Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

O ÉXITO, OS BANCOS, E A LITERATURA GALEGA


Comecei hoxe a ler La Verdad de Agamenón, un libro que recolle textos soltos de Javier Cercas, a meirande parte deles sobre literatura.
Ao comezo do traballo titulado "Escribir con un viento salvaje", escribe:
Me piden que escriba sobre cómo se escribe después del éxito. De entrada la respuesta es sencilla: después del éxito se escribe exactamente igual que antes del éxito. Si acaso la única diferencia es que cuando vas al banco después del éxito ya nadie te trata a patadas.
Ou sexa: que escribes un libro que se venda ben e xa es un tipo respectable para os bancos. E sabido é que te respectan os bancos se tes cartiños.
Daquela, a literatura de éxito dá para vivir.
Coma sempre, matizamos ( e volvemos deixar clara a nosa inferioridade a pesares do traballo e do talento e das horas e das enerxías e das críticas e tal e tumba e veña e dalle ): iso será se escribes en castelán.
Porque en galego, como xa escribín hai tempo, nada de nada.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Élle o que hai, don Francisco. Nós temos unha publicación a medias, pero dependeríamos de axudas Xunteiras para levala á rúa... Ou, claro, tamén está a autoedición, e deixar nós a nosa pasta... esa que os bancos non dan.

    Un saúdo.

    Comentario de O Breogán hace 3 años y 41 meses

  2. Pois unha primeira lectura dunha realidade tan cruda coma esa sobre a nosa (in)cultura, faiche sentir certa xenreira. De feito, produce rabia, mal humor, coraxe…creo que se te deixas estar che pode producir até ácido úrico, colesterol, bilerrubina alta, callos nos pes… Logo acabas pensando, pois mira, peor para eles. “Perdoaos pai, porque non saben o que se perden”.

    Comentario de Larvós hace 3 años y 41 meses

  3. Cando andan os bancos polo medio, mal asunto...

    Unha aperta.
    :)

    Comentario de Marinha de Allegue hace 3 años y 41 meses

  4. Parabéns aos tres pola retranca.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  5. Veña, home, a todo hai quen gane, pense nesoutros que nin sequera poden dicir que foron betseller na literatura galega.
    :)

    Comentario de X hace 3 años y 41 meses

  6. Grazas X, as súas palabras reconfortan.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses

  7. igual, se ten tocado antes o tema, pode que xa teña eu deixado a miña opinión. pero
    escribindo en galego, xa só ter para merca-lo xornal cada día durante x meses tenche o seu mérito. agora, non sei se terán reparado en que os máis dos autores en lingua castelá teñen unha profesión con nómina, non convén dicir que "a maiores" da de escritor, máis ben á inversa, no sentido económico.
    posdata: brautigan non pertence á AGE

    Comentario de brautigan hace 3 años y 41 meses

  8. Desde logo, nunha pensara que vostede pertencera nin a AGE nin a nada. Unha aperta forte.

    Comentario de Francisco Castro hace 3 años y 41 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009