de pasar as mans polos discos de vinilo, de volver ao olor daquela tenda na que os comprabas e que xa non existe. A miña banda sonora ata agora incluíu temas de Sabina, espero que siga a facelo. Un saúdo.
Comentario de X hace 2 años y 26 meses
-
O outro día, despois do concerto, pola mañá ( ou sexa, o sábado ), concedinme o pracer de poñer un vinilo e escoitar, moi de vagariño, "Pongamos que hablo de Madrid", un tema que serve para calquera cidade.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Sabina,sigue ahí por algo.
E un home grande e sabío.Pero sobre todas as ousas un home poeta,por que hai que ser poeta pra escribir as suas cancionsComentario de bea_cazapunk@hotmail.com hace 2 años y 26 meses
-
Daquela, Bea, estamos totalmente de acordo. ¿Estiveches no concerto de Vigo?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Non teño recordos acerca do Sabina de fai 15 anos (cuestións da idade
), pero ainda así as súas cancións (mellor as de entón que as actuais) seguen atopando un lugar entre as vivencias de agora, rescatando recordos. E si, para conseguir iso, hai que ser poeta. (Que gran concerto...!)
ps.(Non puiden subir o colexo o outro día, e marchei antes de tempo a Madrid así que, como dixen, deixo a direccion
Unha aperta!) Comentario de Andrea hace 2 años y 26 meses
-
Unha canción é inmorrente cando, como ben dis, pasa o tempo e segue dicíndonos cousas. Concordo contigo, Andrea, para iso, hai que ser poeta.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses