Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

FRONTE DA ESTUPIDEZ DO MUNDO, A POESÍA


O pasado sábado falaba eu cos meus amigos Carlos e Isaac mentres esperabamos no Museo Liste de Vigo pola actuación das poderosas Tanxedoras do Pandeiro ( un dos máis interesantes grupos de música tradicional que podedes oír hoxe en día ). Como sucede moitas veces, aproveitamos para arranxar o mundo, para revisar como anda. E rematamos falando de libros e poesía.
Chegamos á conclusión de que, tal e como están as cousas, o mellor é entregarse á lectura da poesía.
E así é.
Abro o xornal e vexo nen@s asasinados no Líbano ou no Iraq mentres todos ven para outra parte ou aproveitan para falar de Lady Di.
Prendo a televisión e volvo oír, nun informativo desde Madrid, que Galicia volve ser o lugar onde hai máis incendios forestais, mentres se discute a lexitimidade ou non do cabezazo de Zidane.
Outra tsunami anega e mata en Indonesia mentres na televisión ilustran cos laios dos turistas occidentais perxudicados.
Daquela, sento a ler poesía, disposto, eu tamén, a aillarme por uns intres, e, sen parar un segundo na lectura, celebro o gozo da palabra de José Hierro en Cuaderno de Nueva York. Leo e sinto unhas gañas poderosas de volver escribir poesía como non sentía, coido, desde os 15 anos.
E nesas estou.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Eu pensei o mesmo…
    Unha aperta

    Comentario de SZ hace 2 años y 27 meses

  2. Pois xa somos dous. Outra aperta.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  3. Pois onte pensaba que xustamente hoxe ía ler este artigo. Non podía ser de outra maneira, coñecendo a túa sensibilidade. Unha aperta.

    Comentario de Amara Orzania hace 2 años y 27 meses

  4. Que ben me coñeces.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  5. Cando vin hoxe no informativo de Telecinco o tratamento da noticia sentín verdadeira xenreira. Imaxes rápidas dos habitantes de Java na dor, persoas negras chorando os seus mortos, e van e as únicas declaracións que recollen son dun guiri belga branquiño leitoso grrrrrrrrrrr
    Miremos o lado positivo, esas renovadas ganas adolescentes que lle viñeron de escribir versos.
    En fin, e que facemos os que, coma min, non se nos dá por nos meter a poetas?
    Un saúdo.

    Comentario de X hace 2 años y 27 meses

  6. Cando vin hoxe no informativo de Telecinco o tratamento da noticia sentín verdadeira xenreira. Imaxes rápidas dos habitantes de Java na dor, persoas negras chorando os seus mortos, e van e as únicas declaracións que recollen son dun guiri belga branquiño leitoso grrrrrrrrrrr
    Miremos o lado positivo, esas renovadas ganas adolescentes que lle viñeron de escribir versos.
    En fin, e que facemos os que, coma min, non se nos dá por nos meter a poetas?
    Un saúdo.

    Comentario de X hace 2 años y 27 meses

  7. Pois, cando menos, ler o que escriban os poetas. E seguir indignándose polos tratamentos (des)informativos que ás veces se dá do que pasa polo mundo. Un saúdo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  8. Pola miña banda tamén recurro á poesía cando algo me produce abatemento. Á poesía e ao humor. Ler unha novela cómica, ou mirar unha dos irmáns Marx, tamén é un bo xeito de coller folgos. Non é que amañes nada, pero amáñaste a ti mesmo… e cando te amañas a ti mesmo adoitas conseguir tamén incrementar o nivel de felicidade dos que te rodean. Pequena victoria pero algo é algo.

    Comentario de larvós hace 2 años y 27 meses

  9. Desde logo. De feito, o humor é un síntoma de intelixencia.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  10. Afortunados os que podedes utilizar a palabra para non afogar de rabia diante dun mundo inxusto que ninguén semella querer arranxar. A nós, os que só sabemos premer os puños para romper o lapis, quédanos o acougo de ler o que pensamos nas palabras de outros e agardar.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 27 meses

  11. Ollo cos lápis. Mellor que rompelos, querida Rosa, é utilizalos para escribir. Vostede, diso, sabe moito.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  12. Estes días de xuntanza e vacacións na casa dos meus pais preguntoume a miña filla de catro anos por unha foto que aparecía na portada dun xornal. Estabamos conversando e tomando o café do xantar cando dixo: que lle pasa a esta nena?. Todos quedamos calados. Un home sostiña en brazos a súa filla morta a causa dun bombardeo no Líbano. Eu tamén necesito ler e escribir poesía para mastigar a rabia desta realidade incomprensíbel que se repite día tras día. Unha aperta.

    Comentario de Chus hace 2 años y 27 meses

  13. Absolutamente estarrecedor o que contas. Pero velaí a demostración da lucidez que teñen os cativos. E velaí - a guerra, a morte, a destrucción, todo iso que é tan pouco poético - a nosa condición miserable de adultos. Un bico grande.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  14. Unha boa elección!!!.

    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 2 años y 27 meses

  15. Moitas grazas.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses

  16. CREO EN LA POESÍA

    Porque no tengo fe creo en el frío,
    ese que consigue que mi aliento se vea,
    ese aliento que me sale de adentro.

    Porque no tengo fe creo en el calor,
    ese por el que sudo
    ese sudor que brota de mi interior.

    Porque no tengo fe creo en mi dolor,
    ese que muestra mis lágrimas,
    esas lágrimas que salen de mí.

    Porque no tengo fe creo en tus ojos,
    esos que ven mi pasión,
    esa pasión tan intrínseca.

    Yo no tengo fe.

    Pero porque no tengo fe creo en la poesía,
    esa que es en mi:

    Frío, calor, mirada,
    dolor, pasión, aliento, sudor y lágrima.

    Porque todo esto sale de mí,
    porque soy capaz de verlo,
    y es ella la que me lo muestra.

    Yo solo creo en lo que veo.
    Yo no tengo fe.
    Creo en la poesía.

    Rafael
    11 de Marzo de 2006

    Comentario de Rafael hace 2 años y 26 meses

  17. Fermoso, Rafael.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Nanotecnologia