Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

UNHA PREGUNTA INCÓMODA


No libro de Javier Cercas do que falaba onte, faise unha reflexión que eu quero trasladar aquí pero en xeito de pregunta incómoda.
O texto di así: Me pregunto si, acuciados por las urgencias de la industria editorial o simplemente por el afán de seguir en el candelero, no estaremos dando por buenos productos inmuduros o insuficientes, indignos del prestigio de la letra impresa.
Agora, traslado a reflexión ao noso sistema literario e pregunto o que Cercas, pero transformando un chisco a cuestión: ¿non será xa tempo de editar menos pero de meirande calidade?, ¿non será que o que existe é unha sobreabondancia absolutamente absurda de novidades imposible de asumir?, ¿non habería que ir ordenando dalgunha maneira o asunto para que tivese unha certa lóxica?, ¿coñecedes a alguén que dea lido e, sobre todo, lido ben, todo o que sae publicado ao ano?. De feito, é o que mantén, nunha lúcida entrevista, Sigrid Klaus, editora de Salamandra, na revista Leer deste verán: mellor editar catro títulos ao ano, pero catro títulos bos.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Para min que teño tanto pendente de ler é desesperante, non me dou posto ao día. Diante disto non me queda outra que a autodefensa, fai tempo que non porfío en rematar ningún libro que non me enganche máis ou menos pola metade, digo eu que se o escritor non tivo forza no comezo menos a terá no final, onde moitos libros semellan ser un ensayo de como escribir sen inspiración pero con oficio. Será que hoxe hai moita xente con oficio e pouca inspiración? Para os que nos gusta ler é unha tortura visitar unha librería e ver centos e milleiros de libros nos andeis e elexir. Doe afundir os euros mailo tempo en tentar descubrir porque tal u ou tal outro ´gañou tal premio ou leva tropecentas semanas na lista dos máis vendidos cando queda tanto indispensable por ler. Por certo, anoto, porque o entusiasmo é contaxioso, "Corredores de sombra".

    Comentario de Rosa Velenosa hace 3 años y 41 meses

  2. Imaxino Francisco, que a ninguén se lle escapa, o razoable das túas verbas, pro, nos tempos que corren , ¿a lei da oferta e a demanda, non é a que manda? Se a resposta e afirmativa, os lectores serán os que digan, que escritores vivirán de ese traballo e cales terán que ter outro a maiores pra vivir ¿non?
    Unha aperta.

    Comentario de E.F.B. hace 3 años y 41 meses

  3. Hoxe en día non é que haxa “overbooking” de títulos, é que o hai de todo. Hai exceso de sabores de iogures, de cremas de “contorno de ojos”, de mortadelas con condimentos, de mollos, de leites enriquecidas con cousas que xa debería ter o leite… en fin. Absolutamente de todo. O problema máis ben é que a literatura non está a conseguir vivir ao marxe das leis do consumo. Supoño que o que fai falta é, como coa televisión, sentido crítico. Non se trata de guindala pola fiestra, senón de decidir que ves e que non. E cos libros igual… hai moito lixo, pero tamén hai moreas de maravillas. So hai que deterse a recoñecelas e non mercar “ese que leu todo o mundo e que din que está tan ben” (palabras máis ou menos textuais escoitadas a unha clienta da Casa do Libro de Vigo).

    Por certo: tede coidado de non xuntar sobre a mesa os iogures con bífidos, as cremas de contorno de ollos, o leite enriquecido con calcio o teléfono mobil con videocámara, porque hai un estudo da Nasa que di que a confluencia deses factores podería crear un buraco no espacio tempo que podería absorber todo o planeta e mandalo á periferia de Alfa Centauro. E por alá fai moito frío. O domingo falará disto Iker Jiménez. Non vo-lo perdades.

    Comentario de larvós hace 3 años y 41 meses

  4. Rosa: eu tampouco sego lendo un libro se non me atrapa desde o comezo. Hai moito que ler e só unha vida para ler. E.F.B., si, por desgraza, tamén o mundo do libro está suxeito á Lei da Oferta e da Demanda. E coido que Larvós, coma sempre, pon o dedo onde hai que poñelo. E, por certo, habería que animarse a pegar ese salto no espazo-tempo que propós.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  5. Estou de acordo con todos vos. Entras nunha librería, e tes a sensación de enfrontarte aos andeis do super, onde a diversidade, non a calidade é abrumadora. Acertar cun bo libro entre a excesiva oferta, casi milagre. Reler obras mestras, a millor alternativa.
    "Corredores de sombra" grazas por recomendalo, Fran, estou disfrutando da súa lectrura. Felicidades ao autor.

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 41 meses

  6. Entras nunha libería e tes a sensación de emfrontarte aos andeis do super, onde a CANTIDADE, non a calidade é abrumadora...

    Comentario de Amara Orzania hace 3 años y 41 meses


  7. Non entendo o mundo editorial. Escoitas historias de escritores que fan marabillas e que teñen problemas para publicar e despois os andeis están a rebentar de libros malos, tanto que despois os venden a quilo. A miña filla é afeccionada aos libros fantásticos (Memorias de Idhun, etc.) e a maioría son triloxías ou máis. Iso é que non interesa a literatura, interesa o negocio e si gastas diñeiro en “marketing” tes que facer máis dun libro para recuperar eses cartos.

    Comentario de Máis Alá hace 3 años y 41 meses

  8. En efecto, Amara Orzania, o problema é de cantidade. Se aínda abondase a calidade... Parabéns, Máis Alá, para a túa filla por ser tan boa lectora. Sobre o que dis, pois é o que andamos a comentar por aquí estes días. A mercadotecnia é a dona absoluta do mundo... Así son las cosas y así se las hemos contado.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  9. Máis preguntas incómodas:
    Que a oferta anual sexa inasumible por un lector faina excesiva?
    O saudable é ter unha produción literaria anual asumible por un só lector?
    O overbooking, tan ben sinalado por Larvós, non pode chegar a interpretarse mesmo coma un síntoma de normalidade?
    Onde está o mercado, nos lectores de varios supervendas ao mes ou nos que só queren ler LITERATURA con maiúsculas?
    Ímoslles dar o que queren ler ou o que cremos que deben ler?
    Ten alguén a receita de como se garante o desenvolvemento adecuado do corpus literario?
    Un saúdo.

    Comentario de X hace 3 años y 41 meses

  10. Desde logo, non pretendo unha interpretación tan simple como: non me dá tempo a ler todo o que se edita. É obvio que non é iso. O problema coido que ten que ver coa cantidade enorme de libros absolutamente "circunstanciais" que moitas veces se editan. Eu, por suposto, non teño receitas.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  11. Entendo, só digo que a diversificación implica necesariamente cantidade e que tamén é parte do labor e da responssabilidade dos editores non publicar calquera cousa. Aínda que non é a súa responsabilidade que logo as cousas vaian por camiños que mesmo a eles non lles gustan.

    Comentario de X hace 3 años y 41 meses

  12. Así é. Nada que obxectar.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  13. Unha parte deste tema moi importante, é o negocio. Co que conxugar calidade e eficacia en ocasións resulta complexo.
    Un saúdo

    Comentario de SZ hace 3 años y 41 meses

  14. Ademais, para facer negocio, non hai por que vender calidade.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009